miércoles, 28 de mayo de 2014

SALARIOS MENGUANTES

Probablemente, si hai un denominador común nos resultados das eleccións europeas, é o malestar xeral contra as actuais políticas de austeridade, impulsadas pola maioría dos gobernos da Unión Europea, incluidos os goberno de España e de Galicia. Son politicas destructivas para moitisimas persoas.

Según o INE, hai 90.000 familias que non chegan a fin de mes. Que teñan moitas dificultades, 60000 familias máis. Total, 150000 familias en dificultades, é decir, unha de cada cinco familias non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos ou está vivindo ó límite da sua capacidade económica. Son persoas que teñen retrasos no pago dos gastos da vivenda, nos recibos, etc, porque son:
- fogares con todos os seus membros en paro, superan os 100.000 o peor dato que nunca se deu en Galicia, 20000 mais no que vai de lexislatura. Representan o 10 % do total das familias galegas.
- 34.300 fogares sen nengún ingreso,
- persoas atendidas por Cáritas, 110000 persoas no ultimo ano
- Risga, 10000 beneficiarios, con retrasos de moitos meses na recepción das axudas

Si consideramos as persoas desempregadas, que son actualmente 270. 000, o 47% delas, é decir 130.000 persoas non cobran ningunha prestación, 12.000 persoas reciben un subsidio, a Renda de Inserción. En euros, 64.000 persoas apenas perciben 426€ mensuais e 83.317 persoas perciben unha media de 797€ ao mes.

Canto ós pensionistas, prorrateando as pagas extras, 110.000 pensionistas non chegan a cobrar 342 €/mes e 236.000 pensionistas cobran menos de 684 €/mes. Só un de cada catro pensionistas superan os 1.000 €/mes.

E dos asalariados, nos dous últimos 68.000 persoas deixaron de ser asalariada. A remuneración dos asalariados baixou 5 puntos do PIB. En cifras, o 30 % das persoas asalariadas en Galicia cobra menos que o salario minimo e mais do 50 % non chegan á metade do salario minimo. 295.000 asalariados gañan o SMI, 645 € e deles 172.000 menos da metade do SMI, menos de 325 €mes. Sobre un millon de asalariados galegos, un de cada seis vive con 325 euros/mes.

A resposta do goberno de Feijoo diante desa situación sangrante, é o recorte orzamentario nos principais programas de gasto social. Un 20%, oito puntos menos. Triplican o gasto da débeda pero reducen o gasto social.

















martes, 27 de mayo de 2014

ELECCIÓNS EUROPEAS

Os resultados das eleccións europeas poden analisarse baixo diferentes perspectivas. Como mínimo son preocupantes. En Europa, polo avance dos partidos radicais ou xenófobos, que nutrense directamente da frustración masiva diante de políticas de exclusión e de empobrecemento. En Francia, en Alemaña, Dinamarca e outros, a desesperación ten xa representación política.

En España alomenos hai tres rasgos suliñables. O primeiro, a rotunda maioría dos partidos independentistas, no País Vasco e máis en Cataluña, coa maioría relativa de Bildu e de ERC nalgunhas circunscripcións provinciais, superando a PNV e CiU respectivamente. En segundo lugar, a crise dos partidos maioritarios, acentuada pola baixa participación, 20 puntos menos da habitual en eleccións locais e ainda menos con respecto das eleccións autonómicas e xerais. E finalmente a irrupción dos movimentos anti-sistema, indignados, 15-M, etc, baixo a sigla “Podemos”.

O primeiro rasgo é tamén o principal problema. A parálise do Goberno Rajoy diante do desafío soberanista lonxe de contribuir a encauzar os problemas, os está exacerbando. O sentimento progresivamente maioritario a favor da independencia, será difícil de revertir e tamén de embridar no marco constitucional actual. A negativa popular para abordar unha reforma constitucional, como propón o Partido Socialista, bloquea as solucións. As urnas acaban de emitir un veredicto contundente. Estase creando unha situación de facto que só evoluir a peor.

A crítica ós grandes partidos estatais é máxima, cunha perda enorme de votos e de peso relativo. Expresa o nivel de hastío diante dunha crise incesante, e de políticas que logo de cinco anos non teñen producido resultados. Tamén do labor da oposición maioritaria, na que moitos cidadáns semellan non atopar interese, ainda que serán necesarios datos demoscópicos para deslindar a crise de liderato das propostas programáticas ou das decisións adoptadas.

A irrupción de Podemos, inicialmente tan sorprendente, é a voz dese amplo movimento que hai dous anos ocupaba as ruas españolas, que se nutre da falta de oportunidades, laborais e vitais, para unha maioría das persoas novas e na que se suman outros movimentos máis radicais. Son unha incógnita pero probablemente evoluirán na mesma dirección que AGE, no seu momento novidosa, e hoxe institucionalizada como calquera outro partido. En todo caso son un formidable aldabonazo na política española. Compre ler os textos do seu voceiro para coñecer o seu pensamento político. Por exemplo, eiquí: http://blogs.publico.es/pablo-iglesias/ e tamén doutro dos seus ideólogos en: http://www.comiendotierra.es/author/jcmonedero/.

É indubidable que hai espazo para a política, que os cidadáns teñen voz e criterio. Tamén que o sistema político español ten que modernizarse, en transparencia, accesibilidade, apertura. A sociedade é maís plural que no pasado, con posicións máis heteroxéneas, como corresponde ó estado de desenvolvemento e a explosión das canles de comunicación alternativas. Un escenario difícil, pero apaixoante.

jueves, 8 de mayo de 2014

MODELO DE CRECEMENTO

O modelo de crecemento adoptado polo goberno Rajoy, secundado pola Xunta de Galicia e respaldado por Bruxelas, está ben definido. Devaluación das rentas salariais, precarización do traballo, temporalidade e rotación, estado de benestar mínimo e incremento da desigualdade.

Os datos deste mes tando da EPA como do paro rexistrado, ratifican esa interpretación. Máis do 90% dos novos contratos son temporais, en moitos casos por horas ou como autónomos, en ocupacións de baixa cualificación, como hostelería e servizos de ocio. En Galicia, paralelamente, as persoas que desaparecen do paro rexistrado, non están afiliadas á Seguridade Social, ben por estar na economía sumerxida, por ter desistido ou emigrado. Así temos un número menguante de cotizantes e un colectivo enorme de desempregados, sempre dispoñibles baixo retribucións progresivamente menores.

Non é casual que na pasada semana a presidenta do Círculo de Empresarios reclamara abaratar o salario mínimo interprofesional e o despedimento. Saben que é posible apretar ainda máis nas condicións laborais, nun modelo final semellante ó chinés. Que a cualificación dos desempregados sexa moi baixa, facilita o proceso. Lembremos que tres de cada catro desempregados non teñen o título de ESO, e que o abandono escolar en España duplica ó da UE.

Nese camiño, as clases medias baseadas na seguranza no traballo, nas rentas derivadas do coñecimento ou da especialización, son tamén crebadas en beneficio dunha maior desestructuración (oficialmente “liberalización”), incremento indefinido dos horarios e decremento paralelo dos rendimentos. A dereita europea, maioritaria na Unión, reclama máis restriccións e incrementos da fiscalidade indirecta. A desigualdade acelerase.

miércoles, 7 de mayo de 2014

EPA, PARO REXISTRADO E FRACASO ECONÓMICO


Alguén, malévolamente, calificou as relacións da Xunta co Goberno Rajoy , como de suave ronroneo, por oposición ó ruido incesante co anterior goberno. Quizais sexa unha metáfora pero os datos indican que Feijoo,  visitante habitual das tertulias e platós madrileños, non ten relación co Goberno Central que non sexa de obediencia, ou submisión.Así, na política económica, non se lle coñece posición algunha en defensa das familias e sectores mais vulnerables, calou diante da reforma laboral que impuxo rebaixas salariais , perda de dereitos laborais e redución das prestacións aos parados, está respaldando  a liquidación do estado de benestar, a supresión da autonomía dos Concellos e dos partidos xudiciais, etc.

 Si os datos do emprego non son satisfactorios, a culpa é da EPA. Pero si os parados medran e os ocupados baixan, algo terá que ver a falta dunha política recoñecible contra o desemprego. Co goberno Feijoo, multiplicamos por dous os parados e reducimos a metade os recursos. Así, os mozos estan votando cos pes, fuxindo pola falta de futuro, como recolle o último Padrón. Sorprendentemente, a resposta da Xunta é reducir á metade o gasto en formación dos parados, 365 m€ no 2008, 185 no ano pasado. A pesar de que tres de cada catro parados non teñen o título de ESO e que difícilmente conseguirán un posto de traballo en moitos anos. 

Os datos de paro rexistrado indican que os novos traballos son de autónomos ou a tempo parcial, en actividades estacionais de baixa cualificación. Non é cuestión de estatísticas. Porque si a EPA, homologada internacionalmente, é demoledora, a estatística de paro rexistrado non invita ó optimismo. Na lexislatura actual o desemprego rexistrado medra en 2300 persoas pero 35600 persoas desaparecen da Seguridade Social, renunciaron a inscribirse, emigraron, traballan en negro ou desistiron de inscribirse. Por cada novo parado rexistrado, quince persoas desaparecen como afiliados.A reforma laboral facilita a desigualdade salarial. Os novos traballadores estables, un 9% están menos protexidos, e os temporais, un 91%, moito menos.

 O  modelo económico do PP, xa é coñecido, benestar mínimo, máis poder para os empresarios e menos dereitos para os traballadores. O liberalismo clásico intercambiaba desigualdade por creación de emprego. Hoxe sube a desigualdade e non medra o emprego. Nin máis protección, nin máis investimento, nin máis recaudación para políticas de prestacións sociais. Levan unha política suicida para o país, destructiva para as persoas e inútil para o futuro. Ainda así, nesta semana, a presidenta do Círculo de Empresarios demandaba  rebaixar máis o salario mínimo e abaratar o despido.



domingo, 4 de mayo de 2014

CUALIFICACIÓN LABORAL




Cando esta semana se coñecían os peores datos da historia de Galicia en desemprego e ocupación, a resposta de Feijoo foi matar o mensaxeiro, descalificando a EPA e, na sua enésima obviedade, descubrir a economía sumerxida. Só a complacencia extendida nos ambientes opinantes, pode permitir que atacar unha estatística homologada internacionalmente, como fixo poucos días antes co Padrón, non teña custos nin provoque censuras. Unha EPA que foi revisada,hai poucas semanas, polo Goberno Rajoy, incorporando os novos datos censuais.

Feijoo non quere, ou non sabe como facelo, cambiar de política económica.
Pero, aillado de calquera contacto coa realidade, non parece interesado no diagnóstico dos expertos, que explican a elevada taxa de desemprego, con duas características: envellecemento, que influe na caída dos activos, e descualificación. Ésta é consecuncia dun abandono escolar temperá moi elevado, 23%, cunha media española do 25% e na UE do 13%. A taxa galega duplica a vasca e supera en dez puntos a de Navarra. Como consecuencia, o 75% das persoas desempregadas, non remataron a ESO, porcentaxe maior que en Europa.

Canto ás políticas activas contra o desemprego, que incluen a cualificación profesional, un dato resume a visión de Feijoo: no ano 2008, coa metade de paro, a Xunta executaba 365 m€, no ano 2013, foron a metade, 185m€. O paro se duplica e o gasto para combatilo reducese á metade.

Non se impulsa un modelo productivo distinto, non se aborda o problema estrutural do desemprego, non se aborda realmente a crise demográfica. Sen política económica viable, constante e definida, os resultados non poden mellorar. Non é culpa da EPA.

sábado, 3 de mayo de 2014

POLÍTICA ECONÓMICA



Feijoo apelou onte o investimento en I+D como garantía do futuro da conserva galega. Unha nova obviedade diante dun sector que sabe competir. Fixo tan ampulosa afirmación no mesmo día que coñeciamos os datos de préstamos e avais do IGAPE, que, efectivamente, recollen un elevado número de operacións en favor de empresas dese sector.

Analisar a política de axudas da Xunta ás empresas, eiquí, depara outras sorpresas. En primeiro lugar, de volume de recursos. Si no ano 2008, goberno Touriño, o IGAPE tiña recursos previstos por valor de 212 millóns de euros, que executaba nun 94%, 199 m€ efectivamente transferidos ás empresas, no ano 2013, goberno Feijoo, os recursos iniciais ascendían a 60 m€ e foron executados 24 m€, oito veces menos.

Feijoo, voluntarista, insiste en que actualmente tramitan máis axudas que nunca, esquecendo que con cifras moito máis reducidas e polo tanto con menor incidencia no devenir das empresas. Ademáis, calquera empresario que se relaciona co IGAPE, informa das dilacións continuas, da tramitación burocrática, e da ausencia de impulso que caracteriza a esa organización. Unha entidade xenerosa no gasto corrente e de funcionamento, dotada dunha elevada plantilla, 150 persoas incluindo XESGALICIA, e carente de calquera tipo de análise de eficiencia ou auditoría de resultados. Mesmo permanecen sen clarexar os sumarios que levaron á detención e enxuizamento do anterior Director Xeral e doutros colaboradores.

Si ampliamos o foco, á real execución dos orzamentos doutras áreas da Xunta, investidoras ou con accións de impulso da economía, o balance é desolador: en comparación co 2008, no ano 2013, os recursos en infraestruturas baixaron un 45%, un 73% en vivenda, un 40% en turismo, e un 26%, que Feijoo obvia, en I+D.

viernes, 2 de mayo de 2014

LEI DO SOLO



Na única entrevista celebrada entre o Presidente Feijoo e o Secretario Xeral dos socialistas, J.R. Gómez Besteiro, éste demandou que a elaboración da nova Lei do Solo, fora precedida dun debate amplo. Así foi creada unha Comisión de Estudo no Parlamento, con algunhas limitacións (limitada a tres meses, cun número acotado de comparecentes, co texto da lei xa coñecido...). Malia todo, a posición de numerosos comparecentes, foi nidia: o novo texto é demasiado semellante ó anterior, non aborda os principais problemas e non ten garantías de mellor resultado.Compriría un texto ex-novo, baseado en premisas diferentes.

A Comisión elaborou un Ditame que non recolle, na opinión socialista, esas propostas e polo tanto este Grupo presentou texto alternativo. Ambos serán debatidas e votados o vindeiro martes, día 6 de maio.

A posición crítica coa situación actual, ten numerosos argumentos. A lei vixente, do ano 2002, foi modificada nada menos que dez veces. Ademáis o seu abeiro foron posibles situacións tan denunciables como as de Barreiros, Miño, Sanxenxo. Foi paralisada a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, está imputada a Secretaria Xeral de Urbanismo, o Tribunal Superior ven de paralisar o planeamento da Estrada, aprobado polo Conselleiro con todolos informes en contra, etc.

De ser conveniente o acordo político nalguns problemas estratéxicos, a lexislación urbanística é dos máis evidentes. Máis non a calquera prezo pois as consecuencias vanse pagar durante moitos anos. Abonda lembrar que logo de 33 anos de autonomía, catro de cada cinco Concellos carecen de Plan de Urbanismo.

jueves, 1 de mayo de 2014

REALIDADE E PROPAGANDA


Si a realidade non se adapta ás previsións, é que está errada. Así o enuncia coa solemnidade vacua que o caracteriza, o Presidente Feijoo. Onte en relación coa EPA, os peores datos da historia de Galicia, onde aduce que está mal, que é incorrecta, que non mide.... o que Feijoo decide que debe medir. Hai días era o Padrón, aproveitando para explicar cunha levedade insultante para a intelixencia, como debe interpretarse.

Nesa labor, titánica, de cambiar o mundo real, digna dos herois mitolóxicos, non está só. A meirande parte dos medios de comunicación galegos, escritos, silenciaron o dato histórico da EPA, resaltando algun dato, como os cen mil fogares con todolos seus membros en paro, pero evitando suliñar que a cifra histórica de parados cuestiona o conxunto da política popular.

Asistimos ó manual de comunicación popular. O Goberno central, incurso na mesma situación, fala da creación futura de emprego para evitar dar conta dos resultados do último bienio. Promesas etéreas pero nunca recoñecementos de fracasos e sobre todo modificacións nas políticas. Mesmo no Plan de Estabilidade remitido a Bruxelas, sen debate político previo, se anuncian novos recortes no sector público e polo tanto nas prestacións sociais.

En Galicia, Feijoo proclama un novo plan de solo industrial, cando existen varios millóns de metros cadrados dispoñibles e a Xunta non quere facilitar o acceso das empresas en condicións acordes co mercado actual, para non destapar a quebra financiera das entidades xestoras do solo.