Unha constante da política conservadora é a reducción constante do gasto público en sanidade, educación e servizos sociais. Mesmo existe un compromiso explícito do Goberno Rajoy con Bruxelas, para continuar esa reducción ata 2018. No caso do ensino, logo de acadarse un nivel histórico do 5% sobre PIB co goberno Zapatero, tense rebaixado ó 4% e para 2018 será do 3´7%. A maior baixada entre os países da Unión Europea.
Os conservadores teñen fixación negativa co ensino. Sempre que gobernaron, recortaron en equidade, gratuidade e gasto publico. En Galicia reduciron 321 millóns de euros cada ano. Aprobaron a LOMCE, hoxe cuestionada por 12 Comunidades Autónomas, para implantar barreiras como as reválidas ou os itinerarios prematuros. E suprimiron a gratuidade dos libros de texto a 80.000 estudantes, o 60%, para implantar un sistema máis caro e burocrático. Porque o importante era sustituir a universalidade polo cheque, pola dependencia. Agora anuncian unha nova modalidade de cheque por valor de 40 euros. Cada familia mendigando a esmola, casualmente en período electoral. En lugar de incrementar a progresividade fiscal, ésta reducese en beneficio das rentas máis altas e perxudicando ás rentas medias e baixas.
Os servizos para pobres adoitan ser servizos pobres. Non serven para paliar a pobreza sinon para perpetuala. Porque clasificar é segregar. De ahí a defensa dos servizos universais e gratuitos no ensino e na sanidade.
Os estudos máis recentes comenzan a cuestionar a equidade do sistema educativo español e a poñer de manifesto a estratificación social presente nos centros de ensino en función da sua titularidade: pública, concertada ou privada. En detrimento dos centros de titularidade pública. De onde a necesidade de revisar o actual sistema de financiamento para introducir obxectivos mensurables que reduzan a desigualdade de resultados académicos, correlacionada coa estratificación social. Un motivo máis para cambiar de goberno.
viernes, 26 de junio de 2015
jueves, 25 de junio de 2015
ELECCIÓNS MUNICIPAIS. VOTO URBANO EN GALICIA
CONCELLOS DE MAIS DE 10.000 HABITANTES
VOTO URBAN
MUNICIPAIS GALICIA 2015
ALCALDÍAS POR
TRAMOS DE POBOACIÓN
|
TOTAL
|
PSdeG-PSOE
|
PP
|
BNG
|
OUTROS
|
MAÍS DE 50.000 HABITANTES
|
7
|
2
|
1
|
1
|
3 (MAREAS)
|
20.000- 50.000 HABITANTES
|
15
|
3
|
5
|
2
|
5 (1 TEGA-1 AV-1 AE- 1 UXC-1 CXG)
|
10.000-20.000 HABITANTES
|
35
|
16
|
9
|
6
|
4 ( 1 CXG- 1 LS- 1 SM- ORDES, PENDENTE)
|
TOTAL DE ALCALDÍAS EN CONCELLOS CON MÁIS DE
10.000 HABITANTES
|
57
|
21
|
15
|
9
|
Poboación | PP 2011 | PP 2015 | Diferenza | Diferenza % | PSdeG 2011 | PSdeG 2015 | Diferenza | Diferenza % | |
Ames | 29.975 | 5.932 | 2.518 | -3.414 | -57,55% | 3.698 | 2.510 | -1.188 | -32,13% |
Arteixo | 30.857 | 6.566 | 6.890 | 324 | 4,93% | 2.165 | 2.312 | 147 | 6,79% |
Cambre | 24.029 | 3.194 | 2.607 | -587 | -18,38% | 2.197 | 2.128 | -69 | -3,14% |
Carballo | 31.288 | 6.114 | 3.747 | -2.367 | -38,71% | 1.526 | 1.676 | 150 | 9,83% |
Coruña, A | 244.810 | 51.262 | 36.838 | -14.424 | -28,14% | 31.338 | 21.874 | -9.464 | -30,20% |
Culleredo | 29.434 | 3.042 | 2.233 | -809 | -26,59% | 4.684 | 4.797 | 113 | 2,41% |
Ferrol | 70.389 | 14.974 | 11.730 | -3.244 | -21,66% | 8.262 | 5.955 | -2.307 | -27,92% |
Narón | 39.574 | 5.496 | 3.639 | -1.857 | -33,79% | 1.527 | 1.489 | -38 | -2,49% |
Oleiros | 34.563 | 5.641 | 3.199 | -2.442 | -43,29% | 1.515 | 1.435 | -80 | -5,28% |
Ribeira | 27.565 | 7.913 | 5.206 | -2.707 | -34,21% | 2.193 | 2.175 | -18 | -0,82% |
Santiago de Compostela | 95.800 | 20.787 | 15.869 | -4.918 | -23,66% | 14.876 | 6.919 | -7.957 | -53,49% |
Lugo | 98.560 | 22.844 | 15.132 | -7.712 | -33,76% | 19.786 | 13.959 | -5.827 | -29,45% |
Ourense | 106.905 | 21.564 | 16.345 | -5.219 | -24,20% | 20.896 | 10.070 | -10.826 | -51,81% |
Cangas | 26.567 | 6.095 | 4.213 | -1.882 | -30,88% | 2.064 | 1.001 | -1.063 | -51,50% |
Estrada, A | 21.197 | 6.771 | 5.662 | -1.109 | -16,38% | 5.716 | 4.574 | -1.142 | -19,98% |
Lalín | 20.158 | 7.832 | 5.326 | -2.506 | -32,00% | 2.250 | 1.725 | -525 | -23,33% |
Marín | 25.329 | 6.158 | 5.597 | -561 | -9,11% | 2.617 | 1.928 | -689 | -26,33% |
Ponteareas | 23.115 | 4.844 | 3.434 | -1.410 | -29,11% | 1.811 | 1.965 | 154 | 8,50% |
Pontevedra | 82.946 | 17.244 | 10.725 | -6.519 | -37,80% | 5.803 | 4.277 | -1.526 | -26,30% |
Redondela | 29.909 | 6.635 | 6.047 | -588 | -8,86% | 4.962 | 4.244 | -718 | -14,47% |
Vigo | 294.997 | 61.616 | 28.874 | -32.742 | -53,14% | 50.045 | 73.074 | 23.029 | 46,02% |
Vilagarcía de Arousa | 37.712 | 8.054 | 5.338 | -2.716 | -33,72% | 4.633 | 6.221 | 1.588 | 34,28% |
SUMA | 1.425.679 | 300.578 | 201.169 | -99.409 | -33,07% | 194.564 | 176.308 | -18.256 | -9,38% |
TOTAL GALICIA | 2.748.695 | 709.816 | 526.325 | -183.491 | -25,85% | 411.458 | 388.126 | -23.332 | -5,67% |
PORCENTAXE + 20.000/GAL | 51,87% | ||||||||
Poboación | PP 2011 | PP 2015 | Diferenza | Diferenza % | PSdeG 2011 | PSdeG 2015 | Diferenza | Diferenza % | |
Coruña, A | 244.810 | 51.262 | 36.838 | -14.424 | -28,14% | 31.338 | 21.874 | -9.464 | -30,20% |
Ferrol | 70.389 | 14.974 | 11.730 | -3.244 | -21,66% | 8.262 | 5.955 | -2.307 | -27,92% |
Santiago de Compostela | 95.800 | 20.787 | 15.869 | -4.918 | -23,66% | 14.876 | 6.919 | -7.957 | -53,49% |
Lugo | 98.560 | 22.844 | 15.132 | -7.712 | -33,76% | 19.786 | 13.959 | -5.827 | -29,45% |
Ourense | 106.905 | 21.564 | 16.345 | -5.219 | -24,20% | 20.896 | 10.070 | -10.826 | -51,81% |
Pontevedra | 82.946 | 17.244 | 10.725 | -6.519 | -37,80% | 5.803 | 4.277 | -1.526 | -26,30% |
Vigo | 294.997 | 61.616 | 28.874 | -32.742 | -53,14% | 50.045 | 73.074 | 23.029 | 46,02% |
SUMA | 994.407 | 210.291 | 135.513 | -74.778 | -35,56% | 151.006 | 136.128 | -14.878 | -9,85% |
TOTAL GALICIA | 2.748.695 | ||||||||
PORCENTAXE + 50.000/GAL | 36,18% | ||||||||
martes, 23 de junio de 2015
HIMNOS E BANDEIRAS
Unha masa enardecida silbou a emisión
do Himno Nacional de España nun recente partido de fútbol. A
seriedade dalgunhas autoridades contrastaba coa indisimulada
satisfacción doutras, reproducindo así o que acontecía na grada. A
liberdade de expresión ampara tamén a crítica ós símbolos. Coa
presenza das bandeiras nos edificios públicos acontece algo
semellante.
Nun libro de grande interese, “Mater
dolorosa”, Álvarez Junco analiza a formación da España moderna a
partir da guerra da Independencia e o fracaso da creación do Estado
liberal. En "Ser españoles", obra colectiva esos asuntos son estudiados polo miudo. A realidade é que os símbolos nacionais, himno, escudo e bandeira, non gozan do respaldo masivo que teñen noutros países. A dictadura transformounos en símbolos de parte e non de todos. Catro décadas máis tarde ese carácter variou pouco. Así Pedro Sánchez tivo que ofrecer explicacións por terceiras persoas por ter utilizado como fondo dun discurso a imaxe da bandeira do Estado.
Certamente os símbolos non resisten unha análise racional. As letras de moitos deles, da Marsellesa ó propio himno galego, teñen expresións que hoxe chamariamos "políticamente incorrectas". Son artefactos históricos e así hai que consideralos. Coas suas contradiccións internas e os seus siñificados ambiguos, por exemplo o Santo Grial do escudo galego malia o carácter aconfesional do Estado actual. Unha excepción notable e rompedora, é a letra do himno da Comunidade de Madrid, escrito por Agustín García Calvo, que por razóns obvias apenas se coñece. A sua lectura excusa comentarios:
|
|
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)