Na remodelación última da Xunta, recoñecemento tácito do fracaso da sua política, destaca a creación dunha Dirección Xeral de Dinamización Demográfica, entre outras competencias. Hai tres anos Feijóo levou á Cámara un Plan demográfico que impediron debatir rigurosamente. Era propaganda e foi ineficaz. A natalidade baixa continuamente dende 2009. Agora anuncian un novo Plan de Familia. Un e outro son tan ideolóxicos como limitados, propoñen unhas
poucas prestacions de duración limitada e moitas declaracións de
intencións como convencer ás empresas de que asuman os custos da
conciliación
A experiencia de todolos paises indica que as axudas directas teñen
efecto limitado, son necesarias, pero non decisivas. O
decisivo é o traballo das persoas mozas. que están na edade fértil, con expectativas propias e confianza no futuro, que non
poden levar a cabo con contratos de dous meses e salarios por baixo
do salario minimo. Con frecuencia nin poden independizarse pois nin teñen garantía de ingresos estables ni existe en Galicia política de vivenda social.
O problema non é a cantidade de xente sinon a calidade de vida da xente. O envellecemento combatese con oportunidades laborais para os xovenes que son os que marchan. Non emigran os vellos, emigran os novos pola decadencia do pais, polo estancamento social. O país é tan pouco atractivo que apenas recibimos inmigrantes.
En
lugar de cambiar a política económica para crear emprego, promoven
o natalismo, o marxe do coñecemento científico e da experiencia
acumulada. Unha demanda ideolóxica, con raíces relixiosas. De feito unha das principais accións do devandito Plan, foi unha campaña publicitaria de millón e medio de euros, propagando imaxes tan irreais que mesmo tiveron que modificar os modelos de familia propostos. O Plan perseguía incrementar os nacimentos nun 50%. A realidade, teimuda, foi outra
caida do 8%
En Galicia emprego e natalidade medraron entre 1995 e 2008 e baixaron
dende 2009, coa crise económica. Son variables relacionadas, logo hai que actuar sobre as oportunidades de emprego e
facilitar a conciliación. As mulleres elixen entre facer doble xornada, laboral e familiar ou
abandonar o traballo. Temos mais mulleres cabezas de familia que homes
pero con mais temporalidade, mais xornada parcial, menos salarios,
mais paro. Trinta mil familias, que representan o 55% dos menores de tres anos, non
poden levar os seus fillos a guarderías porque non existen, como non
hai guarderías en poligonos empresariais e apenas nas empresas.
Existen
dous modelos de politica familiar. O escandinavo prima a igualdade no
traballo e na corresponsabilidade, nun marco de forte progresividade fiscal e
avanzado estado de benestar. Falamos de permisos retribuidos de 16
meses, da obrigatoriedade para os pais de coller parte dos permisos,
de facilidades de xornada, de servizos sociais importantes. Socialdemocracia clásica.
E o modelo francés con fortes subsidios ás persoas con fillos e unha politica familiar moi desarrollada en aspectos
tan diversos como as vacacions, vivenda social, etc. Tamén cunha forte presión fiscal.
O modelo en Galicia é unha cativa carteira de axudas, de baixa incidencia, recorte nos servizos sociais e retoques fiscais no marco dunha fiscalidade pouco progresiva. Non hai que sorprenderse da inutilidade dos esforzos.
O modelo en Galicia é unha cativa carteira de axudas, de baixa incidencia, recorte nos servizos sociais e retoques fiscais no marco dunha fiscalidade pouco progresiva. Non hai que sorprenderse da inutilidade dos esforzos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario