miércoles, 23 de abril de 2014

CINCO ANOS DE FEIJOO

A pasada semana un xornalista preguntoulle ó Presidente da Xunta por unha realización da que sentira orgullo. A maioría absoluta, foi a sua resposta. Nin un feito, obra ou dato relacionado coas persoas que fora consecuencia do acción do goberno. Só orgullo persoal e partidista e unha preocupante insensibilidade cando a meirande parte das persoas deste pais, vive peor, como consecuencia das  reformas conservadoras.

A Xunta está defendendo o modelo económico das grandes corporacións: devaluación de salarios e custos sociais como modelo productivo. Mentras o gasto público  en innovación e competitividade redúcese. Últimos datos oficiais: 90% dos novos contratos son precarios, para ocupacións de: camareiros, vendedores de tenda, persoal de limpeza, peóns, os oficios menos cualificados, onde a rotación é doada e os salarios máis baixos. 

En paralelo, aumentan os empregos a tempo parcial, 150.000, con salarios en moitos casos de 300 a 400 euros e polo tanto retorna o pluriemprego, medrando catro veces a media española. Por primeira vez na historia, un posto de traballo non garantiza fuxir da pobreza nin o esforzo na formación é garantía de salarios dignos. Hai 115.000 persoas subempregadas

Por eso 120.000 xóvenes, un de cada cinco, emigraron, porque nin existen oportunidades nin se preven. Despilfarramos o mellor capital humano, afondando a crise demográfica. E para os que quedan, paro e pobreza. Segun o IGE o risco de pobreza ameaza a un terzo da mocedade e a un cuarto da poboación total.

A parálise do Goberno afecta a tódalas áreas. Onde prometeron acuicultura, nin un metro cadrado construido. No plan eólico, nin houbo investimentos, nin emprego. O investimento publico está  reducido a mínimos. Fronte á parálise da construcción,  nin vivenda protexida nin política de rehabilitación. No sector lácteo só foron asinados seis contratos de longa duracion no ultimo ano. Estamos mal posicionados ante o fin das cuotas e a reestructuracion do sector. En solo industrial, hai casi mil parcelas improductivas, onde so medra a herba pero o Goberno dificulta o acceso das empresas. Os principais portos de Galicia, retroceden no ranking español.

A renda familiar retrocedeu unha década mentras se elevaban impostos, taxas e prezos, se conxelaban pensións e se encarecían todolos servizos básicos. As familias están asfixiadas, sen recursos e sobre todo sen esperanza. O pais esmorece: perdimos 50000 habitantes

Todolos indicadores económicos e sociais son peores que hai cinco anos. É o fracaso rotundo dunha política económica, ou da falta de política e do exceso de dogmatismo ideolóxico.