jueves, 16 de mayo de 2013

FAHRENHEIT 451

Lembremos a novela de Bradbury ou a película de Truffaut. O poder queima os libros porque fan infelices ás persoas:  len, logo pensan, logo sufren. Pero si se quentan a 451 graos Fahrenheit ou a 233 graos celsius, arden, desaparecen.

Onte Núñez Feijoo explicou que os documentos, contratos, expedentes, acreditativos das relacións da Xunta coas empresas do seu amigo narcotraficante, Marcial Dorado, xa non existen. Non o dixo no debate de hai un mes, cando prometeu entregar a documentación, nin o dixo cando entregaron unha táboa de referencias, sen firma nin acreditación. Agora sabemos que durante ese mes, desapareceu documentación. Como nun Estado autoritario, o poder decide o que poden coñecer os cidadáns. Con desprezo á norma legal, lei 8/1995 do Patrimonio de Galicia, que impide a destrucción documental e que non foi desarrollada. Con desprezo ó Regulamento do Parlamento que dispon o dereito a coñecer os expedentes administrativos, con desprezo á transparencia que debería facilitar a calquera cidadán coñecer o destiño dos seus impostos.

Así, facendo bó o vello dicterio, o poder corrompe. En primeiro lugar corrompe as formas, cando un sistema democrático é sobre todo un estado de opinión, un conxunto de prácticas e actitudes. O pensamento conservador, español e galego, queren impoñer, coa forza da maioría, o pensamento único, no ensino, nas condutas (inefable documental sobre o decoro na muller), nos medios. Non resulta extraño que agrome a protesta social en todalas suas formas. Compre resistir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario