Os
resultados das recentes eleccións autonómicas abocan ó PSdeG-PSOE
a debatir unha nova liña de acción política e programática e
como consecuencia a elexir unha nova dirección da organización. Un
proceso semellante acaba de ser iniciado polo PSOE federal.
Só
dende o progresivo achegamento de posicións políticas sobre
estratexia, programa e organización, poderase acadar un amplo
consenso posterior sobre as persoas idóneas para dirixir a
organización no difícil momento actual. Evitar ese debate político
non facilitará unha explicación coherente sobre o que nos separa da
confianza electoral maioritaria, primeiro diante ós cidadáns e logo
internamente .
O
Partido dos Socialistas de Galicia, non precisa máis calificativos.
Tanto como organización territorial do PSOE canto como
organización galega que só actua sobre os problemas deste país,
outros poderár igualar pero non superar o compromiso socialista
para abordalos. Defendendo un programa reformista nas institucións
de autogoberno e tamén nas institucións locais. Existen outros
grupos políticos que se identifican coa esquerda ou co nacionalismo.
O espacio socialista é distinto: unha organización socialdemócrata
galega, unida federalmente ó PSOE e que quere representar a ós
cidadáns que se autodefinen como de centro esquerda, segmento
maioritario en tódalas enquisas sociolóxicas.
DE
ONDE VIMOS
O
Partido Socialista moderno foi refundado entre os anos 1974, congreso
de Suresnes e 1979, cando se abandona o marxismo como referencia
ideolóxica e política. Entre ambas datas, o Partido pasa de ser
unha forza clandestina e testemuñal a representar democráticamente
a millóns de persoas, acadando unha notable representación nas
Cortes Constituintes e nos Concellos. Como consecuencia deixa a sua
pegada no texto constitucional e no seu desarrollo, así como no
deseño, creación e consolidación das Comunidades Autónomas. Tamén
na transformación dos Concellos en institucións de servizos de
proximidade e deseño do espazo de convivencia.
Compre
lembrar esas datas. O impulso dunha organización que foi refundada
nun momento histórico de transformación da sociedade española e
das suas institucións, permite acadar logros impensables naquel
1974: liberdades civís, institucións democráticas, amnistía
política, Constitución, Estado das Autonomías. O apoio masivo que
o PSOE recibe nas eleccións xerais de 1982, vai facilitar a rápida
construcción dos principais sistemas do Estado de Benestar: ensino e
sanidade, servizos sociais. Un logro ainda máis sorprendente no
contexto dunha grave crise económica cun difícil proceso de
reconversión industrial.
Paralelamente
se crea o Estado das autonomías, con vacilacións, mediante pactos.
Nun primeiro momento a Constitución deseña un duplo sistema de
Autonomías históricas e Autonomías novas, coa única diferencia
para as primeiras de ter iniciado o proceso na Segunda República,
pero co valor engadido de ter unha vía máis rápida de
constitución. Non existía un deseño previo do carácter das demáis
Autonomías, nin do seu número e límites territoriais. O actual
deseño, no que participaron inicialmente as Deputacións
Provinciais, é só un punto de chegada. Nin existía unha visión
clara sobre os teitos competenciais, durante moito tempo ben
diferentes e hoxe moito máis nivelados.
O
marco constitucional foi quen de permitir esos avances, ás veces
contradictorios pero finalmente exitosos, con diferentes gobernos no
Estado, centristas, populares e socialistas, pero ainda máis plurais
nas novas Comunidades Autónomas, favorecendo a
ampliación do espectro político a máis formacións e polo tanto
extendendo o pluralismo na representación, concordante coa
heteroxeneidade do electorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario