Si a realidade non
se adapta ás previsións, é que está errada. Así o enuncia coa
solemnidade vacua que o caracteriza, o Presidente Feijoo. Onte en
relación coa EPA, os peores datos da historia de Galicia, onde aduce
que está mal, que é incorrecta, que non mide.... o que Feijoo
decide que debe medir. Hai días era o Padrón, aproveitando para
explicar cunha levedade insultante para a intelixencia, como debe
interpretarse.
Nesa labor,
titánica, de cambiar o mundo real, digna dos herois mitolóxicos,
non está só. A meirande parte dos medios de comunicación galegos,
escritos, silenciaron o dato histórico da EPA, resaltando algun
dato, como os cen mil fogares con todolos seus membros en paro, pero
evitando suliñar que a cifra histórica de parados cuestiona o
conxunto da política popular.
Asistimos ó manual
de comunicación popular. O Goberno central, incurso na mesma
situación, fala da creación futura de emprego para evitar dar conta
dos resultados do último bienio. Promesas etéreas pero nunca
recoñecementos de fracasos e sobre todo modificacións nas
políticas. Mesmo no Plan de Estabilidade remitido a Bruxelas, sen
debate político previo, se anuncian novos recortes no sector público
e polo tanto nas prestacións sociais.
En Galicia, Feijoo
proclama un novo plan de solo industrial, cando existen varios
millóns de metros cadrados dispoñibles e a Xunta non quere
facilitar o acceso das empresas en condicións acordes co mercado
actual, para non destapar a quebra financiera das entidades xestoras
do solo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario