miércoles, 26 de febrero de 2014

RETROCESO HISTÓRICO

Hai nada menos que 40 anos, Francia, aprobaba o dereito da muller a abortar cunha lei de prazos, impulsada por un goberno da dereita e por unha ministra excepcional, Simone Veil. A lei tivo o pleno apoio da esquerda. Esa lei dura ata hoxe. O pasado mes un goberno socialista propuxo eliminar a mención a estados de angustia ou desamparo considerada inasumible na sociedade actual, e un sector importante da dereita francesa votou coa esquerda. Un exemplo  dos dereitos das mulleres como política de Estado por riba das diferencias partidarias.

O primeiro goberno socialista de España, regulou o aborto no ano 1985, cunha lei de supostos. A dereita (Alianza Popular) votou en contra, acudindo ó Tribunal Constitucional para suspendela. Posteriormente unha reforma do Código Penal, tamen tivo a oposición popular. Malia todo, durante 25 anos, esa lei permitiu legalizar unha necesidade, ao prezo dunha inseguranza xurídica  utilizada para encausar a moitos médicos e mulleres. Era necesario aprobar unha lei de prazos, semellante ás de Europa. Fíxose no 2010, co Partido Popular novamente en contra, e outra vez foi recurrida.

Fronte á máxima liberdade en Francia e na meirande parte dos países europeos, agora se  propón unha drástica limitación, con condicións disuasorias e mesmo vexatorias, que levarán a moitas mulleres á clandestinidade , a condicións humillantes en mans de persoas sen escrúpulos. Outra vez  veremos mulleres desangradas por prácticas abominables.

É unha  proposta  cínica e farisaica. Para ás persoas acomodadas, Francia ou Portugal. Para as demáis, un castigo en forma de inferno burocrático. Volvemos o nacionalcatolicismo máis rancio e opresivo. España con Malta, Polonia e Irlanda, serán os únicos paises onde os gobernos dependen do púlpito.

Feijoo e os seus, minten. Non queren volver á lei de 1985, que nunca apoiaron e que está superada. Queren obstaculizar o dereito da muller á libre elección, con supostos, condicións, trámites. Queren obligalas a confesar motivos, como si estiveran delinquindo. E queren ter o poder de decir non ás necesidades das persoas. A eso se che llama dependencia. Minten tamén  cando falan das mulleres de 16 ou 17 anos que hoxe están obrigadas a informar os seus pais ou titores, agás cando se poida derivar maltrato, violencia ou desamparo. Queren mulleres dependentes da vontade de terceiros, sexan médicos ou psiquiatras, como si foran enfermas mentais ou persoas disminuidas. 

A maternidade é asunto exclusivo da muller, calquera inxerencia é inaceptable.











viernes, 21 de febrero de 2014

SOGAMA S.A., FRACASO IRREVERSIBLE

No ano 1997, o Goberno Popular instaura un modelo de tratamento do lixo centralizado en Cerceda, onde se procedería á incineración e valorización da totalidade dos residuos domésticos sólidos de Galicia, mediante un sistema de traslados por estrada e ferrocarril, dende un conxunto de plantas empacadoras. Posteriormente vanse creando estruturas específicas para determiñados productos industriais. O tratamento faise a medio dunha sociedade mixta a Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A, onde a empresa Gas Natural Fenosa ostenta o 49% das accións.

Durante o goberno Touriño, con Pachi Vázquez como Conselleiro de Medio Ambiente, se deseña un novo Plan de Residuos que tenta adaptarse ás directrices da Unión Europea. O Plan foi sometido a unha ampla consulta. No ano 2011, o Goberno Feijoo o sustitue polo actual. Posteriormente planifican unha segunda planta de incineración no Irixo, para cubrir as necesidades do sur de Galicia e con cargo ó concurso eólico. Éste, como é sabido, foi un obxectivo totalmente fracasado e a segunda planta está esquecida. A planta de Cerceda non ten capacidade para tratar as 800000 Tm que recibe anualmente.

A día de hoxe, o 30% dos residuos enviados a Cerceda, non se trata e vai a un vertedoiro, ampliado continuamente. Dous terzos dos residuos se incineran e arredor do cinco por cento son reciclados. Os Concellos pagan por Tonelada métrica enviada, a prezo de incineración. En Europa se recicla sete veces máis, en España cinco veces máis. Pero en Galicia se incinera máis que en ningures. En consecuencia, soportamos un custo medioambiental moi elevado, en forma de emisións atmosféricas e tamén polo custo de transporte.

Dende hai uns meses e como consecuencia da reordenación do sector eléctrico que impulsa o Goberno Rajoy, desapareceron as primas á producción eléctrica e a coxeneración, co que SOGAMA entrou en perdas. A Xunta reaccionou incrementando a factura nun 34% a partires do vindeiro 1 de marzo, e trasladando ós Concellos a responsabilidade de aplicar e máis explicar ós cidadáns esa exacción escandalosa.

Diante desa situación o PSdeG-PSOE propon un novo modelo baseado nas directrices europeas, reducindo o volume de residuos, reciclando e impulsando a reutilización. Reclama igualmente a participación dos Concellos e a derrogación do novo canon. Ademáis de presentar no Parlamento unha Proposición de Lei nese senso e das medidas de presión que impulsan os Concellos socialistas.

O novo modelo, inaprazable e imprescindible, esixe un labor de concienciación social e pode convertirse nun dos obxetivos estratéxicos das vindeiras eleccións municipais. Nos debates promovidos polo Grupo Parlamentario, as experiencias do Barbanza, Piñor e Nostián, únicas alternativas existentes a SOGAMA, foron amplamente comentadas. Demostrase que é posible outro modelo, con menores custos e sostible medioambientalmente.











miércoles, 12 de febrero de 2014

EL DILEMA DE ESPAÑA

Con ese título, un conocido economista se apunta a la moda editorial, libros y propuestas sobre la crisis. El dilema, en sus palabras, es elegir entre Dinamarca y Venezuela como modelos de futuro. Y el libro, ameno y didáctico, no deja lugar a dudas sobre el futuro próspero que nos aguarda en una Dinamarca del sur. Lástima que la simplificación extrema de los argumentos, siembre más dudas que certezas.

La obra tiene dos partes. En la primera se analizan los datos económicos, la burbuja inmobiliaria, la economía del conocimiento y en seguida se pasa a uno de los tópicos más utilizados en nuestros días, la selección de las élites, en la línea de las teorías de Acemoglu y Molinas.A partir de ahí el libro se desliza hacia el voluntarismo, la acumulación de lugares comunes en el periodismo actual, como la reducción del Estado, la educación, el sistema político o Europa. Un pensamiento neoliberal, teñido de grandes afirmaciones y de nulo análisis de tipo sociológico o territorial. Soluciones fáciles que si otros no las han aplicado será porque los problemas son más complejos de lo que cabe en una obra divulgativa y de circunstancias




SITUACIÓN CRÍTICA NA SANIDADE

O Sistema Público de Saúde foi creado no ano 1986, presidencia de Felipe González, co voto en contra de Alianza Popular, que non aceptaba o modelo de universalidade e gratuidade, defendendo, o carácter particularista, en síntese, que nin todos iguais, nin igual para todos. Un cuarto de século máis tarde, o Partido Popular, o seu sucesor natural, está modificando fondamente ese modelo, tan valorado polos cidadáns. Queren impoñer un modelo de mercado, onde saúde e protección social son mercadorías ó alcance de quen as paga, quedando para a maioria servizos devaluados, con menos recursos e con limitacións de todo tipo, xeográficas, económicas, de persoal.

O modelo socialdemócrata de servizos públicos universais, tivo consecuencias: máis igualdade, maior nivelación de rentas, mellora da esperanza e da calidade de vida. Si no inicio da democracia so tiñan asistencia sanitaria pública a cuarta parte dos cidadans, nos anos pasados chegou a ser universal.


Feijoo e Rajoy impulsan un cambio de modelo sanitario arbitrariamente, so con argumentos ideoloxicos: non hai estudos previos, nin libros blancos, nin consultas os expertos. Todas e cada unha das decisions, máis de 30 ata hoxe, están orientadas  a modificar sustantivamente o carácter do servizo público de sanidade que coñecemos, reducindo a universalidade, reducindo a cobertura, implantado dobles pagos, impostos e taxas, e privatizando progresivamente

 As decisións do PP de Rajoy, do PP de Feijoo, ademais de interesadas, son arbitrarias e discriminatorias. readscribindo a centos de miles de cidadans do sur de Galicia a outra área sanitaria. Descapitalizar clínicamente Vigo e Pontevedra é unha barbaridade social, clínica e política. Como non son votados nesas áreas, castigan ós cidadáns nos seus dereitos.


Implicitamente recoñecen o fracaso do novo hospital de Vigo inaugurado, mesmo bautizado, hai tres anos, pero que  ainda non funciona. Será máis pequeno do previsto e mais custoso, non cubrirá as necesidades de atención dos vigueses e carecerá de servizos de alta especialización. Un hospital comarcal ampliado, un Povisa bis. Igual vai a acontecer en Pontevedra.


Feijoo reitera a privatización, impulsada hai vinte anos por Fraga, Romay Beccaria e o propio Feijoo a medio das fundacións sanitarias. Fracasaron e tiveron que ser rescatadas polo goberno Touriño, incorporando ós seus 800 profesionais ó sistema público. Como fracasaron en Valencia, en  Madrid, no Reino Unido, e nestes dias en Castela-Mancha.

Feijoo rebaixou  o gasto social  casi oito puntos, que se traducen en centenares de profesionais menos, en condicions de traballo sanitario máis dificiles e que repercuten na atención os doentes.
Agora impoñen un modelo de xestión que desarticula os hospitais, crea taifas de intereses, modifica o rexime laboral dos traballadores e impon unha loxica de mercado na atención o cliente. O futuro xa se albisca, duas clases de usuarios.

En medio de ese caos provocado, Feijoo engade gasolina o lume, amparando conductas que soliviantan os funcionarios públicos de todolos niveis, defendendo o comportamento da conselleira de sanidade, incursa nun caso de nepotismo, que non é presunto, que está sentenciado pola xustiza. e que, segun fontes do sector, non é aillado.