Históricamente en Galicia as élites, académicas, económicas ou intelectuais, teñen declinado a función directiva da sociedade. Aconteceu no século XIX e tamén no XX, agás o pequeno paréntese da preguerra civil e moi parcialmente no período democrático recente. Ainda hoxe, os grupos económicos ou culturais con vocación de influenza no evoluir da sociedade, son inexistentes. Unha diferencia notable coma sempre con Cataluña e o País Vasco.
Esa función tense deixado nas mans exclusivas do poder politico ainda sabendo que a sua capacidade, legal, técnica ou financieira, ten límites estreitos e que difícilmente pode funcionar orfa de inputs, orientacións e complicidades. Ese baleiro non pode ser cuberto por entidades financieiras, como aparentaban tentar as Caixas de Aforros, ou de comunicación, porque está baseado no debate de ideas, nunha axenda de cambios compartida e nunha estratexia posibilista.
Nese páramo o labor do FORO ECONÓMICO DE GALICIA resulta singular alén de productivo. Ata hoxe ten publicado dez documentos, de grande interese, e un documento de síntese con 50 propostas para Galicia. Os primeiros abordan, con datos e reflexión sobre os mesmos, temas como:
sector forestal, comercio exterior, estratexia de marca-país, demografía, internacionalización, infraestruturas, financiamento autonómico, sector alimentario, sector naval e portos. Unha radiografía minuciosa do país a cargo dun abano de coñecidos expertos que reflicten o pluralismo social e político.
No hay comentarios:
Publicar un comentario