Os autores, dous reputados catedráticos galegos de economía, fan unha extensa analise das políticas económicas que levaron á crise, do xeito no que ésta cuestionou algunhas teorías, do papel dos mercados e do posible futuro.
Trátase dunha obra extensa, densa, asequible para un lector interesado pero que esixe certa familiaridade coas teorías de política económica.
A obra é moi crítica coa desregulación dos mercados financieiros iniciada nos anos 80 pola Administración Reagan, seguida con entusiasmo polo goberno Thatcher e finalmente imposta coa globalización. A revisión dos fitos desa evolución causa desazón, pois debuxa un escenario onde decisións marcadamente ideolóxicas foron aceptadas como dogma económico, mentras paralelamente a política era sacrificada en beneficio dos chamados mercados.
Os autores censuran a política de austeridade imposta en España e noutros países, que califican de suicida e defenden, con datos elocuentes, unha política de crecemento e un novo diálogo entre mercados e política, aceptando que non é posible unha "desglobalización financieira" pero si acordos en marcos territoriais distintos como a Unión Europea.
martes, 25 de noviembre de 2014
LECTURAS POLÍTICAS OUTONO- 1
Politikon é un colectivo de analistas, multidisciplinar, xóvenes pero de ampla traxectoria, que manteñen un blog de análise política baixo ese nome.
O libro que agora editan ten un grande interese. Pola linguaxe utilizada, divulgativa ainda que rigurosa, pero sobre todo por abordar os temas principais da axenda política española, dende posicións críticas, máis constructivas e desfacendo moitas ideas preconcebidas sobre algus problemas omnipresentes en tribunas e tertulias.
Os problemas analisados son: a estrutura dos partidos políticos, o sistema electoral, a colonización política da administración e dos reguladores, carecendo así do principal contrapeso ós inevitables excesos do poder, e a febleza da sociedade civil.
Ademáis reflexionan sobre as causas da corrupción, a orixe da crise política actual e o círculo vicioso de burbulla inmobiliaria, cunha masiva participación social na mesma, máis discrecionalidade dos gobernos, politización das caixas de aforro, e crise financieira. Un cóctel fatídico que incidiu máis en España porque a dimensión do problema (endebedamento privado) era maior. Suliñan os autores como a burbulla inmobiliaria e os riscos potenciais, eran elementos ben coñecidos anteriormente, pero sobre os que non existían incentivos políticos para actuar.
Teñen especial interese as reflexións sobre o liderato no seo dos partidos, os límites e beneficios dunha reforma da lei electoral e sobre os mecanismos de presión que poden desenvolver os cidadáns.
O libro que agora editan ten un grande interese. Pola linguaxe utilizada, divulgativa ainda que rigurosa, pero sobre todo por abordar os temas principais da axenda política española, dende posicións críticas, máis constructivas e desfacendo moitas ideas preconcebidas sobre algus problemas omnipresentes en tribunas e tertulias.
Os problemas analisados son: a estrutura dos partidos políticos, o sistema electoral, a colonización política da administración e dos reguladores, carecendo así do principal contrapeso ós inevitables excesos do poder, e a febleza da sociedade civil.
Ademáis reflexionan sobre as causas da corrupción, a orixe da crise política actual e o círculo vicioso de burbulla inmobiliaria, cunha masiva participación social na mesma, máis discrecionalidade dos gobernos, politización das caixas de aforro, e crise financieira. Un cóctel fatídico que incidiu máis en España porque a dimensión do problema (endebedamento privado) era maior. Suliñan os autores como a burbulla inmobiliaria e os riscos potenciais, eran elementos ben coñecidos anteriormente, pero sobre os que non existían incentivos políticos para actuar.
Teñen especial interese as reflexións sobre o liderato no seo dos partidos, os límites e beneficios dunha reforma da lei electoral e sobre os mecanismos de presión que poden desenvolver os cidadáns.
miércoles, 29 de octubre de 2014
INERMES DIANTE DA CORRUPCIÓN
Os medios de comunicacion ofrecen
unha imaxe desoladora da vida publica española e galega. Os incesantes escándalos derivan no maximo
desprestixio das institucions e poñen de manifesto a incapacidade da politica para
correxir e impedir a corrupción.
Debemos prescindir das letanías habituais
sobre presunción de inocencia, independencia da xustiza ou peso da
lei. Son fórmulas retóricas. As epidemias se combaten con medidas de choque e con
mecanismos de prevención rigurosos. Temos un problema maiúsculo que
corroe a democracia.
A corrupción non distingue de
partidos. afecta a todos en maior ou menor grao. É un problema
estrutural que necesita medidas estruturais e non cosméticas como Feijoo propuxo no pasado debate do Estado da Autonomía. Medidas que afronten os
problemas de fondo, incluido o rexime e funcionamento dos partidos
políticos, que son parte notable do problema.
O Grupo Socialista, modestamente pero con responsabilidade, ten proposta numerosas iniciativas para prever a corrupcion. Todas foron vetadas pola maioría, que non quere acordos pero carece de
propostas.
Hai un problema engadido co
financiamento ilícito do Partido Popular, que agroma en todalas
investigacións. Existe unha consigna de silencio nos dirixentes populares. Os sumarios xudiciais apuntan a unha
corrupción institucionalizada , mediante tramas societarias creadas
á sombra do poder. Entres outros fins, para o financiamento do partido, cunha "caixa B" xeneralizada, para pagar sobresoldos, obras, gastos
correntes.
Nos sumarios hai de todo. Empresas que reciben
contratos da Xunta e pagan comisións, conseguidores do entorno
persoal do Presidente, desvío de fondos de formación, conversas compremetedoras. En todolos casos foron denuncias da
prensa ou dos traballadores as que provocaron a investigación
xudicial. Nunca foi o control ou a iniciativa das Administracións. Paralelamente a maioría, nas Cortes e no Parlamento galego, paralisou todalas iniciativas
anticorrupción dende hai ano e medio. Hoxe o problema é peor que
nunca.
Nun célebre grabado de Goya, dous homes pelexan a garrotazos baixo a pálida luz do mencer. Tense considerado que é unha representación do conflito das duas Españas, condeadas a pelexar por carecer de espazos de encontro. Desgrazadamente na vida política impera unha visión inmediata que tenta transformar a denuncia da corrupción en parte do arsenal dialéctico con fins electorais, esquecendo a necesidade de abordar as raíces do problema.
A estratexia a seguir. ata hoxe, non existe. Se evitan acordos serios e comprometidos para ofrecer xestos. Así, probablemente, a corrupción continuará no futuro, ata que se adopten medidas rigurosas, alomenos en tres asuntos:
a) Despolitizar a Administración para que
sexa contrapeso do goberno. Feijoo fixo o contrario reinstaurando a máxima politización da era Fraga que fora eliminada polo goberno Touriño.
b) Despolitizar os órganos reguladores. Non é creíble que un exconselleiro e máximo dirixente
do seu partido, supervise as contas públicas
c) Ampliar a transparencia do goberno, da
administración e dos seus organismos, tamén da administracion
local.
Rajoy pediu perdón. Non abonda. Hai que actuar. Nada fai prever que asi se faga a curto prazo.
miércoles, 22 de octubre de 2014
ORZAMENTOS 2015
Na presentación do Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta para 2015, a Conselleira de Facenda recoñeceu que estaban presididos pola prioridade do axuste. Non pola loita contra o desemprego, nin polo compromiso co crecemento, nin polo consumo, nin polo benestar.
As consecuencias de cinco anos continuados de axuste, son moi visibles. Estancamento, depresión, nunca crecemento. Desemprego consolidado, mocedade emigrando, consumo mínimo. Envellecemento e despoboamento, un país en declive. A reforma do mercado de traballo introduciu un modelo dual, con enorme precariedade e devaluación salarial, pero non crecemento do emprego.
Hoxe Galicia, como España, ofrece menos oportunidades e máis desigualdade.
Nunha vistosa, presentación do orzamento 2015, en especial nas páxinas 59, 60 e 61 describese o compromiso co crecemento intelixente, sostible e integrador. Como eixos se citan a economía do coñecemento, que rexistra unha caída do 15% en cinco anos, as políticas activas de emprego, reducidas nun 54%, a atención ós colectivos máis desfavorecidos, minoración do 27%, a dinamización demográfica, simplemente ausente do orzamento, as infraestruturas, que baixaron un 56%, a competitividade empresarial, que anota unha baixada do 50%, a sensibilidade ambiental, reducida nun 70% e o control ambiental, que se resume no modelo SOGAMA, incompatible coas directrices europeas. Cifras do 2015 en relación co 2009.
¿Ilusión? ¿Voluntarismo? ¿Marketing? ¿Cinismo?. Un cadro das principais magnitudes, é o seguinte:
ORZAMENTOS 2015 (en millóns de euros)
2009 2015 DIFERENCIA %
Función 32 Promoción do emprego 421 193 - 228 - 54
Función 41 Sanidade 3.767 3.409 - 358 - 10
Función 42 Educación 2.404 2.048 - 356 - 15
Función 45 Vivenda 211 41 - 170 - 80
Función 51 Infraestruturas 596 264 - 332 - 56
Función 54 Actuacións medioambientais 295 90 - 205 - 70
Función 71 Dinamización economía rural 409 309 - 100 - 25
Función 72 Pesca 174 54 -120 - 69
Función 74 Desenvolvemento empresarial 205 103 -102 - 50
Función 9 Débeda Pública 393 1.515 + 1.122 + 285
Capítulo II Gastos en bens correntes 1.394 1.388 - 6 - 0,4 Capítulo VI Investimentos reais 1.462 699 - 863 - 52
Capítulo VII Transferencias de capital 1.246 546 - 700 - 56
As consecuencias de cinco anos continuados de axuste, son moi visibles. Estancamento, depresión, nunca crecemento. Desemprego consolidado, mocedade emigrando, consumo mínimo. Envellecemento e despoboamento, un país en declive. A reforma do mercado de traballo introduciu un modelo dual, con enorme precariedade e devaluación salarial, pero non crecemento do emprego.
Hoxe Galicia, como España, ofrece menos oportunidades e máis desigualdade.
Nunha vistosa, presentación do orzamento 2015, en especial nas páxinas 59, 60 e 61 describese o compromiso co crecemento intelixente, sostible e integrador. Como eixos se citan a economía do coñecemento, que rexistra unha caída do 15% en cinco anos, as políticas activas de emprego, reducidas nun 54%, a atención ós colectivos máis desfavorecidos, minoración do 27%, a dinamización demográfica, simplemente ausente do orzamento, as infraestruturas, que baixaron un 56%, a competitividade empresarial, que anota unha baixada do 50%, a sensibilidade ambiental, reducida nun 70% e o control ambiental, que se resume no modelo SOGAMA, incompatible coas directrices europeas. Cifras do 2015 en relación co 2009.
¿Ilusión? ¿Voluntarismo? ¿Marketing? ¿Cinismo?. Un cadro das principais magnitudes, é o seguinte:
ORZAMENTOS 2015 (en millóns de euros)
2009 2015 DIFERENCIA %
Función 32 Promoción do emprego 421 193 - 228 - 54
Función 41 Sanidade 3.767 3.409 - 358 - 10
Función 42 Educación 2.404 2.048 - 356 - 15
Función 45 Vivenda 211 41 - 170 - 80
Función 51 Infraestruturas 596 264 - 332 - 56
Función 54 Actuacións medioambientais 295 90 - 205 - 70
Función 71 Dinamización economía rural 409 309 - 100 - 25
Función 72 Pesca 174 54 -120 - 69
Función 74 Desenvolvemento empresarial 205 103 -102 - 50
Función 9 Débeda Pública 393 1.515 + 1.122 + 285
Capítulo II Gastos en bens correntes 1.394 1.388 - 6 - 0,4 Capítulo VI Investimentos reais 1.462 699 - 863 - 52
Capítulo VII Transferencias de capital 1.246 546 - 700 - 56
miércoles, 8 de octubre de 2014
2014 ESTADO DA AUTONOMÍA
I-
ONDE ESTAMOS
A Comunidade
Autónoma existe para cumplir dous obxectivos. En primeiro lugar,
defender a identidade de Galicia e dos seus intereses; en segundo
lugar promover a solidariedade entre todos cantos integran o pobo
galego. Asi consta no primeiro artigo do Estatuto de Autonomía.
Para
este Grupo os problemas principais deste país son o paro,
a pobreza e a desigualdade.
Co actual goberno de Galicia , os tres problemas aumentan día a día
e afectan á inmensa maioría dos cidadans. Sin embargo, non son as
prioridades da Xunta. O demostran coas políticas, cos orzamentos,
cos resultados, mesmo cos xestos.
O Presidente Feijoo, cando
debe elexir, antes actúa como Presidente do seu partido que como
Presidente de todolos galegos. Afronta os problemas do país mirando
para os seus intereses electorais. Reiteradamente coloca a este país
como unha filial da Moncloa ou da rúa Génova,
esquecedo as necesidades propias. Faino co financiamento da autonomía
perdendo recursos imprescindibles, polos intereses electorais do PP .
Faino co mapa xudicial onde vostede aceptaba sete partidos
xudiciais, o taxazo e a privatización dos rexistros civís. Faino
con Navantia, defendendo os intereses do PP en Cádiz antes que
cumplir alomenos unha promesa en Ferrol. Faino co sector eólico
liquidado sen discutir alternativas, co sector agrario, etc.
Nos anteriores
debates da autonomía, as propostas principais de Feijoo foron:
2010. Concurso
eólico, non subir o IVE,
2011. Control da
débeda, lei do solo.
2012. Fusión de
concellos
2013. Crecemento
solidario que non esqueza a nadie
Non cumpriron
nengunha. No 2014 o Presidente propon mellorar a transparencia, con medidas
que rexeitaron hai poucas semanas cando as propuso este Grupo. Propon
un plan de emprego xuvenil que rexeitou hai un ano. Un plan para
desempregados sen cuantificar. Un plan de reindustrialización
prometido dende 2011, sen recursos e unha Lei do Solo sen acordo. Non
podemos acreditar en compromisos tan incumplidos.
España é o país
onde máis aumentan as distancias entre ricos e pobres. Tamén
donde mais baixan os salarios. No último ano os 7000 galegos máis
ricos incrementaron o seu patrimonio en 4800 m€, equivalentes ó
9% do PIB. Esa situación é un aldraxe para os 280.000
parados, para os 7000 perceptores da RISGA que viven con 400 euros,
para os pensionistas, para os que viven co salario mínimo ou menos.
É demoledor para as clases medias empobrecidas,
desmoralizador para a xuventude.
II-
A IDEOLOXÍA CONSERVADORA FRACASA CONTRA A CRISE
Para
facer fronte á crise, aplicaron politicas de axuste fiscal e
devaluación salarial. Dous coñecidos catedráticos galegos,
Antón Costas e Xosé Carlos Arias, que as estudaron a fondo, as
califican de ideolóxicas, literalmente de suicidio económico.
En contraste con Estados Unidos onde políticas de estímulo da
demanda tiveron resultados favorables.
Non
resolveron o problema máis grave, a débeda, que non cesa de
medrar. Nin resolveron a crise bancaria. A
liquidez inxectada polo BCE recuperouna como depósitos dos
bancos, sen repercusión na economía ou no crédito. Diante dunha
nova depresión, con riscos de deflación ou estancamento
prolongado, o BCE pide incrementar a inflación, como fixo
Estados Unidos. Mesmo Alemaña e o FMI inician tímidamente outro
discurso: investimentos públicos, emprego xuvenil, crecemento. E a
Xunta?
O PP quería unha fonda desigualdade no reparto de cargas en
beneficio das grandes rentas e patrimonios. Reduciron áreas do
Estado de Benestar como sanidade, educación, formación
laboral, investigación, fundamentais para o crecemento da
economía a longo prazo e nas que unha longa interrupción provoca
danos irreparabeis. Hoxe temos a débeda multiplicada, o consumo
paralisado e o desemprego de longo prazo consolidado.
Non
podemos competir exclusivamente en custos salariais. Necesitamos
crecemento diferencial, acurtar distancias en capital humano,
innovación, tamaño das empresas, custos enerxéticos, acceso ó
crédito. Un exemplo, en Galicia o 42 % da poboación activa e o 54%
dos parados, ten baixa cualificación fronte ó 15% dos principais
países.
INDUSTRIA
Perdimos 60000
empregos industriais un de cada
catro e seguimos sen un Plan de reiundustrialización,
prometido na Lei 13/2011, nin investimentos novos nin captación
de capitais.
Propon mobilizar 500 m€ pero no orzamento non figura nengun euro.
Baixaron
a investigación a niveis de Turquía e Ucraína,
en dirección contraria ás comunidades competitivas, reducindo
proxectos, investigadores e masa crítica, algo que non se recupera
fácilmente.
Liquidaron o
sector eólico, coa suspensión
de
primas e a penalización retroactiva das instalacións anteriores
a 2004. O concurso eólico está paralisado. Según as empresas, nin
os parques serán construídos, nin os proxectos industriais
asociados, serán desenvolvidos. Non haberá 14.000 empregos novos,
nin 6.000 millóns de euros en investimento, nin ingresos por canon
eólico e alugamento de terras. No ano
2013, Galicia só instalou o 2% dos MW eólicos de
España.
A
construcción naval baixou un 80% en tonelaxe e rebosa promesas
incumplidas. O dique flotante
irrenunciable co goberno Zapatero, agora é prescindible. Os
compromisos de PEMEX,
tan publicitados, cada día menguan.
Na
actual lexislatura, o IGAPE non concedeu nengun préstamo e
só nove avais. O orzamento
baixou un 75%,
de 345 millóns en 2010 a 82 millóns de euros neste ano. As axudas
teñen mínima incidencia pola baixa contía. As empresas reclama
máis axilidade e menos burocracia. Na
captación de investimento extranxeiro suliñemos a irrelevancia
de Galicia. Como na captación de talento.
Lideramos o leite máis barato
de Europa. 33 céntimos e
contratos de tres meses na maioría das explotacións. A industria
anuncia unha nova baixada unilateral. Cando os prezos estaban altos,
demandamos aproveitar a coxuntura para estabilizalos. Rexeitaron
todalas propostas. Mudou o mercado internacional e voltamos á
casilla de saida. Neste último ano da cota láctea, os gandeiros
teñen duas alternativas, ou pagar multa ou alugar cota a 7
céntimos/litro. O sector lácteo ten hoxe os mesmos problemas
estruturais que hai cinco anos.
Estamos na vendima.
Non hai nengun contrato asinado, nengunha negociación entre
productores e adegas. Os viticultores entregan a uva sen prezo e sen
garantía de cobro, en contra das previsións da Lei de Mellora da
cadea alimentaria.
A mobilidade de
terras agrarias resta competitividade das nosas explotacións.
Seguimos á cola en Superficie Agraria Útil, a pesares do crecente
abandono de terras.
A
única política forestal segue sendo producir para pasta de papel.
A valorización da nosa madeira é nula. Lideramos a
produción de madeira, de menor calidade e prezo máis baixo.
PESCA
Na
acuicultura nin un metro cadrado de actuación.
O
mexilón, dous anos en crise con
peches continuados por toxina e proliferación de alertas
alimentarias. A Xunta non amosa interese en fomentar a DOP e
recorta os orzamentos para investigación.
Baixura e
marisqueo, abandono total. Nun
ano catastrófico pola sucesión de temporais a Xunta negouse a
adoptar medidas paliativas. Os ingresos dos mariscadores están
arredor de 450 €/mes. Aumenta o furtivismo pero retrasan as axudas
as Confradías que asumen as vixianzas.
Privatizaron os
Gardacostas, suprimiron o Seguro do Mal Tempo, e a póliza colectiva
de accidentes, consecuencias :
a) Tempos de
resposta ós accidentes no mar cada vez máis tardios e dispositivos
de rescate máis descoordenados
b) Os temporais
destruen as economías familiares que antes paliaba o seguro
c) As familias das
víctimas quedan desprotexidas
INVESTIMENTO PÚBLICO
A principal
Consellería investidora é hoxe irrelevante.
En vivenda social, a Xunta no 2009 executaban 56 m€ , hoxe 1´5
m€. Paralisado o Plan Nacional de Vivenda. 500 vivendas públicas,
dispoñibles para desafiuzamentos, ocupadas 33 pero 12000 galegos
foron desafiuzados.
Solo industrial, a
Xunta dispon de 960 parcelas que totalizan 2´8 millóns de m2,
ademáis do porto seco de Monforte e dos tres millóns de m2 da
PLISAN de Salvaterra, onde so medra a herba. Fixeron un Plan é só
colocaron o 4% das parcelas.
Modelo de
residuos, insostible medioambientalmente e baseado no engano
ós centos de miles de fogares que clasifican o lixo para que logo
sexa incinerado ou soterrado indistintamente e baixo tarifas
abusivas. En urbanismo nin un so dos plans previstos na
directrices de ordenación territorial está en vigor.
FINANZAS PÚBLICAS
Reduciron o
gasto público en máis de 1100 m€ anuais.
Rexeitaron subir impostos ás rendas ou patrimonios mais altos e
xeneralizaron
taxas e repagos. Hoxe pagamos
máis por menos. Maís pagos, menos servizos.
Anuncian
unha reforma fiscal que favorece abertamente ás rentas máis
elevadas.
Voltaire, definía
a arte de gobernar como
despoxar da maior cantidade posible de diñeiro a unha clase de
cidadáns, para transferila a outra. Estano aplicando en favor dos ricos. Para a minoría rica,
amnistía fiscal, inxusta e
indecente. Quen defraudou, regulariza a prezo simbólico.
No
2009 a débeda representaba o 6.8% do PIB, hoxe o 17.1%. O custo
pasou do 4 % do orzamento ó 20 % e no ano 2015 chegará a
10.500 millóns de euros, máis outros 3.000 m€ de endebedamento
con empresas. É difícil falar
de solvencia. Si hai deflación, será imposible reducila. A maioría
das CCAA se financian en mellores condicións que Galicia. Dos novos
5.700 m€ dispoñibles recibiremos 122 millóns de euros, o 2 %
dese total.
Falta eficiencia no goberno. Nos
últimos tres exercicios orzamentarios deixaron sen executar un de
cada tres euros de gasto productivo, 2.072 millóns de euros. E imos
a peor. No ano corrente está sen executar o 82%. E con prioridades
erróneas, exemplo, cen millóns
de euros en informática da administración, cero euros en vivenda
social, que crea emprego.
Aceptaron
adiar o novo financiamento autonómico, resignándose a menos
recursos para os anos inmediatos. Clamaban contra modeloo cando
gobernaba Zapatero e chegado o momento, deciden prorrogalo. Non
queren consensuar no Parlamento as necesidades
financieiras coa axuda de expertos.
Aceptan que o Estado minore as subvencións finalistas nun
60%. Con Zapatero, eran 570
m€/ano, con Rajoy 224 m€
Seguimos
preocupados con Abanca. O FROB
vendeuna por mil millóns de euros. Un ano máis tarde, os auditores
indican que vale máis do doble. Non hai nada que
explicar?. As
retribucións dos membros do Consello de Administración son de
600.000 euros anuais. As perdas da banca sufragadas polos cidadáns
cos seus impostos, os beneficios privatizados para uns poucos, o
crédito pechado. E a Xunta entrega o monopolio da
antigua obra social das Caixas a unha empresa,
vetando de facto a presencia doutras. Como veta a esixencia de
responsabilidades na esquencida comisión parlamentaria de
investigación .
III-
ESTADO DE BENESTAR EN LIQUIDACIÓN
SANIDADE
O
sistema de saúde era modélico. Era universal, equitativo
e gratuito, baseado nunha rede
de establecementos públicos e no carácter subsidiario da
asistencia privada mediante concerto.
A presión progresiva de intereses mercantís, está alterando esos
principios. A universalidade está cuestionada e a gratuidade
quebrada coas taxas e copagos xeneralizados. A saúde comenza a ser
un ben de consumo.
A presión
empresarial está modificando a relación entre o sector público e
o sector privado sendo o novo
Hospital de Vigo o exemplo. Asistencia clínica pública prestada en
instalacións privatizadas, con todolos servizos tamén privados,
obrigando a un novo modelo de relacións asistenciais onde os
facultativos terán que negociar con outros axentes as condicións da
prestación.
Descapitalizan a
sanidade pública. Eliminaron
460 m€ e 2000 postos de traballo. Pecharon definitivamente 275
camas hospitalarias. Paralelamente sustraen do sector
público en beneficio da mercantilización,
dende a investigación ata a historia clínica confidencial dos
pacientes, pasando por todolos aspectos tecnolóxicos e distintos
procesos de apoio. Porfian en fórmulas de xestión e retribución
rexeitadas polos profesionais. Retroceden en Saúde mental,
planificación familiar, atención de toxicomanías, mesmo na
vacinación dos menores, recortan nos hospitais comarcais. Cada
vez que falan de racionalizar, producese un deterioro.
Exemplo, a central de compras, tamén privatizada, ten derivado en
escaseza de material sanitario e abondosas queixas por retrasos e
peor calidade.
Nos últimos 35
anos, o PP non quixo pactar nengunha norma educativa, sempre opostos
a medidas igualitarias. É
opinable a Educación para a Cidadanía. Pero non é
opinable a evidencia internacional sobre a igualdade de
oportunidades. Coa LOMCE
insisten en modelos fracasados como a segregación temperá
mediante probas reválidas ou vías mortas como a Formación
Profesional Básica, que xa
fracasou en 1970. Unha vía improvisada, sen recursos co único fin
de maquillar as elevadas taxas de abandono.
Coa
segregación temperá e irreversible e a reducción da cuantía das
becas, volve a discriminación social pola orixe familiar,
renta e capital cultural. Un teito de cristal inexorable
para os menos acomodados.
A Xunta
menospreza a excelencia no
ensino. Os resultados PISA, aceptables globalmente, son preocupantes
nos niveis máis altos. Por exemplo en Matemáticas. Non parece
existir preocupación na Consellería. Como non existe
preocupación diante do retraso ou fracaso escolar.
Aos 15 anos, nove puntos maior que no País Vasco por exemplo.
Eliminaron mil douscentos profesores, suprimiron 400 millóns de
euros, reduciron as axudas para libros e os recursos dos centros
educativos.
O financiamento
universitario, retrocedeu nove anos. Por exemplo a Universidade de
Santiago perdeu 180 m€. Suprimiron 500 profesores e eliminaron
investigadores. A contía das becas baixou.
A
Xunta ignora a cultura. Pasou a ser un departamento
decorativo. Industrias
culturais e audiovisuais abandoados, creadores ignorados, patrimonio
limitado ó eclesiástico, lingua silenciada, bibliotecas sen
recursos. Nunca na historia da autonomía a cultura recibiu
menos atención.
DESIGUALDADE
SOCIAL E POBREZA
A
depauperación da sociedade galega se resume nunha cifra: 534 m€
retirados dos orzamentos. Non existe unha rede asistencial
privada que poida suplir a retirada dos poderes públicos. O esforzo
benemérito de organizacións
relixiosas ou laicas, que no último ano atenderon a 450.000 persoas,
representa un oasis nunha paisaxe catastrófica. Unha sociedade
igualitaria reclama unha rede pública que garanta a equidade e
universalidade no acceso.
Precarizaron
os servizos sociais dos concellos
menores de 20.000 habitantes e recortaron dous terzos do plan
concertado. Están impulsando a privatización e baixando a
calidade e a especialización dos servizos. Impoñen taxas, copagos e
menor cobertura no
transporte para as persoas con dificultades de mobilidade,
nos servizos de axuda no
fogar, residencias e centros de día, escolas infantís,
teleasistencia, etc.
Hoxe
están atendidas menos persoas dependentes que hai tres
anos. Incrementaron as listas
de espera e duplicaron os copagos pero o gasto por habitante é
inferior á media estatal.
17000 persoas con
dereito recoñecido non reciben atención.
Qué lle ofrecen
á xuventude? Nin traballo, nin salarios decentes, nin valoración do
estudo. No seu lugar, emigración, subemprego ou paro.
Por si os mozos non entendían, eliminaron as rendas básicas de
emancipación e disminuíron a contía das becas.
Así perdimos
nunha xeneración, 118.000 persoas mozas, o 17%
desa cohorte de edade. A capacidade desos mozos, no tramo máis
productivo da sua vida, perdese.
A política de
emigración desapareceu. Facenda está reclamando masivamente ós
pensionistas emigrantes. Ignorando o acordo pactado nesta Cámara.
Non actuan para evitar a dobre imposición.
IV- DEGRADACIÓN DE
VALORES
A política debe estar presidida pola xustiza na distribución de cargas e beneficios e pola ética das actuacións. Da falta de xustiza na sua política levo expostos moitos datos. . Hai uns días o novo portavoz do Partido Popular declaraba que a corrupción é un problema individual.. Por desgraza é un problema estrutural que so pode abordarse con decisión, con estratexia, que esixe pactos e con visión de longo prazo. Permitiron crear no Parlamento, a instancias deste Grupo, unha Comisión de estudo pero vetaron que houbera acordos.
VI- CONCLUSIÓN
Só poderemos falar de recuperación cando
os dereitos sociais sexan recuperados,
os servizos públicos volten á normalidade, o poder adquisitivo
das persoas permita un nivel de vida digno, cando os que tiveron que
marchar poidan retornar, cando entrar no paro non siñifique unha
condena, cando o ensino e a saúde volvan a estar baseados na
igualdade.
martes, 30 de septiembre de 2014
TVG
A
Lei 9/2011, dos medios públicos de comunicación de Galicia, foi
promulgada o 16 de decembro dese ano. Tres anos máis tarde permanece
bloqueada polo Goberno. O
debate da lei foi precedido dunha Ponencia conxunta na Cámara que
convocou en audiencia a 30 persoeiros para compartir as suas
reflexións. No inicio do proceso, o portavoz popular expresaba que
coa nova lei:
“Mellorase a xestión, a independencia, a democratización dos
nomeamentos, maior esixencia, reducción de custos, mellora do
control”. Tres anos máis tarde semella que esos principios xa non son válidos para a Xunta, que amosa vontade de peor xestión,
menor independencia, menor democratización, e sobre todo menor
control.
Para
qué serviron as comparencias do Consello da Cultura, de
representantes doutras televisións, dunha ampla delegación da
industria audiovisual, de xornalistas varios, mesmo do Colexio de
Xornalistas, de catedráticos de universidade e diferentes expertos? Como ten acontecido na Comisión de
Investigación sobre as Caixas de Aforro, paralisada por molesta, ou na Comisión de Estudo para a Prevención da
Corrupción, paralisada por contradictoria coa acción do goberno, os procedementos participativos están servindo para lavar a imaxe do Goberno, máis pechado que nunca a calquera atisbo de pluralismo.
A
lei vixente foi aprobado pola 80% dos votos do Parlamento. Un amplo
respaldo, pouco habitual, para unha lei que debería de suponer a
adaptación da RTVG ás necesidades da comunicación do século XXI. A
pregunta é obvia. Ten algún sentido pactar algo con este goberno?. Ou
máis xenéricamente, Serve para algo este Parlamento? Usurpada a función lexislativa en beneficio do goberno, afogada
calquera iniciativa de diálogo constructivo, incumplidas centos de
veces as obrigas regulamentarias do Goberno verbo da Cámara, como
canle das demandas cidadás,o Parlamento é hoxe un muro das lamentacións ou campo de discordia permanente. Lembremos que o Parlamento existe para encauzar
o conflicto social e ordenar as discrepancias.
A
RTVG consume 90 millóns de euros procedentes dos impostos dos
cidadáns. Cumple distintas funcións, pero incumple gravemente a
primeira, ofrecer unha información veraz e plural. Non é o problema
dos profesionais, sinon dos directivos, que limitan e cercenan a
autonomía e probidade dos xornalistas, para ofrecer a visión
sesgada da realidade que dicta a Presidencia da Xunta. Por
eso o Sr. Feijoo non permite que a lei aprobada entre en
funcionamento. Evoluir cara unha información plural,
amosaría o traxe do emperador.
Repasemos o minutado dos últimos
meses. Mes de abril, Feijoo aparece once veces máis que o Sr. Gómez
Besteiro, dirixente do primeiro grupo da oposición. Mes de xuño,
Feijoo aparece en pantalla nove veces máis. En tempo, 216 minutos,
tres horas e media. Como en Cuba. Ademáis das numerosas novas dos Conselleiros e membros do Executivo, sempre baixo o prisma informativo máis favorable. As informacións sobre a oposición resaltan os aspectos negativos ou conflictivos.
A lei ten catro mandatos básicos:
-Aprobación
do Mandato Marco, documento que establece as líneas de
funcionamento da Radio e Televisión de Galicia. Ten que ser aprobado
con maioría cualificada
-
Aprobación pola Xunta dun Contrato Programa que debe
garantir o financiamento da CRTVG para un período de tres anos.
-
Consenso para designar a nova Dirección da CRTVG.
-
Creación dos Consellos de Redacción na Radio e
Televisión de Galicia.
Velaí as cuestións polas que o PP
ten paralizada a aplicación da Lei. Porque pasa de televisión de
partido e de instrumento de goberno, a televisión pública, ó
servizo dos cidadáns.
Progresivamente, á perda de
credibilidade, engadese a perda de audiencia. A Televisión galega
está rexistrando os peores datos da sua historia, que empeoran cada
mes. Unha televisión menos relevante,
hiperpolitizada, ó servizo do partido Popular. Un modelo insostible.
E por riba na franca ilegalidade.
jueves, 4 de septiembre de 2014
SETE REFLEXIÓNS SOBRE A ELECCIÓN DE ALCALDES
A Constitución, no
artigo 140 sinala: “Os Alcaldes serán elexidos polos Concelleiros
ou polos veciños”. Dende 1979 a lei electoral optou pola elección
a medio dos Concelleiros. Na actualidade o grupo maioritario conta
cun plus de representación a través da lei D´Hondt, que se aplica
na distribución de Concelleiros. Obviamente, cando unha lista ten a
maioría absoluta de votos, tamén conta coa maioría absoluta da
Corporación. Caso contrario opera o principio de maioría política
na Corporación, mediante os pactos entre Grupos políticos, igual
que nos Gobernos estatal e autonómicos.
A nova proposta do
PP, da que non se coñece o texto, apunta a primar coa Alcaldía ó
grupo que acada o 40%, que tería enfronte ó 60% do electorado. Nin
se propon unha segunda volta, como existe en Francia, nin unha
elección directa do Alcalde, posibilidade existente na Constitución.
O único caso de
desgoberno en Galicia, ten acontecido no Concello de Santiago,
gobernado con maioría absoluta polo PP. Tres Alcaldes en tres anos,
agora ostenta a Alcaldía quen figuraba no derradeiro posto da
candidatura e gobernan con persoas non electas (sete Concelleiros non
electos dun total de trece) que foron designados polo seu partido e
non polos electores.
- NON EXISTE UNHA DEMANDA SOCIAL, NIN GRANDE NIN CATIVA
Nin nas enquisas do
CIS nin noutras fontes sociolóxicas. Os Concellos non son percibidos
como problema e teñen unha aceptable valoración.
- NON HAI CONSENSO POLÍTICO, NIN EXISTE DIÁLOGO
As reformas da lei
electoral durante a democracia, foron consensuadas. Por primeira vez
o Goberno de España manifesta o seu obxectivo de rachar co consenso
nunha norma que forma parte do bloque constitucional. Abrese un
precedente que terá consecuencias negativas no funcionamento
democrático das institucións, sesgando as normas en función dos
intereses partidistas do Goberno de turno. Igual que o PP tenta
facer coa lei electoral galega.
- NON RESOLVE PROBLEMAS PERO CREA CONFLITOS
Os Alcaldes terán
minoría social e polo tanto falta de lexitimidade para adoptar
decisións. A conflictividade social e política será maior e a
autoridade moral dos Alcaldes, menor. As institucións sufrirán
desgaste e descrédito. A función moderadora dos poderes públicos
será sustituida polo oportunismo partidista.
- PERSIGUE ESPÚREAMENTE O QUE NON CONSIGUE DEMOCRÁTICAMENTE
Coa reforma o Goberno parece
renunciar a dous obxectivos. Dunha banda á consecución da maioría
absoluta de votos. Doutra, á capacidade de acadar pactos de
gobernación, coas vantaxes que teñen para conformar políticas de
maior respaldo social. Os gobernos de coalición son habituais nas
sociedades democráticas.
O PP goberna en maís de cen
Concellos españois onde non é a lista máis votada. En Extremadura
goberna en coalición con IU.
- O GOBERNO ESTÁ DEBILITANDO ÓS CONCELLOSA recente Lei de racionalización da Administración Local expropia competencias sociais dos en beneficio das Deputacións Provinciais, que carecen de capacidade para xestionalas e polo tanto tenderán á privatización. Ademáis adiase o cumprimento do Pacto Local.Feijoo e a Xunta de Galicia, veñen defendendo a fusión de Concellos pero sen intención real de abordar os problemas de financiamento e xestión, como se comproba no caso de Oza-Cesuras, imposto de costas ós veciños e baseado en información sesgada.A defensa das Deputacións Provinciais, difícilmente sostibles no Estado autonómico, non vai acompañada, nas que gobernan, de experiencias de xestión innovadoras, nin na prestación de servizos, nin na eficacia.
- LONXE DE REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA ESTAMOS NUNHA INVOLUCIÓN INSTITUCIONAL
En Galicia,
como en Castela-Mancha, o PP modifica os Parlamentos autonómicos
para garantirse a maioría e reducir o pluralismo. En Galicia as
institucións pretendidamente autónomas, están reducidas a órganos
do PP. A nova lei da TVG, pactada hai tres anos, está bloqueada. O
Consello de Contas, dirixido por recoñecidos dirixentes populares, o
Valedor do Pobo, en funcións dende hai dous anos.
Igual que no
ámbito estatal acontece coa Comisión Nacional do Mercado de
Valores, ou a Comisión dos Mercados e da Competencia, onde calquera
atisbo de independencia foi cercenado.
O PP non cree
no afortalamento da sociedade civil, nin na necesidade de órganos
reguladores independentes, nin na extensión da participación
social. Só no control e na ocupación de todo o espazo público.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

