Que a crise do socialismo español, coincida cos límites devanditos da
Constitución, cos novos desafíos prantexados polas propostas de
segregación en Cataluña ou polos novos movimentos sociais que
cuestionan as institucións democráticas, nos leva a considerar
globalmente ambos procesos. Para moitos cidadáns a política e os
seus representantes son hoxe parte do problema e non da solución.
Nesa concepción coexisten duas percepcións. Dun lado a constatación
do progresivo alonxamento da vida política a respecto dos cidadáns.
Unha linguaxe oscura, institucións ritualizadas, multiplicación de
institucións, diferencias mínimas en moitas políticas sectoriais,
non axudan a comprender o que se debate en cada intre. É doado
simplificalo nun debate de principios pero nas institucións democráticas se discuten a cotío melloras sobre políticas en curso e rara vez
cambios estratéxicos. As estruturas de Partido, herméticas para os
cidadáns incrementan o alonxamento.
Pero
hai unha segunda explicación. O pensamento conservador, dominante en
Occidente, ten imposto a sua axenda política na meirande parte dos
Gobernos. A reducción dos servizos públicos, o pulo da desigualdade
como instrumento de competitividade, a depauperación da clase media,
a deslocalización da producción, a privatización parcial e
progresiva dos grandes servizos universais, son exemplos de políticas
creadas nos “think-tank” conservadores e expandidos acríticamente
por todolos países. Os partidos conservadores, que se nutren
directamente dese pensamento, ofrecen propostas populistas pero
desarrollan políticas agresivamente ideolóxicas. Aproveitan a
situación de incerteza na que viven tantas persoas, para impulsar un
cambio de modelo social e económico cun Estado máis reducido en
tamaño e prestacións e coa privatización máis ampla posible dos
servizos públicos, mantendo ou reducindo, según os casos, a
participación e control dos poderes públicos.
Non
rexeitemos a nosa parte de responsabilidade. A Constitución e a lei
electoral, para evitar os problemas da Segunda República,
reforzaron o papel dos partidos políticos, mediante
circusncripcións provinciais, umbrais de acceso e listas bloqueadas.
Así, a responsabilidade e o coñecimento directo dos representantes
electos foron sustituidos pola adhesión de Partido. Os cargos
electos non rinden contas diante dos cidadáns, sinón na estructura
interna. Os cidadáns rexeitan esas estruturas percibidas como
pechadas e autorreferentes.
E
sin embargo os cidadáns continuan a identificar o Partido cun feixe
de valores: igualdade, solidaridade, dereitos das minorías,
representante dos traballadores e das persoas con dificultades. En
ningun caso, representante dos poderosos, dos intereses dos máis
acomodados ou contrarios ós dereitos sociais de calquera colectivo.
Nin nos peores momentos de apoio electoral, tense mudado esa
consideración. Logo somos nos quen debemos repensar a nosa acción e
as necesidades da sociedade actual, que non son as da Transición,
así como as formas de dar resposta política, que tamén deben
evoluir.
Os
problemas internos e organizativos do PSOE non son relevantes e polo
tanto deben ser abordados como consecuencia dunha nova estratexia
política e non como un problema sinon como un medio. A traslación ó
debate político das diferencias internas, persoais ou estratéxicas,
é un erro que distorsiona a mensaxe do Partido , sustituindo o
debate dos problemas dos cidadáns, por debates nominalistas alleos á
realidade social.
Cando
as diferencias de criterio, que deben ser discutidas e sometidas a
votación nos órganos internos, son trasladadas ó debate público,
o Partido non gaña credibilidade, os electores desconfían da
capacidade da organización para impoñer unha axenda política
distinta e só os conservadores atopanse cómodos, ofrecendo todo
tipo de plataformas mediáticas para axudar a crebar a confianza
electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario