Feijoo
apelou onte o investimento en I+D como garantía do futuro da
conserva galega. Unha nova obviedade diante dun sector que sabe
competir. Fixo tan ampulosa afirmación no mesmo día que coñeciamos
os datos de préstamos e avais do IGAPE, que, efectivamente, recollen
un elevado número de operacións en favor de empresas dese sector.
Analisar
a política de axudas da Xunta ás empresas, eiquí,
depara outras sorpresas. En primeiro lugar, de volume de recursos. Si
no ano 2008, goberno Touriño, o IGAPE tiña recursos previstos por
valor de 212 millóns de euros, que executaba nun 94%, 199 m€
efectivamente transferidos ás empresas, no ano 2013, goberno Feijoo,
os recursos iniciais ascendían a 60 m€ e foron executados 24 m€,
oito veces menos.
Feijoo,
voluntarista, insiste en que actualmente tramitan máis axudas que
nunca, esquecendo que con cifras moito máis reducidas e polo tanto
con menor incidencia no devenir das empresas. Ademáis, calquera
empresario que se relaciona co IGAPE, informa das dilacións
continuas, da tramitación burocrática, e da ausencia de impulso que
caracteriza a esa organización. Unha entidade xenerosa no gasto
corrente e de funcionamento, dotada dunha elevada plantilla, 150
persoas incluindo XESGALICIA, e carente de calquera tipo de análise
de eficiencia ou auditoría de resultados. Mesmo permanecen sen
clarexar os sumarios que levaron á detención e enxuizamento do
anterior Director Xeral e doutros colaboradores.
Si ampliamos o foco,
á real execución dos orzamentos doutras áreas da Xunta,
investidoras ou con accións de impulso da economía, o balance é
desolador: en comparación co 2008, no ano 2013, os recursos en
infraestruturas baixaron un 45%, un 73% en vivenda, un 40% en
turismo, e un 26%, que Feijoo obvia, en I+D.
No hay comentarios:
Publicar un comentario