domingo, 8 de noviembre de 2015

A DESUNIÓN DOS UNITARIOS

A DESUNIÓN DOS UNITARIOS
A defensa da integración, da lista unitaria, da voz única en Madrid é un clásico da vida política galega, o ave fénix que xorde das suas cinzas recurrentemente, goza de audiencia mediática e desaparece piadosamente derrotado ata ó episodio seguinte. Trátase dun nacionalismo blando, “á gauche”, con moitos nomes constantes, que se artella en plataformas e manifestos suficientemente vagos como para non suscitar críticas e tan ambiguos que no provocan entusiasmos.
Obviando as notables diferencias de cultura e de programa, pretendese unha mestura insípida. Teñen a mesma voz, visión e alianzas, nacionalistas clásicos e neocomunistas? Hai algunha visión compartida en política económica, social, cultural ou institucional?.
O resultado final nesta ocasión era tan previsible coma nas anteriores. Os unitarios rematan divididos en sendas coalicións, unha estrictamente nacionalista e outra mixta con varias organizacións descolgadas de ambas. É difícil que poidan escribir o futuro ou determiñar un goberno, estatal ou autonómico, sen antes definir propostas, disipar ambigüedades.
Os promotores, no seu enésimo fracaso, fican silenciosos, incapaces de aportar a luz necesaria a un debate recurrente. Antes calados para non ser excluidos da tribu que posicionados . Unha vez máis, a envoltura da forma, Galicia, para tapar o inexistente contido, qué Galicia.
Logo de catro décadas de democracia, con todo tipo de fórmulas de goberno e de representación, subsiste unha visión romántica da vida política, como espazo de unidade simbólica e non de confrontación de ideas e propostas, que defende un pacto previo que evite o debate en nome do pretendido interese superior do país. A mesma música de Cataluña. Na democracia os pactos deben de ser consecuencia do debate e confrontación de ideas, no substitutos dos conflitos sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario