miércoles, 25 de febrero de 2015

REDUCEN A LIBERDADE DAS MULLERES NOVAS


O Goberno vai modificar a lei de interrupción voluntaria do embarazo, do ano 2010, para que todalas mulleres de 16 e 17 anos necesiten o consentimento expreso dos pais ou titores. Agora abonda co coñecimento agás en supostos tasados relativos ás condicións familiares. Así, segun un recente informe da Asociación de Clinicas especializadas, casi  o 90% das mulleres de 16 e 17 anos que interrumpen o embarazo, fanno con coñecemento ou acompañamento dos pais. Un exemplo relevante de integración familiar cando se respeta a liberdade da muller para decidir.

O dez por cento restante non pode acudir ós seus proxenitores por razóns ideolóxicas, morais, relixiosas, penais ou por desentendemento do problema. Ou pola sua propia seguridade diante dunha situación previsible de violencia. Problemas de desamparo familiar, familias desestructuradas, pais en prisión, riscos de malos tratos, enfermedades invalidentes nos pais, pais abertamente contrarios ou que renuncian a coñecer e acompañar as suas fillas. Son os datos do devandito informe

Hai alguns meses, interpelado polo Grupo socialista, Núñez Feijoo dixo que buscarían un consenso. sobre esa norma.Como sempre, faltou a verdade. Agora 120 mulleres novas cada ano, en Galicia,  dependerán do criterio patriarcal para interrumpir o embarazo. Inevitablemente moitas abortarán na clandestinidade, sen protección xurídica, nin asistencia cualificada, con risco da sua vida. Sempre hai quen explota as situacións de necesidade.

Son mulleres que poden contraer matrimonio e autorizar, sen tutelas, amputacións, tratamentos de quimioterapia ou ligadura de trompas, pero que non poden interrumpir o embarazo. Poden traballar dez horas diarias e teñen responsabilidade penal. Poden testar e conducir ciclomotores pero non decidir a sua maternidade.

Para satisfacer á fracción máis ultramontana da dereita española, vaise cambiar unha norma semellante á motias lexislacións europeas que ten conseguido reducir o número de abortos, ano tras ano. Será un triste espectáculo ver ás deputadas populares desprezar o discurso de igualdade para marxinar as mulleres máis febles.