martes, 11 de diciembre de 2012

MATEMÁTICAS

Un novo estudo internacional, neste caso da IEA, unha organización internacional de avaliación dos resultados educativos e que pode consultarse en :  IEA , sitúa os resultados dos estudantes españois peor que nos datos do famoso informe PISA. Sobre todo en Matemáticas, onde a puntuación media está por debaixo do umbral fixado polos investigadores, e moi alonxada das correspondentes ós principais países desarrollados. Ainda máis preocupante: o número de estudantes españois con resultados nos percentís máis baixos é moito máis elevado que noutros países. Noutras verbas, que a media estatística, como tantas veces, non da conta real da gravedade do problema.

Sen matemáticas non hai desarrollo científico e tecnolóxico. Esa verdade, amplamente asumida, non forma parte das preocupacións do expresivo ministro do ramo, o señor Wert. E como non lle parece relevante, non figura no texto dun proxecto de lei que está concitando unha rara unanimidade en contra. O ministro ama a confrontación ideolóxica, no campo de batalla favorito da dereita española dende hai máis dun século: a educación. Non está interesado, alomenos nos feitos, nos resultados académicos, nin nos niveis de abandono e fracaso, tan superiores ós dos países da nosa contorna. Wert quere confrontación e non se resiste a ofrecer motivos: ataque ás linguas propias, desprezo do marco autonómico, subordinación ó Vaticano, insulto ó laicismo, menosprezo do profesorado, segregación temperá, etc

Quizais, mergullado en tertulias, atento a producir titulares, considere irrelevante o que se aprende, as consecuencias no desarrollo persoal, nas oportunidades futuras e no tecido productivo. En coherencia evidentemente co recorte espectacular no gasto en I+D, co abandono financieiro das universidades, hoxe denunciado unánimente por éstas, coa fuga masiva ó extranxeiro dos investigadores de referencia.

Nunca foi posible en España un pacto educativo que evitara os cambios continuos no marco legal e organizativo. Non será posible agora, nin parece posible nun futuro mentras a dereita española siga sendo tan ultramontana, tan devota dos intereses particulares e tan desinteresada da modernización da sociedade e da igualdade de oportunidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario