Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de febrero de 2016

CULTURA, DEREITOS DE AUTOR E PENSIÓNS

(discurso no Parlamento)

O Partido Popular ten unha estrana relación coa cultura, presidida polo conflito e pola desconfianza. Nos últimos anos ten derivado en actuacións incomprensibles e de efectos nefastos. dende a imposición do tipo máximo do IVE ós produtos culturais, ata os conflitos cos sectores do cine e do teatro, alimentados deliberadamente por un ministro de infausta memoria.

Nos últimos meses, numerosas entidades e asociacións representativas dos escritores, artistas e creadores uniron as súas forzas nunha plataforma común, oportunamente chamada “Seguir Creando”. Participan organizacións de ámbito estatal como CEDRO, SGAE ou VEGAP, e tamén dos ámbitos galego, vasco e catalán.

Sumáronse para demandar a modificación do Real Decreto Ley 5/2013, “de medidas para promover a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo”. Un titulo ambicioso para unha norma que sin embargo encubre unha operación de expropiación dos dereitos da propiedade intelectual, obrigando ós autores que alcancen a idade correspondente a optar polo réxime de xubilación parcial, si os dereitos de autor superan en contía ó salario mínimo interprofesional, 9000 euros anuais. Sen motivación coñecida, cunha norma allea ó acervo europeo.

A interpretación que están a facer, tanto o Ministerio de Facenda como a Seguridade Social, indica un descoñecemento do réxime dos dereitos de autor, mesmo das condicións reais de traballo e ingresos dos autores. Tamén un claro menosprezo pola cultura.

Trátase dun cambio lexislativo innecesario, de mínimo efecto fiscal pero profundamente lesivo para as máis de cen mil persoas sometidas ó réxime de dereitos de autor derivado da propiedade intelectual sobre a sua propia creación. Son escritores pero tamén músicos, pintores, fotógrafos, músicos, académicos, tradutores, etc.

Aínda que non existen estatísticas fiables, distintas estimacións calculan que menos do dez por cento dos autores poden vivir exclusivamente do produto da sua creación. A inmensa maioría deben  compatibilizar durante toda a sua vida, o labor de creación con outras fontes de ingresos. Mesmo os que declaran vivir exclusivamente da sua creación, inclúen na mesma actividades como impartir cursos, ditar conferencias ou colaborar nos medios de comunicación.

Cando se aproban amnistías fiscais e se beneficia ás rendas máis altas na reforma do IRPF, os autores son castigados sempre que perciban máis de 9000 euros anuais por dereitos. Dito noutras verbas, percibir pensión é compatible con ingresos derivados das rendas do capital, con ter unha Sicav, coas rendas do patrimonio inmobiliario, con dividendos por valores, coa percepción de plans de pensións, pero non cos dereitos de autor. Será un estigma para o goberno a condición de creador? O modelo social é un especulador antes que un artista?

Foi Picasso quen dixo “si me chega a inspiración que me colla traballando”. O estro poético ou a inspiración artística non son constantes, nin toda obra de creación achega rendementos ó seu autor. Con frecuencia dependerá de factores alleos e imprevisibles, como a recepción pública, os intermediarios, a crítica, a oportunidade, as tendencias de moda. Así autores que no seu momento pasan desapercibidos son recuperados moitos anos máis tarde, mesmo despois da sua morte. Os exemplos son ben coñecidos, dende Cervantes a Kafka, pasando por Melville, Pessoa ou máis recentemente Stieg Larsson ou Roberto Bolaño. E poderiamos falar de escritores que recibiron o recoñecemento en idades tardías como Saramago ou, entre nos, Eduardo Blanco Amor.

En consecuencia, os ingresos son irregulares de ano en ano. As veces fanse adiantos editoriais a conta, polos que se tributa fiscalmente no exercicio correspondente e que logo se descontan anualmente dos dereitos de autor.

Logo que se pretende con esa norma? Forzar ós creadores na idade de xubilación a castrar o seu talento? Quérese privar á sociedade da sua obra? Deberán as Academias, por exemplo, prescindir dos seus membros de maior idade que por imperativo legal non poderán seguir creando? Con mordacidade un ex-ministro galego e autor coñecido, César Antonio Molina, reclamaba días pasados a supresión dos premios oficiais pois poderían ser incobrables polos beneficiarios.

Estamos diante dun disparate administrativo e dunha medida absurda que desprestixia gratuitamente a un goberno e a unha administración.

Doutra banda falamos dun problema que transcende ós propios creadores e afecta a toda a sociedade, mesmo as características esenciais que nos definen como comunidade, pobo ou nación. A cultura é parte esencial da imaxe pola que nos recoñecen os outros. Limitala artificialmente, ademais de tarefa vana, é contrario ós intereses xerais.

Hoxe vivimos unha efervescencia creadora con múltiples manifestacións que superan as tradicionais diferencias entre xéneros. Esa explosión creadora non funciona con horarios, nin con criterios burocráticos. Necesita respecto, apoio e non trabas, porque toda a sociedade beneficiase dese labor. O froito da creación literaria por exemplo pasa a ser de dominio público permanente e por tanto patrimonio colectivo, ós 80 anos da morte do creador, algo que non acontece por exemplo coa propiedade inmobiliaria. Velaí o tempo máximo durante o que o autor pode recibir unha compensación polo seu traballo. Preguntámonos, que razón de perxuízo colectivo pode invocarse para imposibilitar ese dereito a partires dunha idade?


Os autores veñen demandando a suspensión das inspeccións fiscais e a parálise dos procedementos sancionadores aplicados ó abeiro desa normativa, a modificación da mesma e unha nova normativa máis ambiciosa e adaptada ás necesidades específicas dos creadores. este grupo xa ten rexistrado no congreso dos deputados unha proposición nese sentido. Hoxe propoñemos eiquí sumar a nosa voz a unha xusta demanda dos nosos autores e trasladala ó novo goberno de España a quen corresponde modificar esa norma lesiva e protexer á creación.

Dúas consideracións finais. A cultura ten un peso relevante na nosa sociedade. Representa o 3´5% do PIB español e arredor do 2% do PIB galego, máis que moitos sectores produtivos. Da emprego en España a medio millón de persoas e a 30.000 en Galicia. Provoca 19 millóns de viaxes anuais que repercuten noutros sectores da economía.

O pasado sábado, na entrega dos premios Goya, o Presidente da Academia do Cine ofrecía un dato sorprendente: cada minuto son descargadas no noso país 1500 películas pirateadas, que non pagan os correspondentes dereitos de autor. Un problema legal, sen dúbida, pero tamén un problema social. Porque cada minuto 1500 persoas están roubando o prezo que retribúe á cadea de valor dos produtos culturais, industria, intermediarios, autores. Si desaparece esa cadea de valor, desaparece o produto cultural. Algo semellante, salvando as distancias, podería dicirse da industria editorial, da discográfica e doutras.


Vivimos nunha pos-modernidade na que os tradicionais “maîtres á penser”, os intelectuais que enmarcaban o debate de ideas e tendencias, teñen sido substituídos polo “pensamento blando”, que ten a sua máxima expresión nos medios audiovisuais e nas redes sociais. Sin embargo, máis persoas que nunca fan creación artística ou literaria, experimentan, confrontan e dialogan nese eterno palimpsesto de ideas o que chamamos cultura. Ese potencial creador é tamén liberador. Cumpre a mesma función que antes os pensadores de referencia. En Occidente, esa creación, na sua plural manifestación, enriquece a sociedade e permite un desenvolvemento de ideas e valores, que noutras latitudes e culturas envexan.

Facelo posible é obriga de todos. A creación non é froito da lei, nin da norma, menos da coerción. É a esencia da liberdade.


O Parlamento de Galicia, logo do debate anterior, aprobou por unanimidade a seguinte Proposición:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a demandar do Goberno de España:

1. A modificación da normativa necesaria para permitir a compatibilidade da percepción das pensións coas derivadas dos dereitos de autor.

2. A abordar coas organizacións representativas do sector e coas entidades de xestión dos dereitos de autor, un “Estatuto do Creador(a)” que contemple os diferentes tipos de situacións profesionais e os correspondentes mecanismos de protección social como salvagarda dos dereitos dos creadores(as).”



jueves, 13 de agosto de 2015

LA MAREA, CONTRA LA CULTURA

El nuevo gobierno municipal coruñés se ha encontrado con dificultades de financiación de las fiestas de verano. En realidad y desde hace muchos años, se han financiado con una operación de modificación presupuestaria. La novedad en 2015, es la fuente de recursos elegida. Si en el pasado se obtenían economías del capítulo de personal o del gasto corriente, este año el gobierno municipal propone detraerlos del Consorcio para la Promoción de la Música, medio millón de euros, y de partidas para la promoción de empleo y educación.

Toda decisión política implica una selección de valores y objetivos. El mensaje que parece enviar el gobierno municipal en minoría es doble. De un lado la música culta deja de ser prioritaria, de otro las prioridades del pasado se abandonan, aún cuando hayan sido símbolos de la ciudad. Las primeras consecuencias están a la vista. La Sociedad Filarmónica, con un siglo de vida, entra en crisis. El festival Jazzatlántica se suspende. La Orquesta Sinfónica se verá obligada a reducir su actividad. En paralelo se ha dejado pasar la oportunidad de tramitar subvenciones para ese fin de la Diputación Provincial.

El populismo de las medidas es evidente. A estas alturas del siglo XXI, la distinción entre cultura popular y cultura de élite es anacrónica. Ambas formas y todas sus modalidades conviven en todos los lugares y se nutren mutuamente entremezclándose en muchos géneros híbridos. Optar en Coruña por resucitar la división, además de populachero es inútil. Los tiempos y el mundo van en otra dirección. Pero a corto plazo pueden hacer mucho daño. Las organizaciones de alto nivel artístico, y la Orquesta Sinfónica de Galicia lo es en grado sumo, son frágiles. La falta de perspectiva, la inseguridad en el funcionamiento, pueden provocar a corto plazo una desbandada de sus líderes artísticos más inquietos y en consecuencia el deterioro grave de su calidad. Ese es el riesgo que el Alcalde y su equipo no parecen haber medido. O tal vez sí.

En 1979 una formación similar a la Marea, se hizo con la Alcaldía coruñesa. Resistió dos años hasta caer víctima de sus tensiones internas, de su fracaso de gestión y dejando el recuerdo de un tiempo perdido para la ciudad.

jueves, 22 de enero de 2015

LECTURAS DE INVIERNO-3

Un libro de filosofía política de un conocido intelectual con amplia presencia pública. Propone desarrollar una ejemplaridad de las costumbres como basamento de la democracia actual, presidida por la vulgaridad derivada de la entronización de la libre expresión individual.

Obra escrita en cultivado estilo y de lectura amena aunque ceñida al análisis y a la fundamentaación de ese modelo ético. Se comentan ampliamente las ideas de Weber, Nietzsche, Kant, Tocqueville, Ortega, entre otros muchos pensadores para fundamentar una posición radicalmente democrática y moderna pero que busca un modelo de conducta capaz de superar la indiferenciación de valores en un mundo donde la muerte de Dios y la desacralización van parejas al máximo individualismo y relativismo. Finitud e igualdad, en sus palabras, como rasgos definitorios de la persona contemporánea

Javier Gomá censura el aristocratismo de una cultura o valores impuestos como modelo por una minoría, para alentar la consolidación de costumbres más que de leyes, que basadas en la ejemplaridad se tornen en modelos de comportamiento.


miércoles, 14 de enero de 2015

LECTURAS DE INVIERNO-1

 El autor, bien conocido por obras anteriores sobre la historia contemporánea española, elige ahora la cultura institucional en un período acotado y a un protagonista como hilo conductor, Jesús Aguirre, protagonista de muchos episodios de la época y devenido luego en caricatura de si mismo.

Las semblanzas de muchos personajes son quizás lo mejor de la obra, ricas en detalles, salpimentadas quizás en exceso con datos personales y en general demoledoras. Morán es conocido por su estilo ácido y aquí da muestras sobradas. Unos pocos son tratados con respeto, especialmente aquellos que mantuvieron posiciones comprometidas o coherentes como Max Aub, Manuel Sacristán, Martín Santos, Dionisio Ridruejo, pero la mayoría son censurados acremente, poniendo de manifiesto los cambios acomodaticios u oportunistas de sus biografías: Laín Entralgo, Jesús Polanco, Aranguren, Julían Marías, Cela, Carlos Barral, etc. También se narran episodios casi olvidados como el llamado contubernio de Munich, primera reunión de la oposición democrática en el exilio con gentes del interior ¡ 23 años despues del final de la guerra civil!, la conmemoración de los XXV años de franquismo, episodios múltiples de Fraga Iribarne, la sorprendente eclosión de revistas de pensamiento durante la Transición o la intrahistoria ideológica del diario "El País".

El libro, basado en documentación ingente, adolece de descalificaciones poco matizadas, en especial sobre las obras literarias, como si la personalidad del autor zaherido manchase su obra. Así ocurre, entre otros muchos, con Juan Benet, Umbral o García Hortelano, entre otros.

Como se sabe el libro viene precedido de un escándalo por la negativa de la editorial Planeta a publicarlo sin cambios, en especial los referidos a  personajes de la Real Academia de la Lengua y a quien fue su presidente, García de la Concha. En el contexto del libro, una minucia.

La miseria cultural del franquismo, el milagro de los conversos en la Transición y la continuidad sin problemas de gran parte de los mismos personajes conforman el tejido narrativo durante 800 páginas.

lunes, 4 de agosto de 2014

FUNDACION GALICIA OBRA SOCIAL

Con ese nome foi constituida o pasado mes de xuño a Fundación herdeira da antiga Obra social das Caixas de Aforro galegas. Por separado, ambas entidades sen ánimo de lucro xestionaban 83 millóns de euros no ano 2010, hoxe, fusionadas, xestionan 31 millóns de euros.

Os activos da Fundación están valorados en 297 millóns de euros. Entre os activos principais compre suliñar:
a) ámbito cultural: 5.600 obras de arte e o Centro Cultural García Barbón
b) ámbito formativo: Escola de Negocios de Vigo, Centro de Formación de Coruña, dous centros de Formación Profesional con 700 alumnos, tres Escolas Infantís con 225 alumnos, unha residencia de estudantes con 125 prazas
c) ámbito sociosanitario: seis centros de maiores con 970 prazas
d) Monte de Piedade, con 4500 créditos concedidos

Para xestionar esos edificios, 35 deles operativos,  e os servizos prestados,  a entidade conta con 250 empregados.

A partires da fusión das antigas Caixas, a Fundación foi dirixida pola Conselleria de Facenda. Dacordo cos Estatutos aprobados, o futuro Padroado estará constituido como segue:
- 7 representantes das grandes cidades
- 4  das Deputacións
- 4 do Parlamento
- 3 da Xunta
- 1 dos traballadores

Ademáis o Padroado sainte asinou un convenio coa entidade ABANCA, polo que ésta disporá de 9 representantes a cambio dunha aportación mínima de 5 m€ anuais  durante 30 anos, cantidade que se corresponde co déficit anual estimado. Finalmente os Estatutos contemplan a posibilidade de incorporación doutras entidades que poidan desempeñar funcións de mecenado.

O proceso tense caracterizado pola opacidade cun resultado final sorprendente. A entidade ABANCA, cun 16% de financiamento, terá o 32% dos votos. O Partido Popular designará o 43% dos representantes. Mesmo o Presidente parece estar decidido antes de constituirse a Fundación, según  esta nova que ademáis informa dalgunhas prácticas pouco ortodoxas.

É previsible un cambio das prioridades de gasto da Fundación, toda vez que caída do orzamento fai inviable a actividade do pasado. Alguns dos Centros ou actividades, atravesan xa unha crise de identidade, como a Escola de Negocios, ou a política cultural.

Definir a actividade territorial, os ámbitos de actuación, e os principios que deben presidila, será unha tarea que implica ós poderes locais e que non pode ser deixada exclusivamente nas mans da entidade financieira, que non é propietaria da Fundación, nin dos intereses da Xunta de Galicia, que controlará a maioría. O proceso opaco seguido ata agora non axuda a confiar no futuro.


lunes, 23 de julio de 2012

CULTURA POPULAR

Un estudio muy interesante, en lenguaje periodístico, sobre la difuminación de las fronteras en la alta cultura y la cultura popular, bajo criterios de mercado. El libro analiza en detalle la implantación de la cultura del ocio a través del cine, la música e internet, explorando la forma en que la cultura norteamericana ha impuesto sus patrones de conducta, códigos y valores en casi todo el mundo.

El autor considera la cultura europea en declive, aunque todavía ocupe el segundo lugar mundial en intercambios y presta gran atención a los movimientos de China, India, Brasil y los países árabes. Mientras el mundo latino pasa a ser conformado desde Miami y África es todavía una incógnita.

La uniformidad de los productos, la convergencia de los formatos, la dilución de los aspectos más intelectuales en favor de los más asequibles, es documentada ampliamente. La taquilla, los índices de audiencia son los objetivos pero también los valores principales para los grandes inversores.

Sin embargo el libro reafirma una y otra vez, con datos, que esa aparente uniformidad sirve también para potenciar las culturas locales, la producción propia en un doble movimiento "glolocal". Se impulsa la producción y la creatividad dentro del modelo, pero las grandes líneas las determinan compañías multinacionales.


jueves, 28 de abril de 2011

COMO SALZBURGO


El pasado lunes la Orquesta de Niños de la OSG dio su primer concierto. En dos palabras, impactante y emocionante. Impactante porque casi un centenar de menores de toda Galicia interpretando piezas sinfónicas, concentrados y con pulcritud en la ejecución, es un espectáculo inolvidable. Si además, algunos de los pequeños no llegan al suelo mientras leen las partituras y otros manejan los instrumentos indicando larga familiaridad, la impresión es intensa..Con directores y compositor también jóvenes y gallegos.

Fue también emocionante ver en escena lo que hace dos décadas era impensable. Cuando el Ayuntamiento coruñés creó la OSG, el contexto musical era muy pobre, con las notables excepciones de Amigos de la Opera, Sociedad Filarmónica y Conservatorio. Gracias a la apuesta por la excelencia, la OSG ha revolucionado el mundo musical gallego. Con la orquesta profesional y la orquesta joven, los coros, la temporada de abono y el festival Mozart, los conciertos didácticos, etc, ha creado un público, ha promovido compositores y vocaciones musicales. En paralelo se han construido auditorios en casi todas las ciudades gallegas y ha nacido la Real Philarmonia,. Musicalmente, hoy Galicia está al nivel de los lugares más desarrollados y no sólo de España.

Ha sido mérito principal del Ayuntamiento de Coruña haber sostenido sin desmayo los mismos objetivos y afirmarlos en las distintas vicisitudes. También debe reconocerse el compromiso de la Diputación Provincial y de un grupo de empresas que han hecho del mecenazgo un rasgo identitario, mucho antes de la hoy llamada Responsabilidad Social Corporativa. Y, justo es reconocerlo, de la Xunta de Galicia que durante los últimos seis años ha asumido un importante compromiso financiero. Y, “last but not least”, del maestro Víctor Pablo Pérez, artífice de tantos éxitos. No se puede dejar de mencionar al extraordinario y entusiasta público coruñés, fiel desde el primer momento.

Queda algo por hacer. Proyectar ese formidable capital artístico en el mundo exterior, de forma que produzca un retorno económico y de imagen. Crear un Festival de Verano, como Salzburgo, Lucerna, Pesaro y tantos otros, atractivo para el turismo internacional. El punto de partida es insuperable, como en pocas ciudades. Sólo hacen falta organización y recursos. El éxito reciente del Festival Xacobeo Classics, dirigido magníficamente por otro coruñés, marca el camino. La cooperación de la Xunta facilitaría la proyección internacional. Superar localismos y personalismos no parece imposible.

En plena crisis tal vez no sea posible iniciarlo, pero si prepararlo. Porque la financiación va siempre detrás de las ideas, rara vez por delante, como evidencia el fracaso de la Ciudad de la Cultura


martes, 26 de octubre de 2010

CORUÑA:OCASO DE LOS DIOSES O ESPERANZA

Crisis económica, orquesta sinfónica y modelo de ciudad en:


lunes, 5 de abril de 2010

XACOBEO

Asumo la discrepancia, pero lo afirmo: el Xacobeo ha sido una buena idea para Galicia, incluso, en algún momento, ha ofrecido buenos resultados. Hoy, sin embargo, parece estar en crisis de identidad. Todas las ediciones se han correspondido con gobiernos del Partido Popular, pero en 2010 parecen no tener clara su utilidad.

El Camino de Santiago mide la historia de las peregrinaciones por siglos, desde que a principios del siglo IX se inicia el fenómeno. Con el tiempo se ha constituido en uno de los grandes itinerarios de la cultura europea, en especial del románico. En torno al apóstol Santiago, mito, hagiografía y política, han proporcionado primero argamasa al proyecto de unificación de los reinos cristianos frente al Califato. Más tarde, identidad espiritual en la fe romana. Hoy, itinerario turístico de largo recorrido.

Aquí es donde la Xunta actual demuestra falta de empuje. No ha sabido integrar y jerarquizar los distintos planos de interés de la ruta, para ofrecer un producto final sobresaliente. El Camino ha quedado reducido a un itinerario de senderismo, facilitado por la red de albergues y a una oferta de espectáculos heterogénea.

No se ha aprovechado la plataforma aeronáutica de Galicia, con dos aeropuertos internacionales, Santiago y Oporto, éste con importantes conexiones transoceánicas y dos aeropuertos domésticos. Los paquetes desestacionalizados son escasos, la oferta de eventos también. El tradicional individualismo no ayuda: las ciudades están poco implicadas en las promociones de la Xunta a pesar de tener recursos propios y productos definidos.

No se ha creado un festival de trascendencia internacional que, como en Edimburgo, Aviñón o Salzburgo, sea en sí mismo un atractivo relevante. El trabajo con los mercados emisores de turismo religioso está poco desarrollado.

Tal vez, es una opinión, al Xacobeo le sobra peso institucional y le falta implicación de los operadores turísticos, hoteleros, hosteleros, comercio, transportistas, etc. que ayuden a plantear una estrategia más incisiva, más orientada a resultados, que la actual, excesivamente deudora de la publicidad institucional.

La ventaja de un destino que no es anual, que requiere menos inversiones y permite una planificación más sosegada, hasta ahora no ha sido explotada.