jueves, 26 de junio de 2014

DA BANALIDADE PRESIDENCIAL

Na actual lexislatura o Presidente Núñez Feijoo descubriu unha vocación viaxeira. Varias viaxes en poucos meses cun denominador común: vacuidade. En cada desprazamento, unha axenda para de encontros formais ou protocolarios, sen contido nin obxectivos. Con discursos, para os medios galegos, enchidos de tópicos ou de obviedades. En Panamá falou da importancia dos novos tráficos logo da ampliación do Canal. En Xapón da importancia do turismo, en Hamburgo do gas e da formación profesional. Nin acordos, nin convenios, nin representación empresarial con axenda de traballo.

Esa banalidade acada as veces cotas anacrónicas. Así, para un encontro con periodistas e operadores turísticos en Alemaña, promovese un stand no porto coa emigración, a artesanía e os productos galegos como contidos, seguido dunha recepción no buque "J.S. Elcano". Tópicos antiguos nun mercado turístico altamente profesionalizado con  feiras e outros formatos consolidados. Cuidadosamente, o sector non é invitado a esas viaxes. Como si a promoción poidera disociarse do comercio de productos turísticos, sexan camas, circuitos, servizos, etc.

En Xapón o Presidente foi a visitar unha planta de acuicultura, dunha empresa que traballa en varios lugares de España. Mentras a Xunta non impulsou nin un metro cadrado de explotación de acuicultura nos últimos cinco anos, malia os frecuentes anuncios dun Plan estratéxico.

En Hamburgo entrevistouse co Presidente de SEAT, un español con despacho en Barcelona. E co Presidente do Land para falar de tráfico de contenedores e de formación profesional. Pero os portos galegos están perdendo peso en España globalmente, retrocedendo en tráfico de contenedores e o goberno non ten nengunha iniciativa. Canto a formación profesional lembrar que o modelo alemán, está cursado en Galicia por 61 alumnos exclusivamente dun total de 45000.

Probablemente nesa sucesión de entrevistas e declaracións, os interlocutores serán corteses e coñecedores das servidumes dos cargos públicos,  que unhas veces fan visitas sen contido e outras as reciben. Pero a banalidade non pode venderse como xestión, nin os discursos como resultados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario