miércoles, 30 de marzo de 2016

QUÉ FACER - IV (final)

ABANDOAR A CULTURA DA QUEIXA

Sen dúbida sobran motivos para reclamar: do Goberno central, da Xunta, de Bruxelas, da globalización, da banca, do clima, da herdanza... Poden verse como problemas ou, máis pragmáticamente, como datos do problema. Compre actuar, coller a iniciativa. Os exercicios de estilo, tan cultivados, son inútiles: falar de fusionar concellos, do individualismo arraigado, das esencias do país, da natalidade, non producirá resultados. Galicia necesita unha certa épica do futuro colectivo, amplamente asumida, cunha estratexia a medio prazo de crecemento económico e de redistribución da riqueza, de búsqueda de oportunidades, de mellora da formación, de garantías de non exclusión. Un proxecto colectivo incluinte para rachar coa dependencia progresiva. É algo máis cun programa de goberno. Non o farán os que durante sete anos aplicaron o diktat da maioría absoluta.

So asumindo humildemente os erros do pasado e as nosas limitacións, dialogando coas voces discrepantes, e coa participación de todos, podemos abordar seriamente un proxecto colectivo ambicioso, de longo prazo, difícil en todo caso. Non facelo é aceptar que Galicia será un país para vellos, tranquilo e afastado dos países dinámicos, das oportunidades, dos retos e do futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario