Na actual lexislatura o Presidente Núñez Feijoo descubriu unha vocación viaxeira. Varias viaxes en poucos meses cun denominador común: vacuidade. En cada desprazamento, unha axenda para de encontros formais ou protocolarios, sen contido nin obxectivos. Con discursos, para os medios galegos, enchidos de tópicos ou de obviedades. En Panamá falou da importancia dos novos tráficos logo da ampliación do Canal. En Xapón da importancia do turismo, en Hamburgo do gas e da formación profesional. Nin acordos, nin convenios, nin representación empresarial con axenda de traballo.
Esa banalidade acada as veces cotas anacrónicas. Así, para un encontro con periodistas e operadores turísticos en Alemaña, promovese un stand no porto coa emigración, a artesanía e os productos galegos como contidos, seguido dunha recepción no buque "J.S. Elcano". Tópicos antiguos nun mercado turístico altamente profesionalizado con feiras e outros formatos consolidados. Cuidadosamente, o sector non é invitado a esas viaxes. Como si a promoción poidera disociarse do comercio de productos turísticos, sexan camas, circuitos, servizos, etc.
En Xapón o Presidente foi a visitar unha planta de acuicultura, dunha empresa que traballa en varios lugares de España. Mentras a Xunta non impulsou nin un metro cadrado de explotación de acuicultura nos últimos cinco anos, malia os frecuentes anuncios dun Plan estratéxico.
En Hamburgo entrevistouse co Presidente de SEAT, un español con despacho en Barcelona. E co Presidente do Land para falar de tráfico de contenedores e de formación profesional. Pero os portos galegos están perdendo peso en España globalmente, retrocedendo en tráfico de contenedores e o goberno non ten nengunha iniciativa. Canto a formación profesional lembrar que o modelo alemán, está cursado en Galicia por 61 alumnos exclusivamente dun total de 45000.
Probablemente nesa sucesión de entrevistas e declaracións, os interlocutores serán corteses e coñecedores das servidumes dos cargos públicos, que unhas veces fan visitas sen contido e outras as reciben. Pero a banalidade non pode venderse como xestión, nin os discursos como resultados.
jueves, 26 de junio de 2014
martes, 10 de junio de 2014
RESIDUOS
O Goberno central publica hoxe o Real Decreto-Lei que modifica totalmente a retribución das instalacións productoras de enerxías renovables, coa protesta global dos sectores afectados. A Xunta ten sido cómplice do novo deseño.Asistimos á liquidación do sector
eólico galego, outrora hexemónico no Estado, e hoxe abocado a non
poder medrar. As grandes compañías eléctricas, un dos principais
lobbys económicos de España, impoñen a sua reforma ó Ministerio,
coa complicidade do goberno galego, que chega a extremos de submisión. O goberno galego foi
un dos poucos executivos territoriais que non fixo alegacións ó
Real Decreto-Lei aprobado o pasado venres, durante o trámite da
audiencia aberto pola Comisión Nacional dos Mercados e da
Competencia.
Agora
se nos fala da insostibilidade de SOGAMA. Son tres alomenos os
motivos para esta afirmación.
En
primeiro lugar a sostibilidade medioambiental. Este grupo non vai
defender posicións fundamentalistas de nengun tipo. Limitaremonos o
marco vixente na Unión Europea, que establece unha xerarquía de
prioridades no tratamento dos residuos sólidos urbans, que son, por
esta orde, Reducción, Reutilización, Reciclaxe, Valorización e
Soterramento. Pode resumirse a situación galega decindo que as duas
últimas solucións europeas, son as duas primeiras galegas.
Evidentemente, algo está mal en Galicia.
A realidade social e económica ten evoluido moito e a sensibilidade
medioambiental tamén, dende a creación de SOGAMA. O noso referente actual son os países
avanzados da Unión Europea onde as taxas de reciclaxe e compostaxe
multiplican por varios díxitos ás galegas, que son simbólicas.
Reciclamos menos do dous por cento según a web da propia sociedade,
11000 Toneladas sobre un total de 790000 Tm tratadas.
Incineramos
239 kg por habitante, moi por riba das cifras da meirande parte dos
países, pero reciclamos menos e a compostaxe é simbólica. Mesmo os
países europeos con maiores taxas de incineración enerxética,
teñen tamén cifras relevantes de reciclaxe e de compostaxe e cifras
mínimas de soterramento. En
Galicia non se incinera máis porque literalmente non hai capacidade.
De feito a proposta da Xunta era a construcción dunha nova planta no
sur, ó abeiro do concurso eólico. Cando éste fracasou, a Xunta
propuxo ampliar a planta de Cerceda para seguir valorizando, é decir
incinerando.
O
sistema así deseñado, ten incentivos perversos. En ausencia de
obxectivos estratéxicos de carácter medioambiental, e repercutindo
os custos da sociedade nos concellos e finalmente nas familias, non
existen incentivos para modificar as conductas. A sociedade
factura a todolos Concellos por unha tarifa idéntica, con
independencia do proceso dos residuos, sexa incineración ou
soterramento, cando os procesos teñen custos diferentes. Máis
ainda, factura igual a todolos concellos por tonelada, malia que a
lei de réxime local recentemente aprobada polo goberno central,
atribúe diferentes competencias ós Concellos según o tamaño sexa
superior ou inferior a 5000 habitantes. Como non existen incentivos
para unha maior sensibilidade, nin tarifas diferenciais, nin
tratamentos axeitados ás diferencias locais, só queda o
voluntarismo. Por exemplo, a sociedade SOGAMA impulsa a compostaxe
nunha cifra mínima, mil cincocentos fogares, sobre máis dun millón
de fogares galegos.
Finalmente,
a reforma do sector eléctrico ven a modificar totalmente a
viabilidade da sociedade. Lembremos que no novo esquema, logo da
reforma tarifaria, os ingresos por enerxía representan o 37% fronte
o 54% das taxas. A modificación das taxas condena a un incremento progresivo
das tarifas aboadas polos concellos. Non se están ofrecendo solucións ós problemas de moitos
Concellos que teñen recurrido ou cuestionado as taxas
unilateralmente impostas pola Xunta, con desprezo dos contratos
asinados e vixentes. Urximos unha solución pactada a ese conflito
enquistado.
Unha
vez máis, compre lembrar a irrelevancia do goberno galego na defensa
dos intereses galegos diante do goberno central. Sendo a primeira
Comunidade en producción de enerxía, con exportación neta, cun
sector eólico todavía importante e con esa elevada valorización
enerxética dos residuos, a Xunta non foi quen a sustraer ésta do
novo marco legal nin a defender aquelas, nin a conseguir un esquema
de prezos diferenciado.
A posición socialista galega, resumese na aceptación da Directiva
comunitaria, coas suas prioridades, e polo tanto no pulo da reciclaxe
e da compostaxe, como xa veñen facendo varios concellos galegos, co
obxectivo de acabar co soterramento dos residuos. Non cremos que a
posición galega de máxima incineración e máximo soterramento sexa
sostible na Europa comunitaria. Nin que as novas xeneracións estén
dispostas a asumir ese modelo.Nin que o futuro de SOGAMA veña mediatizado pola presenza no accionariado dunha empresa enerxética, cos seus propios intereses.
lunes, 2 de junio de 2014
ABDICACIÓN
En 1975 el debate principal era democracia o dictadura. La decisión de la forma monárquica para el Estado, fue una concesión, como otras muchas, al objetivo principal. Cuarenta años más tarde es uno de los aspectos de la Constitución que como, entre otros, la estructura territorial, las Diputaciones Provinciales o el Poder Judicial, pueden y debe ser discutidos ante una eventual reforma de la Carta Magna. La abdicación del Rey crea la oportunidad adecuada. Reconocer su trayectoria no impide plantear un debate sereno, maduro y consecuente.
Probablemente la fecha de la abdicación ha sido precipitada por el proceso de relevo de la dirección socialista que, dentro de ciertos límites, abre la posibilidad de una dirección generacionalmente posterior y por tanto con una visión más distanciada de la Transición. Aunque legalmente el voto socialista no es imprescindible para aprobar la Ley Orgánica prevista en el artículo 57.5 de la Constitución, resulta impensable hacerlo sin su concurso. De ahí que corresponda al centenar de diputados socialistas a Cortes la responsabilidad histórica de la decisión, ahora libres de los condicionantes de hace cuatro décadas.
Y el momento no puede ser más oportuno. En una sociedad democráticamente madura, plural, sin otra tensión para la convivencia que los movimientos secesionistas, es un debate necesario. Las generaciones actuales no están obligadas a repetir el proceso constituyente pero tampoco impedidas de mejorar o actualizar la norma básica. Incluso para encauzar las citadas tensiones separatistas, la reforma constitucional es no ya necesaria, sino imprescindible. El propio Rajoy lo reconocía expresamente el pasado sábado en Barcelona, conocedor ya en ese momento de la abdicación inminente.
Sólo nuestros propios temores, inseguridades, o debilidad de ideas, pueden oponerse al debate, reclamado ya abiertamente por amplios sectores de la sociedad. Es la primera oportunidad en cuarenta años y no deberíamos desaprovecharla.
Probablemente la fecha de la abdicación ha sido precipitada por el proceso de relevo de la dirección socialista que, dentro de ciertos límites, abre la posibilidad de una dirección generacionalmente posterior y por tanto con una visión más distanciada de la Transición. Aunque legalmente el voto socialista no es imprescindible para aprobar la Ley Orgánica prevista en el artículo 57.5 de la Constitución, resulta impensable hacerlo sin su concurso. De ahí que corresponda al centenar de diputados socialistas a Cortes la responsabilidad histórica de la decisión, ahora libres de los condicionantes de hace cuatro décadas.
Y el momento no puede ser más oportuno. En una sociedad democráticamente madura, plural, sin otra tensión para la convivencia que los movimientos secesionistas, es un debate necesario. Las generaciones actuales no están obligadas a repetir el proceso constituyente pero tampoco impedidas de mejorar o actualizar la norma básica. Incluso para encauzar las citadas tensiones separatistas, la reforma constitucional es no ya necesaria, sino imprescindible. El propio Rajoy lo reconocía expresamente el pasado sábado en Barcelona, conocedor ya en ese momento de la abdicación inminente.
Sólo nuestros propios temores, inseguridades, o debilidad de ideas, pueden oponerse al debate, reclamado ya abiertamente por amplios sectores de la sociedad. Es la primera oportunidad en cuarenta años y no deberíamos desaprovecharla.
miércoles, 28 de mayo de 2014
SALARIOS MENGUANTES
Probablemente,
si hai un denominador común nos resultados das eleccións europeas,
é o malestar xeral contra as actuais políticas de austeridade,
impulsadas pola maioría dos gobernos da Unión Europea, incluidos os
goberno de España e de Galicia. Son
politicas destructivas
para
moitisimas
persoas.
Según
o INE, hai 90.000 familias que non chegan a fin de mes. Que teñan
moitas dificultades, 60000 familias máis. Total, 150000 familias en
dificultades, é decir, unha de cada cinco familias non ten
capacidade para afrontar gastos imprevistos ou está vivindo ó
límite da sua capacidade económica.
Son
persoas que teñen retrasos no pago dos gastos da vivenda,
nos
recibos,
etc, porque son:
- fogares con
todos os seus membros en paro, superan os 100.000 o peor dato que
nunca se deu en Galicia, 20000 mais no que vai de lexislatura.
Representan o
10 % do total das familias galegas.
- 34.300
fogares sen nengún ingreso,
-
persoas atendidas por Cáritas, 110000 persoas no ultimo ano
-
Risga, 10000 beneficiarios, con retrasos de moitos meses na recepción
das axudas
Si
consideramos as persoas desempregadas, que son actualmente 270. 000,
o 47% delas, é decir 130.000 persoas non
cobran ningunha prestación,
12.000
persoas reciben
un subsidio, a
Renda de Inserción. En euros,
64.000
persoas apenas perciben 426€ mensuais
e
83.317 persoas perciben unha media de 797€ ao mes.
Canto
ós pensionistas, prorrateando
as pagas extras, 110.000 pensionistas non chegan a cobrar 342 €/mes
e 236.000 pensionistas cobran menos de 684 €/mes. Só
un de cada catro pensionistas superan os 1.000 €/mes.
E dos
asalariados, nos dous últimos 68.000 persoas deixaron de ser
asalariada. A remuneración dos asalariados baixou 5 puntos do PIB.
En cifras, o 30 % das persoas asalariadas en Galicia cobra menos que
o salario minimo e
mais do 50 % non chegan á metade do salario minimo. 295.000
asalariados gañan o SMI, 645 € e deles 172.000 menos da metade do
SMI, menos de 325 €mes. Sobre
un millon de asalariados galegos, un de cada seis vive con
325
euros/mes.
A resposta do
goberno de Feijoo diante desa situación sangrante, é o recorte
orzamentario nos principais programas de gasto social. Un 20%, oito
puntos menos. Triplican o gasto da débeda pero reducen o gasto
social.
martes, 27 de mayo de 2014
ELECCIÓNS EUROPEAS
Os resultados das eleccións europeas
poden analisarse baixo diferentes perspectivas. Como mínimo son
preocupantes. En Europa, polo avance dos partidos radicais ou
xenófobos, que nutrense directamente da frustración masiva diante
de políticas de exclusión e de empobrecemento. En Francia, en
Alemaña, Dinamarca e outros, a desesperación ten xa representación
política.
En España alomenos hai tres rasgos
suliñables. O primeiro, a rotunda maioría dos partidos
independentistas, no País Vasco e máis en Cataluña, coa maioría
relativa de Bildu e de ERC nalgunhas circunscripcións provinciais,
superando a PNV e CiU respectivamente. En segundo lugar, a crise dos
partidos maioritarios, acentuada pola baixa participación, 20 puntos
menos da habitual en eleccións locais e ainda menos con respecto das
eleccións autonómicas e xerais. E finalmente a irrupción dos
movimentos anti-sistema, indignados, 15-M, etc, baixo a sigla
“Podemos”.
O primeiro rasgo é tamén o principal
problema. A parálise do Goberno Rajoy diante do desafío soberanista
lonxe de contribuir a encauzar os problemas, os está exacerbando. O
sentimento progresivamente maioritario a favor da independencia, será
difícil de revertir e tamén de embridar no marco constitucional
actual. A negativa popular para abordar unha reforma constitucional,
como propón o Partido Socialista, bloquea as solucións. As urnas
acaban de emitir un veredicto contundente. Estase creando unha
situación de facto que só evoluir a peor.
A crítica ós grandes partidos
estatais é máxima, cunha perda enorme de votos e de peso relativo.
Expresa o nivel de hastío diante dunha crise incesante, e de
políticas que logo de cinco anos non teñen producido resultados.
Tamén do labor da oposición maioritaria, na que moitos cidadáns
semellan non atopar interese, ainda que serán necesarios datos
demoscópicos para deslindar a crise de liderato das propostas
programáticas ou das decisións adoptadas.
A irrupción de Podemos, inicialmente
tan sorprendente, é a voz dese amplo movimento que hai dous anos
ocupaba as ruas españolas, que se nutre da falta de oportunidades,
laborais e vitais, para unha maioría das persoas novas e na que se
suman outros movimentos máis radicais. Son unha incógnita pero
probablemente evoluirán na mesma dirección que AGE, no seu momento
novidosa, e hoxe institucionalizada como calquera outro partido. En
todo caso son un formidable aldabonazo na política española. Compre
ler os textos do seu voceiro para coñecer o seu pensamento político.
Por exemplo, eiquí: http://blogs.publico.es/pablo-iglesias/
e tamén doutro dos seus ideólogos en:
http://www.comiendotierra.es/author/jcmonedero/.
É indubidable que hai espazo para a
política, que os cidadáns teñen voz e criterio. Tamén que o
sistema político español ten que modernizarse, en transparencia,
accesibilidade, apertura. A sociedade é maís plural que no pasado,
con posicións máis heteroxéneas, como corresponde ó estado de
desenvolvemento e a explosión das canles de comunicación
alternativas. Un escenario difícil, pero apaixoante.
jueves, 8 de mayo de 2014
MODELO DE CRECEMENTO
O modelo de
crecemento adoptado polo goberno Rajoy, secundado pola Xunta de
Galicia e respaldado por Bruxelas, está ben definido. Devaluación
das rentas salariais, precarización do traballo, temporalidade e
rotación, estado de benestar mínimo e incremento da desigualdade.
Os datos deste mes
tando da EPA como do paro rexistrado, ratifican esa interpretación.
Máis do 90% dos novos contratos son temporais, en moitos casos por
horas ou como autónomos, en ocupacións de baixa cualificación,
como hostelería e servizos de ocio. En Galicia, paralelamente, as
persoas que desaparecen do paro rexistrado, non están afiliadas á
Seguridade Social, ben por estar na economía sumerxida, por ter
desistido ou emigrado. Así temos un número menguante de cotizantes
e un colectivo enorme de desempregados, sempre dispoñibles baixo
retribucións progresivamente menores.
Non é casual que na
pasada semana a presidenta do Círculo de Empresarios reclamara
abaratar o salario mínimo interprofesional e o despedimento. Saben
que é posible apretar ainda máis nas condicións laborais, nun
modelo final semellante ó chinés. Que a cualificación dos
desempregados sexa moi baixa, facilita o proceso. Lembremos que tres
de cada catro desempregados non teñen o título de ESO, e que o
abandono escolar en España duplica ó da UE.
Nese camiño, as
clases medias baseadas na seguranza no traballo, nas rentas derivadas
do coñecimento ou da especialización, son tamén crebadas en
beneficio dunha maior desestructuración (oficialmente
“liberalización”), incremento indefinido dos horarios e
decremento paralelo dos rendimentos. A dereita europea, maioritaria
na Unión, reclama máis restriccións e incrementos da fiscalidade
indirecta. A desigualdade acelerase.
miércoles, 7 de mayo de 2014
EPA, PARO REXISTRADO E FRACASO ECONÓMICO
Alguén, malévolamente,
calificou as relacións da Xunta co Goberno Rajoy , como de suave
ronroneo, por oposición ó ruido incesante co anterior goberno. Quizais sexa unha metáfora pero os datos indican que Feijoo, visitante habitual das tertulias e platós madrileños, non
ten relación co Goberno Central que non sexa de obediencia, ou
submisión.Así, na política económica, non
se lle coñece posición algunha en defensa das familias e sectores
mais vulnerables, calou diante da reforma
laboral que impuxo
rebaixas salariais , perda de dereitos laborais e redución das
prestacións aos parados, está respaldando a liquidación do
estado de benestar, a supresión da autonomía dos Concellos e dos partidos xudiciais, etc.
Si os datos do emprego non
son satisfactorios, a culpa é da EPA. Pero si os parados medran e os
ocupados baixan, algo terá que ver a falta dunha política recoñecible contra o desemprego. Co goberno Feijoo, multiplicamos por dous os
parados e reducimos a metade os recursos. Así, os mozos estan votando cos
pes, fuxindo pola falta de futuro, como recolle o último Padrón. Sorprendentemente, a resposta da Xunta é reducir á
metade o gasto en formación dos parados, 365 m€ no 2008, 185 no
ano pasado. A pesar de que tres de
cada catro parados non teñen o título de ESO e que difícilmente
conseguirán un posto de traballo en moitos anos.
Os datos de paro
rexistrado indican que os novos traballos son de autónomos ou a
tempo parcial, en actividades estacionais de baixa cualificación. Non é cuestión de estatísticas. Porque si a EPA, homologada internacionalmente, é demoledora, a estatística de paro rexistrado non invita ó optimismo. Na lexislatura actual o desemprego rexistrado medra en 2300 persoas pero 35600 persoas desaparecen da Seguridade Social, renunciaron a inscribirse, emigraron, traballan en negro ou desistiron de inscribirse. Por cada novo parado rexistrado, quince persoas desaparecen como afiliados.A
reforma laboral facilita a desigualdade salarial. Os novos
traballadores estables, un 9% están menos protexidos, e os
temporais, un 91%, moito menos.
O modelo económico do PP, xa é coñecido, benestar mínimo,
máis poder para os empresarios e menos dereitos para os
traballadores. O
liberalismo clásico intercambiaba desigualdade por creación de
emprego. Hoxe sube a desigualdade e non medra o emprego. Nin
máis protección, nin máis investimento, nin máis recaudación para políticas de prestacións sociais. Levan
unha política suicida para o país, destructiva para as persoas e
inútil para o futuro. Ainda así, nesta semana, a presidenta do Círculo de Empresarios demandaba rebaixar máis o salario mínimo e abaratar o despido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)