Para
sairmos desta situación, non temos que mirar cara adentro, sinón á
sociedade. Porque os valores seguen vixentes, mesmo máis que antes,
diante da extensión da crise e do número de damnificados. Os
cidadáns rexeitaron as polítics non os valores. Pero os
valores non son abstractos, se instrumentan en políticas.
As
políticas de igualdade en época de crise obrigan a abordar e
suprimir os privilexios que manteñen alguns grupos sociais ou
económicos e a extender os principios de transparencia na
actuación pública, na contratación de bens e servizos, no
planeamento urbanístico, no acceso ó emprego público, nos
beneficios fiscais. Non ten sentido que un elevado número de
empregos públicos estén excluidos dos principios de publicidade e
mérito, quedando reservados para prácticas clientelares: directivos
da sanidade, do ensino, xefes de servizo, etc. As corporacións
profesionais, as institucións económicas, as eclesiásticas, as
grandes fortunas e patrimonios, teñen que ser solidarias coa
situación xeral de crise e aceptar a supresión de rexímenes de beneficios ou
privilexios. Tamén compre facer máis eficientes os servizos
públicos para garantir a sostibilidade económica dos mesmos.
As
políticas de igualdade necesarias hoxe deben facilitar a
participación dos cidadáns na vida política, modificando a lei
electoral, reducindo a barreira de acceso ó Parlamento.
Tamén aproximando ós representantes elexidos ós electores mediante distritos uninominais, que permitan ademáis desarrollar o responsabilidade dos cargos públicos diante dos seus electores. Unha práctica que, xunto coa eliminación das listas pechadas en calquera votación, reduciría a influenza das estruturas dos Partidos .Debemos conseguir que os Gobernos rindan contas con máis claridade
e de xeito sistemático e facilitar o acceso público ás fontes documentais da Administración, para o seu
uso na vida empresarial ou privada.
Políticas
de igualdade obrigan a mellorar fondamente a Administración de
Xustiza, axilizando procedimentos, reducindo tempos de
resolución, facilitando a execución de sentenzas. E a impulsar o pleno
laicismo dos poderes públicos, como garantes, entre outros
principios, da liberdade de culto e práctica relixiosa.
Tamén a situación actual nos obriga a revisar a arquitectura
institucional, soportada con impostos. ¿Ten sentido o Valedor do
Pobo (2 millóns de euros anuais) a carón da Xurisdicción
Contencioso-Administrativa? ¿Ou o Consello da Cultura (2´7 millóns
de euros anuais) xunto á Consellería de igual nome? ¿E a
redundancia do Consello Económico e Social (0´8 m€) co Consello
de Relacións Laborais (1´1 m€)? ¿Cal é o papel da CRTVG (119
m€), ademáis de ser altoparlante do goberno? ¿Fan algo as
Deputacións Provinciais (477 m€, incluindo 5m€ en órganos directivos) que non poidan facer os Concellos
ou a Xunta? ¿E o Senado (50m€) non ten amosado amplamente a sua
prescindibilidade? ¿Podemos soster a autonomía dos 315 Concellos (34m€ en órganos directivos, 7´5 m€ nos de menos de 50000 habitantes?
¿Ata onde debemos impulsar políticas de agrupamento de servizos?
O
Partido Socialista ten que impulsar á sociedade civil porque
ésta será a mellor aliada. E polo tanto compre mellorar o papel do
Tercer Sector (ONGs, Fundacións, entidades sen ánimo de lucro) na
prestación de servizos de proximidade, así como impulsar o
mecenado.Unha sociedade civil forte,
artellada, é un elemento de control das conductas desviadas, do
abuso de poder, da atonía dos gobernos, e polo tanto favorece a
causa da maioría, dos que necesitan axudas e recursos.
Unha
sociedade civil forte necesita medios de comunicación
independentes. A estreita relación actual entre medios e
gobernos, é mala para ambos. Impide ós medios exercer un labor de
control libre de compromisos e crea nos gobernos a tentación de
actuar para os medios.
Compre
desarrollar unha nova visión da loita contra a corrupción.
Ata agora foi considerada fundamentalmente como un problema de
persoas que non foron quen de antepoñer o seu compromiso ético,
pero a evidencia dos últimos anos amosa que hai factores estruturais
que debemos abordar: cambios lexislativos, mecanismos de prevención
nas Administracións e criterios firmes e transparentes para alonxar
da política ás persoas con evidencia de estar incursos en
prácticas irregulares, sen agardar ás resolucións xudiciais.
Finalmente compre asumir ca
estrutura do Partido está hipertrofiada. Numerosos órganos,
numerosos debates e eleccións internas que provocan divisións
artificiais en detrimento do labor no ámbito asociativo, sindical ou
profesional. É evidente a carencia de propostas que
non sexan de coxuntura.
Bastaría simplificar as estruturas, reducindo o número dos seus
membros e deslindando competencias. Se debe sustituir a cultura da confrontación
sistemática pola cooperación, implantar o procedimento de eleccións primarias como modo de
selección de dirixentes e de responsables da organización, tamén
de cargos públicos. Listas abertas, competencia aberta e transparencia total.
No hay comentarios:
Publicar un comentario