martes, 7 de junio de 2016

DEPUTACIÓNS

No pasado mes de febreiro, PSOE e Ciudadanos, asinaban un acordo para a gobernación de España no que se especificaba:  “supresión de las Diputaciones Provinciales de régimen común y creación de Consejos Provinciales de Alcaldes para la atención al funcionamiento y la prestación de servicios de los municipios de menos de 20.000 habitantes de la provincia respectiva”, unha variante do programa electoral socialista anterior.

O pasado mes de maio presentabase en Madrid un informe denominado "Coste y utilidad de las Diputaciones Provinciales", elaborado por expertos de la Fundación "Hay Derecho". Trátase dun minucioso informe sobre as contas das 38 Deputacións de rexime común. Como é sabido, nas doce provincias restantes ou ben non hai Deputacións, absorbidas pola Autonomía nas  Comunidades uniprovinciais, ou ben son institucións diferentes: Deputacións Forais nas  provincias vascas, Cabildos insulares en Canarias e Consells insulares en Baleares.

O informe ten duas partes principais. Dun lado a análise minuciosa das contas de cada institución buscando parámetros de comparación e doutro reflexións sobre o futuro das mesmas. As contas ofrecen como datos siñificativos, referidos a Galicia, os seguintes:

Gasto en Servizos Públicos Básicos: incendios-vivenda-augas- residuos-medio ambiente

Coruña 2%
Lugo 13%
Ourense: 26%
Pontevedra 7%


Comparación co conxunto das Deputacións (DP):
máis do 20%,     6 DP
10-20%,            12 DP
menos do 10%, 26 DP

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Gasto en Políticas de Promoción social: pensións- servizos sociais- emprego

Coruña 16%
Lugo     15%
Ourense 5%
Pontevedra 15%

Comparación co conxunto das Deputacións (DP):
 máis do 20%,   15 DP
 10-20%,             9 DP
menos do 10%, 14 DP

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Gasto en Sanidade-Ensino-Cultura-Deportes

Coruña 13%
Lugo     16%
Ourense 12%
Pontevedra 16%

Comparación co conxunto das Deputacións (DP):
 máis do 20%,     4 DP
 10-20%,           18 DP
menos do 10%, 16 DP

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Gasto en Agricultura-Pesca-Industria-Comercio-Turismo-Transporte-Infraestruturas


Coruña 30%
Lugo     23%
Ourense 32%
Pontevedra 21%

Comparación co conxunto das Deputacións (DP):
 máis do 20%,  16 DP
 10-20%,          20 DP
menos do 10%, 2 DP
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cos datos anteriores, os autores confeccionan un índice de eficiencia, considerando o menor gasto en actividades relativas ó propio funcionamento da institución, establecendo un ranking de menor a maior, onde as DP galegas ocupan as seguintes posicións:

Coruña, 1ª
Lugo, 16ª
Ourense, 22ª
Pontevedra, 3ª

Canto ós ingresos, a situación é moi diferente entre as Comunidades Autónomas, en especial polo mínimo peso das transferencias autonómicas en Galicia. Os datos son:

Peso ingresos do Estado                                  DP                    Peso dos ingresos da Xunta
76 %                                                                Coruña              0´4%
74 %                                                                Lugo                  0 %
73 %                                                                Ourense             0´4%
70 %                                                                Pontevedra         1 %

Finalmente sinalar que a rúbrica principal de gasto son as infraestruturas na Deputación coruñesa e os gastos de Administración nas outras tres.

O informe calcula o aforro posible no caso de supresión das Deputacións, estimado en 1.200 m€, ainda que utilizando unha estimación pouco creíble. En todo caso o debate sobre o seu futuro segue aberto, coas seguintes características:

a) Non existe unanimidade no espectro político. Os partidos que as gobernan son contrarios en maior ou menor medida á supresión, co argumento fundamental de que as suas funcións son necesarias con independencia da entidade que as preste. Lembremos que hai provincias con ata 500 concellos rurais. Galicia ten menos concellos da media española.
b) Suprimir as Deputacións implica a previa modificación do artigo 50 da Constitución. Ademáis non debe perderse de vista que os seus orzamentos, na parte procedente do Estado, teñen carácter finalista para as entidades locais, polo que non cabe incorporalos "manu militari", ó financiamento das Comunidades Autónomas.
c) Non existe consenso político, nin, especialmente, social, sobre a fusión de Concellos. Por eso máis aló das duas operacións propagandísticas de Feijóo, non se fusionan concellos en España. Mentras existan moitos Concellos de pouca poboación, serán necesarios organismos intermedios para a cooperación.
d) A curto prazo as estratexias deberán de orientarse a mellorar a eficiencia das institucións, tamén das locais. De ahí o interese do informe devandito.
e) Cuestión diferente é o carácter da provincia, hoxe limitado á circunscrición electoral, e a organización dos servizos administrativos. Pretender resucitala como actor político, como ten defendido algun Presidente provincial,  é vivir no século XIX.




1 comentario:

  1. Muy de acuerdo. Creo que existe un empecinamiento elevado en la supresión de las diputaciones. El estudio citado , creo, llega a la conclusión que quería llegar. No se quiere conocer el trabajo de las instituciones provinciales con los municipios. Una perdida de energía.

    ResponderEliminar