viernes, 25 de julio de 2014

LEI DA AMNISTÍA


As Cortes Españolas no exilio xuntaronse por primeira vez no ano 1945 en México. Na reunión previa do Grupo Parlamentario socialista, o portavoz Indalecio Prieto, nomeou ós 33 deputados socialistas asasiñados polos rebeldes, ós que se sumaba a morte do Presidente das Cortes, Julián Besteiro, deixado morrer sen atención médica no cárcere de Carmona. Un terzo dos deputados do PSOE, o grupo maioritario na Cámara, foran víctimas. Prieto non deixou de sinalar que nengun dos restantes se tiña entregado, pactado ou claudicado co franquismo. Un exemplo extremo de pundonor e compromiso. Daquela, os Alcaldes socialistas fusilados ou desaparecidos se contaban por centenares, os afiliados ou simpatizantes, por milleiros, os exiliados por ducias de milleiros.

A represión non era sacrificio exclusivo do primeiro partido da esquerda política. Sen sair de Galicia, mortos como Heraclio Botana, deputado socialista, Beade ou Quintanilla, alcaldes socialistas, Suarez Ferrín, alcalde republicano, Pepe Miñones, deputado republican, Bóveda e Casal galeguistas, Villaverde, cenetista e tantos outros. Ou exiliados de todalas cores políticas e non quero deixar de citar a Casares Quiroga ou a Portela Valladares persoeiros que sufriron un doble exilio coa morte civil decretada polo franquismo e continuada prácticamente ata hoxe.

E compre lembrar o drámático exilio de 200.000 persoas, hacinadas en campos de concentración franceses, ou a persecución oprobiosa que sufriron Manuel Azaña, Presidente da República, o cautiverio de Francisco Largo Caballero, Presidente do Consello de Ministros, ademáis de máximo dirixente do PSOE, a morte alevosa de Julián Zuzagoitia, ministro socialista, ou de Lluis Companys, Presidente da Generalitat catalana, de tantos ilustres científicos, intelectuais, profesionais ou dirixentes sociais, do inxente número de cidadáns anónimos que pagaron un alto prezo pola dignidade que amosaron.

No ano 1977, con toda esa carga emocional, as primeiras Cortes democráticas, adoptan duas decisións, casi simultáneas. Transformarse en Cortes constituintes e aprobar unha ampla Amnistía. No final da dictadura a demanda da oposición era triple: liberdades, amnistía e autonomía territorial. As Cortes deciden abordar con rapidez a amnistía. O fixeron logo do indulto de 1975 que puxo en liberdade a 685 presos políticos, logo do Real Decreto de 1976 que liberou outros 287 e do Real Decreto Ley de 1977 que liberou outros 125, incluindo condenados por delitos de sangue. Pero as primeiras cortes democráticas xulgaron que era imprescindible superar as consecuencias da Guerra Civil, as feridas abertas por 40 anos de confrontación desigual, promulgando unha amnistía máis ampla que levou á excarcelación de outras 140 persoas e que afectou a todalas conductas que poideran achegarse a etiqueta de intencionalidade política e que tiveran lugar ata outubro dese ano de 1977.

Nos Diarios de Sesións se atopan argumentacións extraordinariamente importantes de persoas que, dende moi distintas posicións, xulgaban imprescindible superar unha historia de século e medio de contendas civis, precisamente coa amnistía e a futura Constitución, para abordar unha convivencia democrática sobre bases non excluintes.

Así, todolos partidos políticos, UCD, PSOE, minorías catalana e vasca, Partido Comunista, aprobaron esa lei, coa abstención da Alianza Popular. Foi o goberno quen introduciu no texto as conductas dos funcionarios da dictadura, e foron tódolos partidos os que aceptaron esa inclusión. O obxectivo era ambicioso, difícil e inédito. Na actualidade, temos perspectiva para valorar o alcance daquelas medidas, que alumbraron a sociedade actual.

Hoxe hai voces que demandan a revisión daquela Lei de amnistía, propoñendo a retroactividade penal, incompatible co artigo 9 da Constitución, a conductas de persoas mortas. Un procedimento de revisión da historia democrática.

A lei de amnistía non foi unha lei do esquecemento. De feito a investigación histórica tantos anos prohibida ten producido milleiros de títulos e non deixa de medrar, evidencia de que a Guerra Civil segue sendo o feito limiar da nosa época. O traballo dos investigadores e historiadores, imprescindible, non esgota o papel das institucións. Era necesario regulamentar os procedimentos de recuperación e valoración do pasado e así, no ano 2006, o goberno socialista promulga a lei da Memoria histórica que recoñece un dereito individual á memoria persoal e familiar, proclamando o carácter inxusto das condenas, sancións e expresións de violencia persoal por motivos ideolóxicos durante a guerra civil ou na dictadura, establecendo un procedemento para obter unha Declaración persoal rehabilitadora.

Unha lei que proclama a ilexitimidade dos tribunais, xurados e órganos administrativos da represión asi como a ilexitimidade das sancións e condeas, derrogando expresamente todalas normas ainda vixentes. E unha lei que amplia o mecanismo de recoñecemento de dereitos e indemnizacións, que preve a recuperación e identificación de restos en fosas comuns. Que regulamenta a retirada de simbolos e monumentos conmemorativos da violencia ou da represión. E finalmente, unha lei que recoñece a nacionalidade os descendentes dos que foron privados da mesma polo exilio


Lamentablemente o Goberno galego non quere aplicar esa norma. Igual que despreza o labor de inclusión daquelas Cortes constituintes que pactaron normas básicas de convivencia. O Sr. Feijoo prefiere acomodar as normas de convivencia ás necesidades do seu grupo, e modificar a lei electoral tantas veces como sexa necesario. Igual que opta por non desenvolver en absoluto a devandita lei da Memoria Historica, aliñeandose así, non coa facción ucedista e democrática da dereita española sinon coa ultramontana de Alianza Popular. Temos un Presidente de mínimos valores democráticos e de sobrado autoritarismo apenas disfrazado.