A pasada semana un
xornalista preguntoulle ó Presidente da Xunta por unha realización da que
sentira orgullo. A maioría absoluta, foi a sua resposta. Nin un feito, obra
ou dato relacionado coas persoas que fora consecuencia do acción do goberno. Só orgullo persoal e
partidista e unha preocupante insensibilidade cando a meirande parte das
persoas deste pais, vive peor, como consecuencia das reformas conservadoras.
A Xunta está defendendo o
modelo económico das grandes corporacións: devaluación de salarios
e custos sociais como modelo productivo. Mentras o gasto público en innovación e competitividade redúcese. Últimos datos
oficiais: 90% dos novos contratos son precarios, para ocupacións de: camareiros, vendedores de tenda, persoal
de limpeza, peóns, os oficios menos cualificados, onde a rotación é
doada e os salarios máis baixos.
En paralelo, aumentan os
empregos a tempo parcial, 150.000, con salarios en moitos casos de 300
a 400 euros e polo tanto retorna o pluriemprego, medrando catro
veces a media española. Por primeira vez na
historia, un posto de traballo non garantiza fuxir da pobreza nin o
esforzo na formación é garantía de salarios dignos. Hai 115.000
persoas subempregadas
Por eso 120.000
xóvenes, un de cada cinco, emigraron, porque nin existen
oportunidades nin se preven. Despilfarramos o mellor capital humano,
afondando a crise demográfica. E para os que
quedan, paro e pobreza. Segun o IGE o risco de pobreza ameaza a un
terzo da mocedade e a un cuarto da poboación total.
A parálise do Goberno afecta a tódalas áreas. Onde prometeron acuicultura, nin un metro cadrado construido. No plan eólico, nin houbo investimentos, nin emprego. O investimento publico está reducido a mínimos. Fronte á parálise da construcción, nin vivenda protexida
nin política de rehabilitación. No sector lácteo só foron asinados seis contratos de longa duracion no
ultimo ano. Estamos mal posicionados ante o fin das cuotas e a
reestructuracion do sector. En solo industrial, hai casi mil parcelas improductivas, onde
so medra a herba pero o Goberno dificulta o acceso das empresas. Os principais portos de Galicia, retroceden no ranking
español.
A renda familiar retrocedeu unha década mentras se
elevaban impostos, taxas e prezos, se conxelaban pensións e se
encarecían todolos servizos básicos. As familias están asfixiadas,
sen recursos e sobre todo sen esperanza. O pais esmorece: perdimos
50000 habitantes
Todolos indicadores económicos e
sociais son peores que hai cinco anos. É o fracaso rotundo dunha
política económica, ou da falta de política e do exceso de
dogmatismo ideolóxico.
Excelente análisis de la realidad de Galicia. A todo lo expuesto, cabe señalar el desierto financiero en que ha quedado Galicia, tras las fusiones y el rescate de las principales entidades, sin que la Xunta articulara ninguna fórmula que le permitiera una presencia en un sector estratégico para el desarrollo de nuestro País.
ResponderEliminar