Quizaís
hoxe a Constitución, logo de 35 anos de vixencia, amosa
insuficiencias e deseños superados polo desarrollo da sociedade:
Deputacións e Senado entre eles. Quizais a nivelación de
competencias entre Comunidades Autónomas non esté dando resposta ás
necesidades diferenciais dalguns territorios e sexa chegado o momento
de revisala,. Importa suliñar as condicións que fixeron posible
aquel pacto e que seguen sendo necesarias: a inclusión más ampla
posible e polo tanto a vontade de pacto comúnmente compartida.
O
desenvolvemento local, postergado en favor do marco constitucional e
autonómico, tivo unha evolución máis pragmática, cun corpus legal
básico e tardío, pero cun dinamismo que permitiu o cambio drástico
de pobos e cidades, en equipamentos, en servizos, en calidade de
vida. Que se teña feito nun marco financieiro nunca resolto é un
mérito evidente. Hoxe, cando a dereita conservadora propon a
eliminación masiva de concellos e de representantes electos, debemos
poñer en valor que cada catro anos milleiros de persoas asuman a
representación dos intereses cidadáns sen contrapartida salarial ou
económica na inmensa maioría deles. É un exercicio democrático de
participación de grande valor que cuestiona moitos alegatos
superficiais sobre a crise do compromiso democrático.
O
Partido Socialista deixou unha fonda pegada en todo ese proceso. No
texto constitucional, cun amplo desarrollo dos dereitos e liberdades
entre outros asuntos, e no desarrollo das leis orgánicas derivadas.
Pero tamén foi decisiva a aportación socialista nos Estatutos de
Autonomía, entre eles o de Galicia, e no desarrollo local.
Hoxe
o PSOE é unha referencia política para millóns de persoas en todo
momento. Tamén é unha referencia para todolos sectores de opinión,
profesionais e creadores, para as empresas e para os sindicatos, para
os inmigrantes, para os países da nosa contorna. Nas peores
circunstancias electorais o Partido segue sendo o facho que propon
solucións ás arelas das persoas progresistas e das persoas
necesitadas don apoio dos poderes públicos, dos que cren na
igualdade e acreditan na extensión dos dereitos. Ese apoio, esa
esperanza, ás veces é crítico, do xeito que pode selo na
democracia, retirando o apoio electoral, pero non é irreversible.
Dende
2008 España atravesa unha crise económica moi fonda, sen
precedentes inmediatos, común a moitos países europeos. Unha crise
derivada das políticas desreguladoras da actividade financieira
impulsadas polos gobernos conservadores de Estados Unidos e Reino
Unido, e que agora nos alcanza. Unha crise que ten derivado en crise
política, provocando a perda do Goberno, e cada vez máis nunha
crise social.
Esa
crise política está afectando ó Partido Socialista. Erros de
apreciación no último Goberno de España, provocaron unha reacción
tardía que nos enemistou co electorado, malia outros logros en
políticas sociais. Así encadeamos unha sucesión de derrotas
electorais, nas eleccións xerais, autonómicas e municipais.
Un
ciclo de derrotas non é o fracaso dun modelo político. Pero si
unha obriga de cambio, de revisión das propostas e da acción
política no contexto das sociedades española e galega, ás que nos
debemos e ás que estamos obrigados a propoñer obxetivos e solucións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario