lunes, 21 de enero de 2013

REXURDIMENTO DO SOCIALISMO 4

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi aprobado grazas a toma de posición inequívoca do Partido Socialista, que desbloqueou con UCD un texto que fora censurado multitudinariamente. De novo repetiuse o proceso de 1936. Foi a posición constante dos socialistas, dende a recuperación da democracia, a que permitiu primeiro o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica na Constitución e logo a aprobación dun Estatuto semellante ós das outras Comunidades que ostentaban ese título competencial, algo que rexeitaban os conservadores. Os nacionalistas rexeitaban ambos, Constitución e Estatuto de Autonomía.

Os resultados electorais en Galicia foron medrando paseniñamente nas eleccións autonómicas e municipais, ainda que nestas últimas mantivemos importantes gobernos locais dende época temperá e durante moito tempo. Pero os resultados foron habitualmente consecuencia dos resultados en España. Tradicionalmente o PSOE tivo máis apoio electoral en Galicia nas eleccións xerais que nas eleccións autonómicas. Probablemente polo menor arraigo social do Partido no territorio galego, quizais tamén pola dificultade de artellar unha política específica para as necesidades e problemas singulares de Galicia, sen esquencer a ausencia de lideratos en Galicia ou o enquistamento interno en taifas locais arredor das Alcaldías.

Vexamos alguns datos da historia recente.



EVOLUCION DO VOTO DURANTE A ULTIMA DÉCADA EN GALICIA

%             PP  PSOE  BNG  EU-ANOVA
X-OO      54      24      19               1
A-01        53      22     23                1
M-03       41      27      19               1
X-04        47      37     11                2
A-05        46      34     19                1
M-07       40      29      19               2
X-08        44      41     12                1
A-09        47      32     16                1
M-11       45      26      17               2
X-11        45      26      17               2
A-12        46      21     10              14

Os datos indican que o PSdeG-PSOE, ten os seus mellores resultados nas eleccións xerais, seguidos das eleccións autonómicas e das eleccións municipais, mentras o PP manten unha grande semellanza entre as eleccións xerais e autonómicas.

Tamén indican a perda da metade do electorado socialista dende as eleccións xerais do 2008. Non é menos certo que o PP non acada a metade do electorado e que a esquerda globalmente considerada sobarda a metade, pero a lei electoral ten un efecto corrector.
O gráfico seguinte resume esa información.




EVOLUCIÓN DO VOTO URBAN NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
( NOS 22 CONCELLOS CON MÁIS DE 20000 HABITANTES)

%                                 M-03 M-07 M-11
AMES                            31      39      28
ARTEIXO                      26      24      16
CAMBRE                      28      29      20
CARBALLO                 12      13        9
CORUÑA                      46      35      27
CULLEREDO               55      40      35
FERROL                       13      32      24
NARÓN                          6      13        9
OLEIROS                      18      20        9
RIBEIRA                      11       13      16
SANTIAGO                  40      38      31
LUGO                           51      45      39
OURENSE                    20      27      37
A ESTRADA                25      43      41
CANGAS                      12      20      15
LALÍN                          20      22      18
MARÍN                         35      25      21
PONTEAREAS            12      19      15
PONTEVEDRA           18      22      13
REDONDELA             36      31      31
VIG O                          28      29      34
VILAGARCÍA            41      33      24


Nos 22 Concellos máis importantes, con poboación superior a 20000 habitantes, a representación socialista pode resumirse así:
Menos do 10% electoral, 3 Concellos
Entre 10% - 20%, 6 Concellos
Entre 20% - 30%,  6 Concellos
Máis do 30%,  7  Concellos

Actualmente o PSdeG-PSOE goberna 4 deses Concellos e cogoberna en dous máis.

Segue un gráfico que resume os datos:





O Partido Socialista gobernou en Galicia durante 6 anos, dun total de 31 anos de Autonomía, é decir, o 22% da nosa historia recente. Foron dous períodos diferentes, ambos sen gañar as eleccións. O primeiro mediante unha moción de censura en 1987, que permitiu un goberno de coalición con dous partidos máis, un nacionalista e outro derivado da escisión conservadora. A segunda ocasión,  no 2005, cando os conservadores perderon a maioría absoluta, formándose unha coalición cun partido nacionalista.Os Presidentes González Laxe e Pérez Touriño, deixaron en cadanseu mandato, obras, lexislación e actuacións de referencia, que forman parte dos sinais de identidade do socialismo galego e que deben ser lembradas e valoradas, pois son fitos que ata hoxe os gobernos conservadores non poideron superar.

Suliñemos ese dato. Ata agora, en Galicia, o PSdeG nunca puido ser a forza maioritaria, como si foi no ámbito estatal en moitas ocasións ou en moitos concellos. Esa febleza obriga a considerar, na estratexia futura, a política de alianzas.

Durante a longa etapa fraguista, e como consecuencia de terse modificado unilateralmente a lei electoral para elevar ó 5% a barreira de acceso ó Parlamento, éste ficou reducido a tres grupos políticos (ainda que no 1997 o PsdeG facilitou a creación dun Grupo parlamentario a EU-IU, con quen concurrira en coalición). Só nas derradeiras eleccións, un cuarto grupo, neste caso unha coalición, acadou representación.

Renunciar á hexemonía e aceptar a maioría natural conservadora, leva a considerar a necesidade dunha política orientada ós demáis grupos. Así, tense producido un acordo de gobernación en todolos concellos onde é posible acadar unha maioría de progreso. Recentemente o nacionalismo iniciou un proceso de distanciamento desas coalicións entendendo que hai un castigo do electorado. Pero en todo caso subsisten acordos que facilitan o goberno minoritario.

¿E viable propoñer un camiño á hexemonía electoral en Galicia? ¿Sobre qué bases programáticas e territoriais? Facelo obrigaría a analisar as bases, mesmo orgánicas, da hexemonía conservadora e os procedementos para crebala. Quizais non sexa doado a medio prazo pero non debería de ser un obxectivo secundario. Porque a actual hexemonía conservadora, tan dilatada xa, tamén sofre un desgaste no electorado urban, que de momento non nos beneficia pero que indica unha percepción de insatisfacción. Para superar ós conservadores, o voto socialista debería captar arredor de cen mil votos desa formación política e non limitarse a reordenar o voto da oposición

No imaxinario publicado, o último goberno socialista de Galicia aparece retratado polas tensións internas entre os membros da coalición. Malia os seus indicadores de xestión, magníficos, e o seu legado dispositivo, de investimentos e de iniciativas, algunhas medidas desafortunadas do grupo nacionalista, provocaron a enemizade dos medios de comunicación e doutros sectores de opinión influintes. As consecuencias da crise económica e da perda do Goberno de España incrementaron esa percepción e finalmente os propios erros tácticos do PSdeG fixeron o resto. A complacencia coa especulación inmobiliaria ou o retraso na percepción da crise son factores difíciles de explicar pero que teremos que asumir durante longo tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario