miércoles, 7 de mayo de 2014

EPA, PARO REXISTRADO E FRACASO ECONÓMICO


Alguén, malévolamente, calificou as relacións da Xunta co Goberno Rajoy , como de suave ronroneo, por oposición ó ruido incesante co anterior goberno. Quizais sexa unha metáfora pero os datos indican que Feijoo,  visitante habitual das tertulias e platós madrileños, non ten relación co Goberno Central que non sexa de obediencia, ou submisión.Así, na política económica, non se lle coñece posición algunha en defensa das familias e sectores mais vulnerables, calou diante da reforma laboral que impuxo rebaixas salariais , perda de dereitos laborais e redución das prestacións aos parados, está respaldando  a liquidación do estado de benestar, a supresión da autonomía dos Concellos e dos partidos xudiciais, etc.

 Si os datos do emprego non son satisfactorios, a culpa é da EPA. Pero si os parados medran e os ocupados baixan, algo terá que ver a falta dunha política recoñecible contra o desemprego. Co goberno Feijoo, multiplicamos por dous os parados e reducimos a metade os recursos. Así, os mozos estan votando cos pes, fuxindo pola falta de futuro, como recolle o último Padrón. Sorprendentemente, a resposta da Xunta é reducir á metade o gasto en formación dos parados, 365 m€ no 2008, 185 no ano pasado. A pesar de que tres de cada catro parados non teñen o título de ESO e que difícilmente conseguirán un posto de traballo en moitos anos. 

Os datos de paro rexistrado indican que os novos traballos son de autónomos ou a tempo parcial, en actividades estacionais de baixa cualificación. Non é cuestión de estatísticas. Porque si a EPA, homologada internacionalmente, é demoledora, a estatística de paro rexistrado non invita ó optimismo. Na lexislatura actual o desemprego rexistrado medra en 2300 persoas pero 35600 persoas desaparecen da Seguridade Social, renunciaron a inscribirse, emigraron, traballan en negro ou desistiron de inscribirse. Por cada novo parado rexistrado, quince persoas desaparecen como afiliados.A reforma laboral facilita a desigualdade salarial. Os novos traballadores estables, un 9% están menos protexidos, e os temporais, un 91%, moito menos.

 O  modelo económico do PP, xa é coñecido, benestar mínimo, máis poder para os empresarios e menos dereitos para os traballadores. O liberalismo clásico intercambiaba desigualdade por creación de emprego. Hoxe sube a desigualdade e non medra o emprego. Nin máis protección, nin máis investimento, nin máis recaudación para políticas de prestacións sociais. Levan unha política suicida para o país, destructiva para as persoas e inútil para o futuro. Ainda así, nesta semana, a presidenta do Círculo de Empresarios demandaba  rebaixar máis o salario mínimo e abaratar o despido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario