martes, 23 de junio de 2015

HIMNOS E BANDEIRAS

Unha masa enardecida silbou a emisión do Himno Nacional de España nun recente partido de fútbol. A seriedade dalgunhas autoridades contrastaba coa indisimulada satisfacción doutras, reproducindo así o que acontecía na grada. A liberdade de expresión ampara tamén a crítica ós símbolos. Coa presenza das bandeiras nos edificios públicos acontece algo semellante.

Nun libro de grande interese, “Mater dolorosa”, Álvarez Junco analiza a formación da España moderna a partir da guerra da Independencia e o fracaso da creación do Estado liberal. En "Ser españoles", obra colectiva esos asuntos son estudiados polo miudo. A realidade é que os símbolos nacionais, himno, escudo e bandeira, non gozan do respaldo masivo que teñen noutros países. A dictadura transformounos en símbolos de parte e non de todos. Catro décadas máis tarde ese carácter variou pouco. Así Pedro Sánchez tivo que ofrecer explicacións por terceiras persoas por ter utilizado como fondo dun discurso a imaxe da bandeira do Estado.

Certamente os símbolos non resisten unha análise racional. As letras de moitos deles, da Marsellesa ó propio himno galego, teñen expresións que hoxe chamariamos "políticamente incorrectas". Son artefactos históricos e así hai que consideralos. Coas suas contradiccións internas e os seus siñificados ambiguos, por exemplo o Santo Grial do escudo galego malia o carácter aconfesional do Estado actual. Unha excepción notable e rompedora, é a letra do himno da Comunidade de Madrid, escrito por Agustín García Calvo,  que por razóns obvias apenas se coñece. A sua lectura excusa comentarios:
Yo estaba en el medio:
giraban las otras en corro
y yo era el centro.
Ya el corro se rompe,
ya se hacen Estado los pueblos,
y aquí de vacío girando
sola me quedo.
Cada cual quiere ser cada una:
no voy a ser menos:
¡Madrid, uno, libre, redondo,
autónomo, entero!
Mire el sujeto
las vueltas que da el mundo
para estarse quieto.

Yo tengo mi cuerpo:
un triángulo roto en el mapa,
por ley o decreto
entre Ávila y Guadalajara,
Segovia y Toledo:
provincia de toda provincia,
flor del desierto.
Somosierra me guarda del Norte y
Guadarrama con Gredos;
Jarama y Henares al Tajo
se llevan el resto.
Y a costa de esto,
yo soy el ente autónomo último,
el puro y sincero.
¡Viva mi dueño,
que sólo por ser algo
soy madrileño!

Y en medio del medio,
capital de la esencia y potencia,
garajes, museos,
estadios, semáforos, bancos,
y vivan los muertos:
¡Madrid, metrópoli ideal
del Dios del Progreso!
Lo que pasa por ahí, todo pasa
en mí, y por eso
funcionarios en mí y proletarios
y números, almas y masas
caen por su peso;
y yo soy todos y nadie,
político ensueño.
Y ése es mi anhelo,
que por algo se dice:
"De Madrid al cielo".


No hay comentarios:

Publicar un comentario