miércoles, 26 de marzo de 2014

EMIGRACIÓN OU RESIGNACIÓN


Os voceiros do Goberno pregonan que xa estamos na senda do crecemento ainda que os expertos e o Instituto de Estudos Fiscais do  Ministerio de Facenda, retrasan a creación de emprego ó 2017. En Galicia non cabe ese leve optimismo cando temos 277.800 persoas paradas, cun crecemento porcentual maior ca media estatal, e unha taxa de actividade seis puntos menor. Co Sr. Núñez Feijoo como Presidente,   traballan 180000 persoas menos, a ocupación baixou un 16% e a afiliación á Seguridade social, un 13%, unha das peores cifras de España. Medrou o desemprego nun 70% e baixou o  orzamento para combatilo nun 65%. Unha sorprendente resposta da Xunta.

Si atendemos ó PIB, no ano 2012 habia un diferencial positivo de sete décimas co Estado, no 2013 reduciuse a unha décima, e incrementouse a destrucción de emprego e a caída do consumo. É certo que melloran as exportacións, onde Inditex e Citroën representan a metade, e ainda asi estamos 15 puntos por debaixo da media española, e con menos peso relativo en España que co anterior goberno.

A Xunta non está  axudando ás empresas. O Igape está paralisado, sen influencia na economía. No orzamento do 2013, ficaron  sen executar dous terzos das transferencias para investimentos. O sector enerxético está destrozado. O crédito non remonta, temos dez puntos menos ca media estatal, ademais de perder as entidades financieiras propias. Sen crédito e sen axudas públicas, a actividade económica está ralentizada.

A politica máis exitosa do Sr. Feijoo é o impulso da emigración, cada ano marchan 29000 persoas, moitas delas altamente cualificadas. A licitación pública, unha das pancas tradicionais contra a crise,  é a mais baixa do século. Co goberno Touriño era do 5% do PIB, hoxe é do 1%. Non hai licitación pero si pelotazos, na  autopista AG-53, por exemplo, nada menos que de 1552 m€,  no hospital de Vigo, nos concursos para privatizar a sanidade. Concursos tramposos para favorecer o capitalismo de amiguetes, pero incapacidade de xerar investimentos ou emprego. En Galicia so melloran os que xa eran moi ricos. Ningun colectivo  está mellor que antes, nin en salarios, nin en oportunidadades, nin en servizos públicos

O Sr. Feijoo poderá viaxar a México, que representa o un por cento das exportacions galegas, e decirnos que haberá unha morea de contratos, malia que nengunha empresa respalde esas verbas. Ou a Panamá, irrelevante na relacion comercial de Galicia. Xa estivo ali o ano anterior con nulos resultados. Como estivo o Conselleiro de Industria en China co mesa ausencia de contidos. Entre outras, a Xunta carece dunha estratexia de acción exterior creíble.

Estamos en declive, demográfico, industrial, con menos gasto en i+d, sen crédito, sen investimento público. As veces, como somos menos, producimos un efecto estatístico enganoso, por exemplo, medra a productividade porque se desploman os salarios e o número de traballadores, non por melloras tecnolóxicas ou innovadoras.

Pore toda resposta, o Partido Popular, a Xunta e o Sr. Feijoo ofrecen emigración ou resignación.