Na
única entrevista celebrada entre o Presidente Feijoo e o Secretario
Xeral dos socialistas, J.R. Gómez Besteiro, éste demandou que a
elaboración da nova Lei do Solo, fora precedida dun debate amplo.
Así foi creada unha Comisión de Estudo no Parlamento, con algunhas
limitacións (limitada a tres meses, cun número acotado de
comparecentes, co texto da lei xa coñecido...). Malia todo, a
posición de numerosos comparecentes, foi nidia: o novo texto é
demasiado semellante ó anterior, non aborda os principais problemas
e non ten garantías de mellor resultado.Compriría un texto ex-novo,
baseado en
premisas diferentes.
A Comisión elaborou
un Ditame que non recolle, na opinión socialista, esas propostas e
polo tanto este Grupo presentou texto alternativo. Ambos serán
debatidas e votados o vindeiro martes, día 6 de maio.
A posición crítica
coa situación actual, ten numerosos argumentos. A lei vixente, do
ano 2002, foi modificada nada menos que dez veces. Ademáis o seu
abeiro foron posibles situacións tan denunciables como as de
Barreiros, Miño, Sanxenxo. Foi paralisada a Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística, está imputada a Secretaria Xeral de
Urbanismo, o Tribunal Superior ven de paralisar o planeamento da
Estrada, aprobado polo Conselleiro con todolos informes en contra,
etc.
De ser conveniente o
acordo político nalguns problemas estratéxicos, a lexislación
urbanística é dos máis evidentes. Máis non a calquera prezo pois
as consecuencias vanse pagar durante moitos anos. Abonda lembrar que
logo de 33 anos de autonomía, catro de cada cinco Concellos carecen
de Plan de Urbanismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario