miércoles, 28 de mayo de 2014

SALARIOS MENGUANTES

Probablemente, si hai un denominador común nos resultados das eleccións europeas, é o malestar xeral contra as actuais políticas de austeridade, impulsadas pola maioría dos gobernos da Unión Europea, incluidos os goberno de España e de Galicia. Son politicas destructivas para moitisimas persoas.

Según o INE, hai 90.000 familias que non chegan a fin de mes. Que teñan moitas dificultades, 60000 familias máis. Total, 150000 familias en dificultades, é decir, unha de cada cinco familias non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos ou está vivindo ó límite da sua capacidade económica. Son persoas que teñen retrasos no pago dos gastos da vivenda, nos recibos, etc, porque son:
- fogares con todos os seus membros en paro, superan os 100.000 o peor dato que nunca se deu en Galicia, 20000 mais no que vai de lexislatura. Representan o 10 % do total das familias galegas.
- 34.300 fogares sen nengún ingreso,
- persoas atendidas por Cáritas, 110000 persoas no ultimo ano
- Risga, 10000 beneficiarios, con retrasos de moitos meses na recepción das axudas

Si consideramos as persoas desempregadas, que son actualmente 270. 000, o 47% delas, é decir 130.000 persoas non cobran ningunha prestación, 12.000 persoas reciben un subsidio, a Renda de Inserción. En euros, 64.000 persoas apenas perciben 426€ mensuais e 83.317 persoas perciben unha media de 797€ ao mes.

Canto ós pensionistas, prorrateando as pagas extras, 110.000 pensionistas non chegan a cobrar 342 €/mes e 236.000 pensionistas cobran menos de 684 €/mes. Só un de cada catro pensionistas superan os 1.000 €/mes.

E dos asalariados, nos dous últimos 68.000 persoas deixaron de ser asalariada. A remuneración dos asalariados baixou 5 puntos do PIB. En cifras, o 30 % das persoas asalariadas en Galicia cobra menos que o salario minimo e mais do 50 % non chegan á metade do salario minimo. 295.000 asalariados gañan o SMI, 645 € e deles 172.000 menos da metade do SMI, menos de 325 €mes. Sobre un millon de asalariados galegos, un de cada seis vive con 325 euros/mes.

A resposta do goberno de Feijoo diante desa situación sangrante, é o recorte orzamentario nos principais programas de gasto social. Un 20%, oito puntos menos. Triplican o gasto da débeda pero reducen o gasto social.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario