lunes, 8 de abril de 2013

AMIZADES PERIGOSAS

A publicación de fotografías reveladoras dunha estreita relación persoal entre o narcotraficante Marcial Dorado e o Presidente Núñez Feijoo, ten provocado neste un efecto de confusión. Logo dun primeiro intento de minusvalorar esa relación, posteriores revelacións teñen amosado contradiccións de datas, lugares e contidos. Agora parece existir unha relación longa, dunha década, e intensa, con varias viaxes e festas e con abondosas testemuñas.

Feijoo intenta aparentar que descoñecía a actividade do seu amigo. As numerosas reportaxes publicadas durante anos en todolos medios galegos e estatais sobre o problema do narcotráfico a finais dos anos 80 en Galicia, non parecen ter alterado nese descoñecimento. Malia alguns intentos mediáticos de circunscribilas ó ambito do contrabando de tabaco, neses anos o problema da droga estaba omnipresente nos medios: movilizacións das nais dos afectados, primeiras redadas, investigacións continuadas, que culminarán na operación Nécora, en xuño do 1990, con enorme cobertura mediática.

Sin embargo alguns anos máis tarde, Feijoo, número dous de Sanidade, confraternizaba con Dorado habitualmente. Según o último informe da Xunta, naqueles anos a primeira causa de mortes entre os xóvenes galegos era o SIDA, e o número de mortos por sobredose superaba os  70 anuais. Pero o responsable do Plan contra as Drogodependencias, non era consciente do problema.

As dimisións recentes de altos cargos en Alemaña, Francia, Portugal, Reino Unido ou Estados Unidos, por problemas éticos, de faltar a verdade, de ocultar información, etc amosan un camiño de responsabilidade moral en sociedades avanzadas.

En España, onde o Presidente do Goberno e numerosos membros do seu Grupo aparecen como presuntos receptores de sobresoldos, que procedían de fontes non aclaradas,  agardamos en vano unha explicación racional e a correspondente asunción de responsabilidades políticas mediante ceses ou dimisións. Feijoo segue o guión de Rajoy: facer como sin non soubera, actuar como si non importara. Desprezar a opinión pública  e amosar a máis completa ausencia de valores morales.

1 comentario:

  1. O Marcial Dorado fuxiu a Portugal en decembro do 1983, xunto con case toda a trupé do tabaco (logo narcos).O Sr. Feióo sabía perfectamente quen era Marcialito, aparte de o que pagaba todo-los gastos das farras e vacacións. ¡ Sr. Presidente...! Eu teño fotos de Vd.con familiares-testaferros de narcos en cadea. Sí nun acto do P.P. ó que se iba con invitación. ¿Vde. non sabía quen era...? ¡ Os que llo levaron alí, sí...!

    ResponderEliminar