viernes, 30 de enero de 2015

FALSEDADE OU MENTIRA

Unha das características máis sobresaintes de Núñez Feijóo é a emisión continua de promesas, anuncios, compromisos que rematan sendo falsos (que tentan enganar) ou mentira (que non se corresponden coa verdade).
Así, logo dunha comparecencia extraordinaria para anunciar un denso plan de actuacións contra a corrupción, recibido con absoluto escepticismo polos grupos da oposición, comparece de novo tres días máis tarde diante da prensa e comenza a modificar as suas primeiras verbas.
Agora será o PP e non o Goberno quen promova algunas das normas, un xeito de evitar os informes xurídicos e competenciais inevitables na tramitación de leises. As actuacións demoranse ata marzo, máis perto das eleccións e  polo momento se abordará una reforma do servizo xurídico da Xunta, do que non se coñece nengunha relación directa nin indirecta cos escándalos de corrupción e financiamento ilícito. E para combatir o fraude na formación se anuncian, sen cuantificar, máis funcionarios. Ignorando que o problema non estivo no labor dos traballadores públicos, sinón na cúpula política, Director Xeral e Conselleira. Como se quere ignorar que o amigo/conseguidor do Presidente era opaco nos expedentes administrativos.
Como hai que encher o tempo, anunciase unha nova reordenación da Administración suprimindo órganos colexiados, grupos de traballo, comisións de estudo, etc, omitindo que non tiñan contido, que estaban esgotadas, que non tiñan orzamento nen recursos humanos. De feito non existe memoria oficial da sua actividade.
No ámbito da supresión de organismos, os informes oficiais desminten as valoracións triunfalistas do goberno galego. A supresión e racionalización de organismos, empresas públicas, fundacións e demáis entes, foi un acordo do Ministerio de Facenda coas Comunidades Autónomas. No último informe ministerial indicase que a reducción acometida en Galicia só representa o un por cento do total de España. Noutro informe do Consello de Contas cuantificase o aforro galego no un por cento do orzamento total dos organismos autónomos galegos. Como paralelamente crearonse catorce novos organismos, Galicia pasou de ocupar a sexta posición polo número de organismos, a ocupar a cuarta. Noutras verbas, outros fixeron máis no mesmo tempo.
O episodio, chusco, dos vehículos oficiais do Parlamento, evidencia de novo a política falsedades e mentiras. Adoptouse un acordo solemne no 2011 para restrinxir o número e uso de vehículos. Descubrese agora que so as duas representantes da oposición na Mesa do Parlamento, ambas socialistas, cumplen o acordo.
No ano 2011 pactamos co Goberno unha nova Lei para a CRTVG, modernizando as suas función e estrutura para achegarnos máis a un modelo de televisión de calidade, neutralidade e motor da industria audiovisual. Tres anos máis tarde a lei está sen cumplir, cun Consello de administración e un Director Xeral en flagrante irregularidade. Paralelamente desplomase a audiencia e a compañía deixa morrer a sectores como o audiovisual e a doblaxe. Na estela das televisións públicas de Valencia ou Madrid, a CRTVG vai cara a irrelevancia, preludio da privatización.
No seu momento Feijóo anunciou a fusión dos Concellos de Oza e Cesuras como un fito histórico en Galicia e máis en España, o inicio dun camino sen retorno. Agora o alcalde en funcións dese Concello manifestase por sentirse enganado co financiamento prometido, e o Presidente expresa comprensión pero non cumple as suas promesas.
Ese caso resultou un exemplo de malas prácticas. Alén das circunstancias da fusión, dabondo denunciadas no seu momento, a primeira actuación relevante do concello fusionado, foi a tala de árbores no Parque do Sanatorio de Cesuras. Estase investigando o sobrecusto da obra, con valores entre o 45% e o 280% dos prezos de mercado. Mentras, a democracia local tense deteriorado. Dende hai meses os representantes da oposición na Comisión Xestora que rexe o Concello, non reciben nin copia das actas das sesión. O ex Alcalde de Cesuras tivo que dimitir por estar imputado xudicialmente. O ex Alcalde de Oza e membro da Comisión Xestora, está condeado en firme a seis meses de inhabilitación. O Presidente da Comisión Xestora triplicouse o salario.
En maio do 2012, Feijoo anunciou, coa solemnidade habitual, a constitución dunha Comisión de Análise Local, formada por 15 expertos das Universidades e da Administración, que ademáis representaban o pluralismo político. Nas suas verbas, antes de rematar ese ano emitirían un informe con propostas e medidas para mellorar o funcionamento e sostibilidade dos Concellos, fórmulas de cooperación e propostas para mellorar a situación das facendas locais e a prestación de servizos.
Tres anos máis tarde, o informe está entregado pero secuestrado. O Parlamento, que aprobou no ano 2011 a proposta do Grupo Socialista a creación desa Comisión, descoñece o informe.
O mesmo Feijóo que prometía no programa electoral para as eleccións municipais unha Área metropolitana en Vigo pero sen Vigo, e a coordinación de servizos en áreas urbans e periurbans, descoñecida, novas fusións de concellos, etc.
Falsedade ou mentira, como constantes. Non é unha hipérbole afirmar que nin esta Xunta nin o seu Presidente, son  de fiar.

miércoles, 28 de enero de 2015

CORRUPCIÓN: NORMAS SEN ÉTICA

O Presidente da Xunta presentou un catálogo de medidas contra a corrupción no que hai iniciativas importantes, outras secundarias, algunhas viables e outras de competencia estatal. Casi todas son necesarias, coñecidas e xa discutidas anteriormente, polo que é ocioso reiteralas. Compre pasar dos discursos ós feitos. Lamentablemente os feitos cuestionan o discurso presidencial.


É necesario un documento, un proxecto de lei que poida ser discutido, emendado, acordado e votado. Sabendo que a maioría absoluta do goberno garante que as suas propostas sairán adiante, pero permitindo a inclusión doutras ideas ou matices para recoller o conxunto de sensibilidades da sociedade galega diante deste problema, representadas na Cámara. Ata agora eso non foi permitido. Así, a única norma relevante que está en vigor en Galicia nese ámbito, é a Lei de Transparencia de 2006 (goberno Touriño).

O goberno galego non actúa nin cando existe mandato parlamentario. No debate sobre o Estado da Autonomía do pasado outubro, presentou unha Resolución con algunhas das medidas que hoxe reitera. O Grupo socialista votou a favor, sen restriccións. Non se fixo nada ata o día de hoxe. No mesmo debate o Grupo socialista propuso outra Resolución con moitas das medidas que agora recupera o Goberno. Non nos molesta o plagio. O relevante e que votaron en contra.

Con esos antecedentes cabe manter unha posición escéptica sobre o alcance das medidas amplamente publicitadas. Nin existe unha mínima análise das causas que explican os principais escándalos recentes nin unha relación entre éstos e as medidas propostas. A sensu contrario cabe preguntarse cales das medidas propostas terían funcionado para evitar os casos máis coñecidos. Por eso compre pasar das verbas ós feitos.

A pasada semana as Cortes aprobaron tres leises neste ámbito: o Estatuto do Alto Cargo, unha reforma do Código Penal e unha modificación da Lei de Financiamento dos Partidos Políticos. Estamos dacordo con moitas das medidas aprobadas, pero reclamamos, infructuosamente, algunhas máis. Por exemplo, endurecer máis as chamadas "portas xiratorias",  o fácil trasvase de directivos do sector público ó sector privado con presunta colusión de intereses. Así varios ex-Conselleiros de Sanidade de distintas autonomías, están hoxe na dirección de empresas aseguradoras ou de grupos hospitalarios privados que concertan coa Administración. Ou casos como o da Conselleira galega que procede dun hospital privado co que agora concerta asistencia do sector público, por importe de 726 millóns de euros.

Non foi aceptada a pena de cadea para acusados de financiamento ilícito dos partidos políticos, nin a modificación da Lei de Contratos do Sector Público para impoñer a libre concurrencia evitando o abuso de procedimentos negociados como debe evitarse o fraccionamento de contratos. En Galicia, ano 2014, o 47% dos contratos da Xunta evitaron a libre concurrencia, acudindo ó procedimento negociado. Revisar a lista de adxudicatarios neses concursos provoca máis que sorpresa pola reiteración de empresas adxudicatarias.

Rexeitaron modificar a elección dos membros de órganos reguladores como o Tribunal de Cuentas. Como foi negada a reducción do privilexio procesal do aforamento, ou a prohibición de indultos a persoas condeadas por delitos de corrupción.

O Presidente Núñez Feijoo propon modificar a Lei electoral, esquecendo que o Goberno Rajoy retirou esa reforma, acertadamente e como reclamamos, para impedir unha alcaldada masiva. Tamén propon o Executivo galego modificar a Lei de Partidos Políticos, reservada pola Constitución a Lei Orgánica.

Propon a Xunta que o Consello de Contas se ocupe da prevención da corrupción pero acaban de votar contra a proposta deste Grupo de incrementar os seus recursos para poder ser eficaces. Doutra banda non é admisible que os representantes propostos polo Sr. Feijoo nese órgano sexan antiguos dirixentes da sua formación e non persoas de prestixio profesional ou académico e independentes, requisito imprescindible para ser creíbles.

Para este grupo necesitamos unha Ética Pública, compartida social e políticamente, e baseada na exemplaridade. A ética non é cuestión de máis normas. Decía Tácito que a república máis corrupta é a que ten máis leises.


En exemplaridade a Xunta e o seu Presidente, fallan. Nos dous últimos reclamamos en cuarenta ocasións a comparecencia do Presidente na Cámara para explicar asuntos de actualidade. Nunca foi posible. Como nunca foi posible nos catro anos anteriores. Reclamamos en 700 ocasións a entrega de documentación oficial. Negaronse en 400 casos. Reclamamos explicacións sobre o presunto financiamento ilícito do Partido que preside o Sr. Núñez Feijoo. Negouse. O fiscal solicita 800 anos de cadea para varios persoas relacionadas con ese grupo e 42 anos para quen era o seu número dous en Galicia. Silencio. E así con Gurtel, Zeta, o conseguidor, as amizades perigosas.

Si se quere trasladar ós cidadáns un firme compromiso para evitar as conductas corruptas, esa actitude actual, de resistencia e tolerancia deberá ser sustituida pola exemplaridade. Implica acabar con prácticas como a politización da Administración e dos organismos reguladores, o bloqueo do Parlamento, a cultura da opacidade, a propaganda mediática incesante, xenerosamente financiada con fondos públicos, 25 millóns de euros no 2014 a persecución xudicial dos rivais, a captación/compra de Alcaldes.

Escribe Rousseau que Licurgo, o lexislador de Esparta, estableceu costumbres que facían innecesario engadirlles leises, porque éstas frean ós homes pero non os cambian. É algo máis díficil que aprobar normas ou leises, porque implica cambiar conductas e actitudes para lograr unha res publica virtuosa.

Tódolos expertos aconsellan un Pacto social contra a corrupción, entendendo que para ser efectiva debe de ser asumida pola sociedade, axentes económicos e sociais, medios de comunicación ademáis das institucións e os poderes públicos. 

Teóricamente deberíamos de poder avanzar xuntos, goberno e oposición. Para eso compre orillar calquera intento de impoñer a propia visión e asumir, humildemente, que todos somos responsables, nun grao que se corresponde co respectivo nivel de poder executivo. Do discurso de Núñez Feijoo non se deduce ese camiño. Instámolo a cambiar de actitude, propoñendo un marco no que tódalas posicións políticas e sociais poidan contribuir á necesaria moralización da vida pública, tanto nas normas legais como nas prácticas políticas.

Estamos triplemente afectados pola corrupción. Como cidadáns, compartimos a indignación diante de conductas intolerables. Como organizacións, sufrimos as suas consecuencias en forma de descrédito. Pero como representantes electos debemos impedir que se repitan.

Ata hoxe a resposta en Galicia, como en España, foi feble. Así se incrementa a fonda desafección dos cidadáns, xa exhaustos pola crise económica e o fracaso da política de austeridade, dando azos ós grupos que defenden a ruptura co Estado de Dereito e de Benestar, para sustituilo por algo distinto, probablemente máis autoritario e con menos liberdades.

Están no seu dereito a ser alternativa ainda que mesturar a crise, a corrupción, e as institucións democráticas nunha descalificación global, pode gratificar a alguns a costa de enganar á maioría. Debemos, democráticamente, desmontar as falacias emocionais que encubren modelos de confrontación social e de retroceso colectivo. E consecuentemente debemos ser responsables no debate da corrupción de das propostas para evitala.

A semana pasada, o Presidente Obama pronunciaba o Discurso da Nación diante do Lexislativo. Consciente de convivir cunha maioría parlamentaria hostil, facía unha invitación para elevar o nivel do debate político, non para abandoar os respectivos programas de partido, sinon para abordar constructivamente os temas importantes, os valores e principios, os feitos, deixando de lado falsas controversias ou erros de xestión que non afectan ás persoas. 

En verbas de Obama, para que os debates estén á altura da Cámara e da xente, para mostrar as posibilidades do país e pedir as persoas, especialmente ás novas, que se unan ós dirixentes políticos na grande misión de construir... España, Galicia?

No noso país, ata hoxe non foi posible. Nin no emprego, nin nos servizos públicos nin na política territorial. A loita contra a corrupción podería ser un primeiro chanzo.

Abandoando a visión tradicional, que ven de San Agustín, que explica a febleza dos homes como algo persoal  e aplicando a reflexión de Maquiavelo sobre a corruptibilidade intrínseca do poder. Idea asumida nas democracias modernas dende a Constitución norteamericana, mediante a política de checks and balances, control e contrapesos do goberno para impedir desviacións de poder.

Contrapeso quere decir:
- Funcionarios totalmente profesionais, abandoando a política clientelar das Administracións galegas. 
- Organismos reguladores totalmente independentes, como o Consello de Contas ou a CRTVG.

Control quere decir:
- Parlamento eficaz, comparecencia obrigada do goberno
- Coñecemento público dos antecedentes das decisións gubernamentais e administrativas
- Mellora da Transparencia no funcionamento das institucións e na adxudicación de recursos públicos, obras e subvencións, concesións e contratos.

A loita contra a corrupción é unha actitude máis que unha batería de normas. Éstas non sobran pero son insuficientes.

A virtude pública que alcanzar a mesma forza que outros valores que hoxe aceptamos como indiscutibles, onde a transgresión, ademáis da sanción legal, supon o alcume social, a tacha indeleble.
Así ten acontecido na erradicación da violencia sobre os menores ou sobre as mulleres, conductas apenas sancionables ata hai poucos anos e que hoxe merecen repulsa social ademáis de represión punitiva.






jueves, 22 de enero de 2015

LECTURAS DE INVIERNO-3

Un libro de filosofía política de un conocido intelectual con amplia presencia pública. Propone desarrollar una ejemplaridad de las costumbres como basamento de la democracia actual, presidida por la vulgaridad derivada de la entronización de la libre expresión individual.

Obra escrita en cultivado estilo y de lectura amena aunque ceñida al análisis y a la fundamentaación de ese modelo ético. Se comentan ampliamente las ideas de Weber, Nietzsche, Kant, Tocqueville, Ortega, entre otros muchos pensadores para fundamentar una posición radicalmente democrática y moderna pero que busca un modelo de conducta capaz de superar la indiferenciación de valores en un mundo donde la muerte de Dios y la desacralización van parejas al máximo individualismo y relativismo. Finitud e igualdad, en sus palabras, como rasgos definitorios de la persona contemporánea

Javier Gomá censura el aristocratismo de una cultura o valores impuestos como modelo por una minoría, para alentar la consolidación de costumbres más que de leyes, que basadas en la ejemplaridad se tornen en modelos de comportamiento.


viernes, 16 de enero de 2015

LECTURAS DE INVIERNO-2

Un análisis de la violencia yihadista con especial atención a la creación del ISIS y del Estado islámico que impulsa en Irak y Siria, escrito por un periodista británico con décadas de residencia en la zona.
En la estela de otro célebre periodista, Robert Fisk, autor de una obra de referencia para entender Oriente Medio, Cockburn culpa a Occidente, gobiernos y medios de comunicación,  de una visión simplista y frecuentemente errónea del fenómeno del yihadismo.

En su análisis los Estados impulsores de esa violencia, tanto de grupos como Isis o Al-Qaeda como de otros menos conocidos, son Arabia Saudí y Pakistán, seguidos de las monarquías del Golfo y de Turquía aunque por distintos motivos en el caso de esta última, interesada en debilitar a Asad y a los kurdos. Así, grupos locales contrarios a los chíies, fueron financiados desde esos países . Los grupos violentos han borrado a los grupos opositores no identificados con ellos en Siria.

El simplismo occidental ha querido ver en las pasadas revueltas árabes una reedición de los movimientos habidos en Europa tras la caída del Muro de Berlín que condujeron a la democracia en muchos países. Bien por el contrario, explica el autor, la debilidad de los grupos opositores y la utilización masiva de las nuevas tecnologías, provocaron un espejismo. No pudieron consolidarse en Siria, ni Egipto, ni Bahrein. Los únicos casos en los que provocaron la caída de los dictadores, como Libia, Irak o Afganistán, fue con el concurso de ejércitos de países occidentales, con la excepción de Túnez. Libia se encuentra en la anarquía y la estabilidad de los otros dos países está artificialmente sostenida con la presencia de ejércitos occidentales. La debilidad de la oposición, la militarización de los conflictos y la extrema violencia, dejan en manos de países extranjeros cualquier solución.

ISIS se estaría apoyando en la población suní, para desestabilizar Irak superando la línea Sykes-Picot que delimitó las fronteras actuales al término de la Primera Guerra Mundial. En el momento actual Irak se encaminaría al fraccionamiento en tres Estados, con mayorías respectivas suní, chií y kurda con Siria en situación semejante al Líbano.

miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DE INVIERNO-1

 El autor, bien conocido por obras anteriores sobre la historia contemporánea española, elige ahora la cultura institucional en un período acotado y a un protagonista como hilo conductor, Jesús Aguirre, protagonista de muchos episodios de la época y devenido luego en caricatura de si mismo.

Las semblanzas de muchos personajes son quizás lo mejor de la obra, ricas en detalles, salpimentadas quizás en exceso con datos personales y en general demoledoras. Morán es conocido por su estilo ácido y aquí da muestras sobradas. Unos pocos son tratados con respeto, especialmente aquellos que mantuvieron posiciones comprometidas o coherentes como Max Aub, Manuel Sacristán, Martín Santos, Dionisio Ridruejo, pero la mayoría son censurados acremente, poniendo de manifiesto los cambios acomodaticios u oportunistas de sus biografías: Laín Entralgo, Jesús Polanco, Aranguren, Julían Marías, Cela, Carlos Barral, etc. También se narran episodios casi olvidados como el llamado contubernio de Munich, primera reunión de la oposición democrática en el exilio con gentes del interior ¡ 23 años despues del final de la guerra civil!, la conmemoración de los XXV años de franquismo, episodios múltiples de Fraga Iribarne, la sorprendente eclosión de revistas de pensamiento durante la Transición o la intrahistoria ideológica del diario "El País".

El libro, basado en documentación ingente, adolece de descalificaciones poco matizadas, en especial sobre las obras literarias, como si la personalidad del autor zaherido manchase su obra. Así ocurre, entre otros muchos, con Juan Benet, Umbral o García Hortelano, entre otros.

Como se sabe el libro viene precedido de un escándalo por la negativa de la editorial Planeta a publicarlo sin cambios, en especial los referidos a  personajes de la Real Academia de la Lengua y a quien fue su presidente, García de la Concha. En el contexto del libro, una minucia.

La miseria cultural del franquismo, el milagro de los conversos en la Transición y la continuidad sin problemas de gran parte de los mismos personajes conforman el tejido narrativo durante 800 páginas.

lunes, 12 de enero de 2015

O PROBLEMA ELECTORAL INMEDIATO

 Un recente artigo de Kiko Llaneras en POLITIKON,  aporta o seguinte gráfico:


Comprobamos unha maior superposición dos votantes socialistas cos de Podemos, sendo menor a superposición de éste cos votantes populares.  Mentras unha elevada porcentaxe de electores se autoubica no centro. De onde se deriva a necesidade de afianzar o propio espacio e tentar cubrir unha parte do espazo de centro, con rendementos decrecentes no espazo máis a esquerda, xa moi definido. Igualmente para o PP é evidente a necesidade de polarizar a campaña con Podemos obviando ó Partido Socialista. Nese escenario non abonda con ser equidistante sinon que compre ter un perfil moi definido para defender un espazo propio. O propio autor advirte no seu artigo que dos datos non se deducen inmediatamente resultados electorais, só percepcións e autoposicionamente dos electores.