Cando esta
semana se coñecían os peores datos da historia de Galicia en
desemprego e ocupación, a resposta de Feijoo foi matar o mensaxeiro,
descalificando a EPA e, na sua enésima obviedade, descubrir a
economía sumerxida. Só a complacencia extendida nos ambientes
opinantes, pode permitir que atacar unha estatística homologada
internacionalmente, como fixo poucos días antes co Padrón, non teña
custos nin provoque censuras. Unha EPA que foi revisada,hai poucas
semanas, polo Goberno Rajoy, incorporando os novos datos censuais.
Feijoo non quere, ou
non sabe como facelo, cambiar de política económica.
Pero, aillado de
calquera contacto coa realidade, non parece interesado no diagnóstico
dos expertos, que explican a elevada taxa de desemprego, con duas
características: envellecemento, que influe na caída dos activos, e
descualificación. Ésta é consecuncia dun abandono escolar temperá
moi elevado, 23%, cunha media española do 25% e na UE do 13%. A taxa
galega duplica a vasca e supera en dez puntos a de Navarra. Como
consecuencia, o 75% das persoas desempregadas, non remataron a ESO,
porcentaxe maior que en Europa.
Canto ás políticas
activas contra o desemprego, que incluen a cualificación
profesional, un dato resume a visión de Feijoo: no ano 2008, coa
metade de paro, a Xunta executaba 365 m€, no ano 2013, foron a
metade, 185m€. O paro se duplica e o gasto para combatilo reducese
á metade.
Non se impulsa un
modelo productivo distinto, non se aborda o problema estrutural do
desemprego, non se aborda realmente a crise demográfica. Sen
política económica viable, constante e definida, os resultados non
poden mellorar. Non é culpa da EPA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario