Os resultados das eleccións europeas
poden analisarse baixo diferentes perspectivas. Como mínimo son
preocupantes. En Europa, polo avance dos partidos radicais ou
xenófobos, que nutrense directamente da frustración masiva diante
de políticas de exclusión e de empobrecemento. En Francia, en
Alemaña, Dinamarca e outros, a desesperación ten xa representación
política.
En España alomenos hai tres rasgos
suliñables. O primeiro, a rotunda maioría dos partidos
independentistas, no País Vasco e máis en Cataluña, coa maioría
relativa de Bildu e de ERC nalgunhas circunscripcións provinciais,
superando a PNV e CiU respectivamente. En segundo lugar, a crise dos
partidos maioritarios, acentuada pola baixa participación, 20 puntos
menos da habitual en eleccións locais e ainda menos con respecto das
eleccións autonómicas e xerais. E finalmente a irrupción dos
movimentos anti-sistema, indignados, 15-M, etc, baixo a sigla
“Podemos”.
O primeiro rasgo é tamén o principal
problema. A parálise do Goberno Rajoy diante do desafío soberanista
lonxe de contribuir a encauzar os problemas, os está exacerbando. O
sentimento progresivamente maioritario a favor da independencia, será
difícil de revertir e tamén de embridar no marco constitucional
actual. A negativa popular para abordar unha reforma constitucional,
como propón o Partido Socialista, bloquea as solucións. As urnas
acaban de emitir un veredicto contundente. Estase creando unha
situación de facto que só evoluir a peor.
A crítica ós grandes partidos
estatais é máxima, cunha perda enorme de votos e de peso relativo.
Expresa o nivel de hastío diante dunha crise incesante, e de
políticas que logo de cinco anos non teñen producido resultados.
Tamén do labor da oposición maioritaria, na que moitos cidadáns
semellan non atopar interese, ainda que serán necesarios datos
demoscópicos para deslindar a crise de liderato das propostas
programáticas ou das decisións adoptadas.
A irrupción de Podemos, inicialmente
tan sorprendente, é a voz dese amplo movimento que hai dous anos
ocupaba as ruas españolas, que se nutre da falta de oportunidades,
laborais e vitais, para unha maioría das persoas novas e na que se
suman outros movimentos máis radicais. Son unha incógnita pero
probablemente evoluirán na mesma dirección que AGE, no seu momento
novidosa, e hoxe institucionalizada como calquera outro partido. En
todo caso son un formidable aldabonazo na política española. Compre
ler os textos do seu voceiro para coñecer o seu pensamento político.
Por exemplo, eiquí: http://blogs.publico.es/pablo-iglesias/
e tamén doutro dos seus ideólogos en:
http://www.comiendotierra.es/author/jcmonedero/.
É indubidable que hai espazo para a
política, que os cidadáns teñen voz e criterio. Tamén que o
sistema político español ten que modernizarse, en transparencia,
accesibilidade, apertura. A sociedade é maís plural que no pasado,
con posicións máis heteroxéneas, como corresponde ó estado de
desenvolvemento e a explosión das canles de comunicación
alternativas. Un escenario difícil, pero apaixoante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario