A Constitución, no
artigo 140 sinala: “Os Alcaldes serán elexidos polos Concelleiros
ou polos veciños”. Dende 1979 a lei electoral optou pola elección
a medio dos Concelleiros. Na actualidade o grupo maioritario conta
cun plus de representación a través da lei D´Hondt, que se aplica
na distribución de Concelleiros. Obviamente, cando unha lista ten a
maioría absoluta de votos, tamén conta coa maioría absoluta da
Corporación. Caso contrario opera o principio de maioría política
na Corporación, mediante os pactos entre Grupos políticos, igual
que nos Gobernos estatal e autonómicos.
A nova proposta do
PP, da que non se coñece o texto, apunta a primar coa Alcaldía ó
grupo que acada o 40%, que tería enfronte ó 60% do electorado. Nin
se propon unha segunda volta, como existe en Francia, nin unha
elección directa do Alcalde, posibilidade existente na Constitución.
O único caso de
desgoberno en Galicia, ten acontecido no Concello de Santiago,
gobernado con maioría absoluta polo PP. Tres Alcaldes en tres anos,
agora ostenta a Alcaldía quen figuraba no derradeiro posto da
candidatura e gobernan con persoas non electas (sete Concelleiros non
electos dun total de trece) que foron designados polo seu partido e
non polos electores.
- NON EXISTE UNHA DEMANDA SOCIAL, NIN GRANDE NIN CATIVA
Nin nas enquisas do
CIS nin noutras fontes sociolóxicas. Os Concellos non son percibidos
como problema e teñen unha aceptable valoración.
- NON HAI CONSENSO POLÍTICO, NIN EXISTE DIÁLOGO
As reformas da lei
electoral durante a democracia, foron consensuadas. Por primeira vez
o Goberno de España manifesta o seu obxectivo de rachar co consenso
nunha norma que forma parte do bloque constitucional. Abrese un
precedente que terá consecuencias negativas no funcionamento
democrático das institucións, sesgando as normas en función dos
intereses partidistas do Goberno de turno. Igual que o PP tenta
facer coa lei electoral galega.
- NON RESOLVE PROBLEMAS PERO CREA CONFLITOS
Os Alcaldes terán
minoría social e polo tanto falta de lexitimidade para adoptar
decisións. A conflictividade social e política será maior e a
autoridade moral dos Alcaldes, menor. As institucións sufrirán
desgaste e descrédito. A función moderadora dos poderes públicos
será sustituida polo oportunismo partidista.
- PERSIGUE ESPÚREAMENTE O QUE NON CONSIGUE DEMOCRÁTICAMENTE
Coa reforma o Goberno parece
renunciar a dous obxectivos. Dunha banda á consecución da maioría
absoluta de votos. Doutra, á capacidade de acadar pactos de
gobernación, coas vantaxes que teñen para conformar políticas de
maior respaldo social. Os gobernos de coalición son habituais nas
sociedades democráticas.
O PP goberna en maís de cen
Concellos españois onde non é a lista máis votada. En Extremadura
goberna en coalición con IU.
- O GOBERNO ESTÁ DEBILITANDO ÓS CONCELLOSA recente Lei de racionalización da Administración Local expropia competencias sociais dos en beneficio das Deputacións Provinciais, que carecen de capacidade para xestionalas e polo tanto tenderán á privatización. Ademáis adiase o cumprimento do Pacto Local.Feijoo e a Xunta de Galicia, veñen defendendo a fusión de Concellos pero sen intención real de abordar os problemas de financiamento e xestión, como se comproba no caso de Oza-Cesuras, imposto de costas ós veciños e baseado en información sesgada.A defensa das Deputacións Provinciais, difícilmente sostibles no Estado autonómico, non vai acompañada, nas que gobernan, de experiencias de xestión innovadoras, nin na prestación de servizos, nin na eficacia.
- LONXE DE REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA ESTAMOS NUNHA INVOLUCIÓN INSTITUCIONAL
En Galicia,
como en Castela-Mancha, o PP modifica os Parlamentos autonómicos
para garantirse a maioría e reducir o pluralismo. En Galicia as
institucións pretendidamente autónomas, están reducidas a órganos
do PP. A nova lei da TVG, pactada hai tres anos, está bloqueada. O
Consello de Contas, dirixido por recoñecidos dirixentes populares, o
Valedor do Pobo, en funcións dende hai dous anos.
Igual que no
ámbito estatal acontece coa Comisión Nacional do Mercado de
Valores, ou a Comisión dos Mercados e da Competencia, onde calquera
atisbo de independencia foi cercenado.
O PP non cree
no afortalamento da sociedade civil, nin na necesidade de órganos
reguladores independentes, nin na extensión da participación
social. Só no control e na ocupación de todo o espazo público.
Completamente de acuerdo.
ResponderEliminarAquí se está intentando cambiar el sistema de elección que es de base parlamentaria a un modelo presidencialista.
Ambos son democráticos con sus ventajas e inconvenientes.
Pero aquí se están intentando cambiar las reglas del juego poco antes de empezar el partido para conveniencia del PP.
¿Que política de estado es esta que con tal de mantener el poder pone en peligro que en determinadas autonomías (Cataluña, Euskadi) aumente el poder municipal de los independentistas por que son la minoría mas votado y no pueda gobernar una coalición de distinto signo?
¿No fue democrático el gobierno de Patxi López en Euskadi con apoyo del PP?
Desde luego que sí ya que las otras minorías no se pusieron de acuerdo.
Y así un largo etc.