As consecuencias de cinco anos continuados de axuste, son moi visibles. Estancamento, depresión, nunca crecemento. Desemprego consolidado, mocedade emigrando, consumo mínimo. Envellecemento e despoboamento, un país en declive. A reforma do mercado de traballo introduciu un modelo dual, con enorme precariedade e devaluación salarial, pero non crecemento do emprego.
Hoxe Galicia, como España, ofrece menos oportunidades e máis desigualdade.
Nunha vistosa, presentación do orzamento 2015, en especial nas páxinas 59, 60 e 61 describese o compromiso co crecemento intelixente, sostible e integrador. Como eixos se citan a economía do coñecemento, que rexistra unha caída do 15% en cinco anos, as políticas activas de emprego, reducidas nun 54%, a atención ós colectivos máis desfavorecidos, minoración do 27%, a dinamización demográfica, simplemente ausente do orzamento, as infraestruturas, que baixaron un 56%, a competitividade empresarial, que anota unha baixada do 50%, a sensibilidade ambiental, reducida nun 70% e o control ambiental, que se resume no modelo SOGAMA, incompatible coas directrices europeas. Cifras do 2015 en relación co 2009.
¿Ilusión? ¿Voluntarismo? ¿Marketing? ¿Cinismo?. Un cadro das principais magnitudes, é o seguinte:
ORZAMENTOS 2015 (en millóns de euros)
2009 2015 DIFERENCIA %
Función 32 Promoción do emprego 421 193 - 228 - 54
Función 41 Sanidade 3.767 3.409 - 358 - 10
Función 42 Educación 2.404 2.048 - 356 - 15
Función 45 Vivenda 211 41 - 170 - 80
Función 51 Infraestruturas 596 264 - 332 - 56
Función 54 Actuacións medioambientais 295 90 - 205 - 70
Función 71 Dinamización economía rural 409 309 - 100 - 25
Función 72 Pesca 174 54 -120 - 69
Función 74 Desenvolvemento empresarial 205 103 -102 - 50
Función 9 Débeda Pública 393 1.515 + 1.122 + 285
Capítulo II Gastos en bens correntes 1.394 1.388 - 6 - 0,4 Capítulo VI Investimentos reais 1.462 699 - 863 - 52
Capítulo VII Transferencias de capital 1.246 546 - 700 - 56
No hay comentarios:
Publicar un comentario