martes, 10 de noviembre de 2015

SOMBRAS NA TRANSPARENCIA

O próximo mes entra en vigor plenamente a Lei  do Estado, 9/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Casi no límite, a Xunta ven de presentar a norma autonómica de desarrollo, que sustituirá á lei aprobada por unanimidade en Galicia no 2006, a primeira do Estado.

Dacordo cos datos de  Transparencia Internacional, Galicia foi retrocedendo postos, dende a primeira posición no ano 2010 ata a quinta no 2014. O Parlamento non ocupa unha boa posición, a decimoterceira. Só tres das grandes cidades galegas están por riba da media española como acontece con duas das catro Deputacións. En canto ós únicos organismos autónomos analizados, que son os entes xestores da política hidráulica, Augas de Galicia ocupa a penúltima posición. En resume, queda moito por facer en todolos planos das Administracións galegas.

A norma proposta polo goberno galego presenta algunhas eivas notables.  Por exemplo, os conflitos de intereses, entre o sector privado e o sector público.Temos evidencia recente de como funciona ese entramado de intereses no novo Hospital de Vigo. Logo de varios anos a Xunta ainda non foi capaz de ofrecer documentación solvente que avale a fórmula de xestión elexida.

Segundo exemplo, tamén sanitario. Está documentado como o conflito das vacinas deu lugar a un formidable negocio coa connivencia dalguns sectores profesionais. Si no Reino Unido se vacunaba o 2% dos menores contra unha das doenzas, e o 7% en Francia, en España foron vendidas doses para o 90%. As Administracións tardaron un ano en reaccionar de xeito coordenado diante dun claro sesgo de política de saúde inducido dende intereses comerciais.

Terceiro exemplo notable é a regulación do sector eléctrico. As cinco grandes compañías eléctricas españolas, con cifras de beneficios superior as suas homólogas europeas, marcan a axenda do Ministerio en asuntos como as enerxías renovables ou recentemente no Decreto de Autoconsumo, mesmo desprezando os informes da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Así o Goberno adopta solucións distintas ás que son impulsadas en países da nosa contorna, en beneficio exclusivo dos cinco operadores devanditos. A transparencia do sector é mínima e os intereses presentes en cada problema enerxético, raramente son explicitados.

O conflito de intereses tamén se produce no nivel dos funcionarios con capacidade de proposta ou que interveñen de xeito obrigado mediante informes nos procesos de adxudicación.  De novo o Hospital de Vigo ven de ofrecer unha mostra preocupante, onde o seguimento do contrato estaba adxudicado a unha persoa procedente da Admistración sanitaria e polo tanto con coñecemento profundo dos mecanismos reais de control dos servizos públicos e das concesións administrativas.

Un informe recente explicaba que o 55% dos abogados do Estado teñen dedicación parcial e un 40% están en excedencia. Non é comprensible que quen representa os intereses xerais, sexa captado polos intereses privados en conflito co Estado. Ten ocurrido, por exemplo no accidente do Prestige, que esta semana conmemoramos. 

Defendemos que a transparencia se extenda ás resolucións de autorización de compatibilidade que afecten tanto ós empregados públicos como os altos cargos logo do seu cese. Si se quere controlar unha práctica opaca utilizada como pago de favores, debe dificultarse o trasvase irrestricto, coloquialmente coñecido como “portas xiratorias”, establecendo limitacións tanto na saida como no reingreso.

O proxeto que hoxe debatimos exclúe da sua aplicación a entidades que este Grupo Parlamentario considera necesariamente suxeitas á transparencia, como as Administracións locais, as sociedades mercantís con participación do sector público superior a determiñada procentaxe e mesmo ás entidades privadas que perciban axudas por riba dun umbral e nas que as axudas representen unha fracción importante dos seus ingresos.

Tamén detectamos carencias no tratamento da contratación pública. Si asumimos que ten un efecto multiplicador no tecido económico, compre prestarlle máis atención e superar as disfuncións que os propios empresarios veñen denunciando. Así propoñemos publicar a informacion sobre cesión de contratos e sobre subcontratacións, e avaliar periódicamente a política de compra pública da Administración.

Ademáis, e recollendo a opinión de moitos expertos, propoñemos que todolos proxetos de investimento público superiores a cinco millóns de euros sexan obxeto previo dunha análise externa de coste-beneficio, algo que mellorará a eficiencia dos mesmos. E naturalmente que esas avaliacións sexan públicas. Tanto si son proxetos de execución directa ,concesional ou en rexime de colaboración público-privada. De novo, trátase de evitar que se repita o procedimento do novo Hospital de Vigo ou da Cidade da Cultura.

En materia de urbanismo propoñemos extender a información pública ás resolucións e informes da Xunta e tamén da Comisión Superior de Urbanismo e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Porque é arredor do urbanismo onde se teñen producido os casos de corrupción de máis sona.

Ademáis propoñemos que se incorpore o concepto de “Pegada Lexislativa”, para coñecer en todo proxecto de lei os informes, asesoramentos, suxerencias de entidades alleas ó órgano promotor da iniciativa lexislativa e poder valorar os intereses afectados ou implicados. As normas ademáis de proceder da vontade libérrima do goberno, tamén respostan a demandas de grupos de interese. Esas demandas deben quedar explicitadas diante da opinión pública no trámite lexislativo.

Finalmente quería defender o principio da Regulación de Calidade, “better regulation”, tan ausente na producción lexislativa do goberno, e que debería de ser incorporado nesta norma. A frondosa producción lexislativa adolece dun elevado grao de improvisación como se demostra coas continuas modificacións de normas recentes. Inseguridade xurídica e exceso normativo contrarios a ese principio impulsado pola Unión Europea. Estou a falar dun tópico da Administración española que está lonxe de ser correxido e que mesmo dificulta o funcionamento das empresas no noso país, como teñen explicado distintos informes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario