martes, 31 de mayo de 2016

DIMISIÓN

As recentes eleccións primarias indican, co voto directo dos afiliados/as, insuficiente respaldo no labor deste portavoz. Compre, xa que logo, facilitar que outra persoa asuma esa función. O candidato elexido para disputar as eleccións autonómicas, ven de pedir, tanto pública como privadamente, a miña continuidade, xesto que agradezo. Agora ben, a propia dinámica, parlamentaria e mediática, creará as condicións para confusións ou discrepancias, imposibles de evitar malia a nosa vontade. Creo que se debe evitar ese escenario. Doutra banda e tendo en conta que restan dous meses de lexislatura e que non existe problema algún de relevancia á vista, a sustitución non deberá crear problemas de xestión nin de representación.

En consecuencia veño de presentar a dimisión diante da Presidenta da Comisión Xestora,  sen perxuizo de continuar en funcións ata o nomeamento doutra persoa como Portavoz. Como Deputado seguirei prestando o apoio para o candidato electo que demandei públicamente na noite electoral.

Agradezo moi especialmente o labor dos membros do Grupo durante estos anos, así como a sua actitude construtiva.  A política, tan denostada, reclama de nós características varias, a capacidade de traballar en equipo non é a menor. Creo, e así o teño explicado en distintas ocasións e diante de diversos foros, que o actual Grupo, sen desdoro doutros, ten amosado, rigor, capacidade de traballo, espíritu de equipo e talante dialogante.

Agradezo, igualmente, a confianza da CENG primeiro e da Comisión Xestora logo, para facer esta función, na que tentei ofrecer o mellor da miña capacidade, mantendo a lealdade e cooperación cos órganos de dirección do Partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario