domingo, 14 de junio de 2015

NO BÓ CAMIÑO

A constitución dos novos Concellos no día de onte, ofrece un panorama ben distinto da etapa anterior. No ámbito das cidades de máis de 50.000 habitantes no Estado, a situación queda resumida no cadro anexo, que permiten albiscar o cambio de goberno nas vindeiras eleccións xerais. Tamén permiten supoñer que as Mareas/Plataformas poderán ter un importante Grupo Parlamentario nas Cortes Xerais. O futuro queda nas mans da esquerda, nomeadamente socialista.

No ámbito galego o PSdeG-PSOE pasa de gobernar tres cidades e unha Deputación a gobernar duas cidades e tres Deputacións. O PP de tres cidades e tres Deputacións a unha máis unha. O BNG non varía e as Mareas acadan tres cidades.

ESPAÑA. CIDADES +50.000

ALCALDÍAS
POBOACIÓN GOBERNADA
PSOE
68
9 MILLÓNS
PP
39
5 “
MAREAS/PLATAFORMAS
10
6 “
OUTROS (PNV-CiU-BNG-CC-ETC)
27
4 “

miércoles, 10 de junio de 2015

VOTOS, NON DEMONIOS

Feijóo leva seis anos demonizando as coalicións de goberno e ó "Bipartito" (enténdase goberno de coalición presidido por Touriño), en tódolos debates e ocasións. Dende hai quince días ten o síndrome do converso. Igual co resto do PP, está disposto a pactar con calquera, en todo lugar, mesmo sen límites. Así dixo o Sr. Louzán antes de ofrecerlle un pacto ó grupo que ata ese día era alcumado de facer política cubana ou venezolana. Na mesma onda, a señora Aguirre quería pactar con Cidadáns e co PSOE. Mesmo propon unha grande coalición "para frear ós soviets". Qué imaxe, Aguirre, afogada pola corrupción, centinela de Occidente fronte ós bárbaros. Pura imaxinería franquista. Tamén o Sr. Monago non descartou pactar con Podemos; Feijóo, presente nese acto, aplaudiu esa gallarda postura.

Na campaña electoral galega Núñez Feijóo ofrecía un día pactar con Cidadáns e outro día co socialismo moderado. Logo de seis anos predicando contra os gobernos de coalición, agora di que "os pactos están no ADN do PP". Semella ter caído do cabalo de Saulo e descubrir a verdade logo dunha vida enganando. Quere pactar con calquera, suponse que por coherencia programática, no mellor estilo de Groucho Marx.

Alerta Feijóo coa inestabilidade institucional cando a única inestabilidade ven provocada por subordinar á Xunta ós intereses partidarios e de promoción persoal coa vista posta en Madrid. É certo que o PP atopa dificultades para ter socios de goberno. Colleitan o que sementaron logo de anos rexeitando calquera tipo de acordos ou pactos. Instalados na soberbia, non acaban de comprender o denominador común dos resultados electorais, o rexeitamento das políticas económicas inxustas e desiguais, e da corrupción que aniña nos gobernos populares.

A lei vixente, artigo 140 da Constitución española, establece que os Alcaldes son elexidos polos concelleiros electos. Va de seu que será Alcalde(sa) que teña a maioría dos votos. Esa a lei vixente e pode cambiarse, sempre que haxa un consenso tan amplo como houbo en 1978. Pero a alternativa non será, como querían Feijóo e Rajoy, que un grupo minoritario teña o plus da maioría absoluta. En España as coalicións todavía son recentes, pero na Europa comunitaria hai 25 gobernos estatais de coalición, e só tres de maioría absoluta, Reino Unido (cun sistema electoral maioritario), España e Malta (ambas con sistemas electorais proporcionais).

Agora entonan o mea culpa e asumen que comunicaron mal. En realidade mentiron. Chamaron austeridade á desigualdade, falaron de recuperación omitindo que era para a minoría. Dixeron rigor e foi corrupción.
.



martes, 9 de junio de 2015

TEMPO NOVO

Quince días despois das eleccións locais, a paisaxe vai quedando nidia. A un lado o PP que tendo gañado en termos absolutos resulta perder en termos relativos pois cederá o control de moitos Concellos, Comunidades Autónomas e Deputacións Provinciais, pola política de pactos inevitable nun contexto de fragmentación electoral. Doutro lado o Partido Socialista que, cun leve incremento electoral, acada a dirección de moitas das devanditas institucións, pola sua maior centralidade para fraguar pactos e coalicións. Finalmente a irrupción de novos partidos e coalicións engade unha novedosa vía con efectos institucionais inmediatos: Santiago, Coruña ou Ferrol, pero tamén Madrid, Barcelona ou Valencia.

Xurde un escenario interesante pois modificará as prioridades e sobre todo as formas de actuar. Probablemente con sobresaltos e dúbidas, inevitables nun contexto de gobernos máis  heteroxéneos. Pero tamén un escenario creativo que pode axudar a innovar en problemas enquistados: reformas institucionais, electorais, políticas sectoriais, etc.

A día de hoxe o PP semella desarbolado. A sucesión de ataques, ameazas á estabilidade, apelacións a todo tipo de acordos pero rexeitamento a modificar a política económica, expresa o desconcerto instalado na cúpula conservadora. Nin acaban de asimilar o resultado electoral nin de comprender a mensaxe común ós resultados: o rexeitamento social da política económica, da rebaixa dos dereitos e prestacións sociais e da corrupción xeral no entorno dos conservadores.

En Galicia, o Presidente Feijoo responde á esa pauta de comportamento. Vociferante contra todo e contra todos, rexeitando calquera cambio de rumbo nunha política fracasada e atento a sua proxección en Madrid. Mentras a gobernación de Galicia está abandoada e todolos indicadores alonxados do resto de España, asistimos a un xogo de salón entre dirixentes populares á busqueda dun espazo no tempo novo.

miércoles, 27 de mayo de 2015

LECTURAS DE PRIMAVERA-3

Una obra monumental que cubre desde los orígenes hasta 1492 en su primer y único volumen hasta ahora publicado. El autor, conocido historiador inglés y judío, escribe una muy interesante narración con pulso divulgador, no en vano es también autor de series documentales históricas para la BBC.

Un texto fascinante cuyo principal  interés  reside en clarificar la formación del pueblo judío, a partir de una forma de religión monoteista basada en la doctrina del Libro, enriquecido por la Torá. A lo largo de 500 páginas vemos a los judíos en su contexto, como pobladores de diferentes lugares de Egipto y Próximo Oriente, en convivencia con otros pueblos y religiones. También la temprana aparición de la discriminación, execración y persecución periódica.

El cristianismo y en menor medida el islam, también religiones monoteístas y basadas en el Libro, aparecen a veces como coetáneas y otras como perseguidoras. No se ocultan los préstamos entre unas y otras, en prácticas, principios y cultos. Al tiempo se desmonta un mito frecuente en España, la coexistencia pacífica de las tres regiones en Al-Andalus hasta la expulsión decretada luego de la conquista del Reino de Granada.

LECTURAS DE PRIMAVERA-2

Un análisis mordaz sobre el circo que reune a los poderosos, financieros, ejecutivos y demás fauna del dinero, a imitación del microcosmos reflejado por Thomas Mann en la novela de similar título. Circo al que se suman personajes ubicuos como Clinton o Bono. De éste se hace un retrato demoledor cuestionando con datos su pretendida filantropía y situándolo en su contexto irlandés como un especulador notable.
El libro, en realidad un reportaje, desmonta el cinismo de ese tipo de reuniones que sirven como feria de vanidades de sus protagonistas que entre fiestas y cócteles no se resisten a incorporar pinceladas de buenas intenciones para la redención del mundo, obviamente sin consecuencias sobre su cuenta de resultados. El libro está escrito con un estilo desenfadado que no impide un retrato cáustico  y documentado.

lunes, 20 de abril de 2015

LECTURAS DE PRIMAVERA-1

Monumental biografía, 1200 páginas, de uno de los arquitectos del actual orden económico internacional (FMI y Banco Mundial), asombrosamente bien escrita con ese estilo inconfundible de los biógrafos ingleses. Minuciosa en extremo, a veces sigue al autor semana a semana a lo largo de años, llena de información interesante como corresponde a un personaje excepcional.

La obra recorre la vida rica en vicisitudes de alguien dotado excepcionalmente. Estudiante y luego profesor en los centros más elitistas, miembro preclaro del círculo de Bloomsbury y por tanto en permanente contacto con artistas notables, asesor del Tesoro en las frustrantes negociaciones que siguieron al Tratado de Versalles, negociador de las condiciones económicas de la 2ª Guerra Mundial en nombre del Reino Unido, autor prolífico, grafómano, polemista incansable, mecenas,   etc.

Con excepción de un capítulo dedicado al análisis de su obra y a sus ideas sobre política monetaria, el resto es de lectura fascinante sobre una personalidad desbordante y sobre un período histórico conflictivo en el que los errores derivados de la Gran Guerra condujeron a la Segunda, aprovechada por Estados Unidos para dar la puntilla al declinante Imperio británico.

lunes, 6 de abril de 2015

FORO ECONÓMICO DE GALICIA

Históricamente en Galicia as élites, académicas, económicas ou intelectuais, teñen declinado a función directiva da sociedade. Aconteceu no século XIX e tamén no XX, agás o pequeno paréntese  da preguerra civil e moi parcialmente no período democrático recente. Ainda hoxe, os grupos económicos ou culturais con vocación de influenza no evoluir da sociedade, son inexistentes. Unha diferencia notable coma sempre con Cataluña e o  País Vasco.

Esa función tense deixado nas mans exclusivas do poder politico ainda sabendo que a sua capacidade, legal, técnica ou financieira, ten límites estreitos e que difícilmente pode funcionar orfa de inputs, orientacións e complicidades. Ese baleiro non pode ser cuberto por entidades financieiras, como aparentaban tentar as Caixas de Aforros, ou de comunicación, porque está baseado no debate de ideas, nunha axenda de cambios compartida e nunha estratexia posibilista.

Nese páramo o labor  do FORO ECONÓMICO DE GALICIA resulta singular alén de productivo. Ata hoxe ten publicado dez documentos, de grande interese, e un documento de síntese con 50 propostas para Galicia. Os primeiros abordan, con datos e reflexión sobre os mesmos, temas como:
sector forestal, comercio exterior, estratexia de marca-país, demografía, internacionalización, infraestruturas, financiamento autonómico, sector alimentario, sector naval e portos. Unha radiografía minuciosa do país a cargo dun abano de coñecidos expertos que reflicten o pluralismo social e político.