Doutro lado da porta non hai un
tribunal, so o herdeiro do cacique de Ourense, célebre en toda España, Baltar. Ambos responsables de contratar na Deputación masivamente a cargos do PP ou familiares en primeiro
grao dos mesmos. Co pleno respaldo dos gobernos de Fraga e de Feijóo.
A xustiza inhabilitou tardiamente a un deles. Unha lanzada a moro
morto.
O interesado negase a dar explicacions
sobre asuntos que chama privados. Co respaldo
do Partido Popular boicotea o control democrático
na Deputación mentras divulga un escrito cheo de zafias descalificacións da oposición. E Feijóo recrease no peor estereotipo machista, responsabilizando á vitima de promover un
delito, de incitar ó prohibido. O acosador exonerado e a vitima
execrada. Quen debe facer cumprir a lei respalda ó acosador e
maltrata á vitima.
En Galicia hai cinco mil
denuncias anuais por violencia de xénero e mil duascentas
mulleres necesitan protección. O Presidente galego dixo hoxe no Parlamento que non é o problema principal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario