Os medios de comunicacion ofrecen
unha imaxe desoladora da vida publica española e galega. Os incesantes escándalos derivan no maximo
desprestixio das institucions e poñen de manifesto a incapacidade da politica para
correxir e impedir a corrupción.
Debemos prescindir das letanías habituais
sobre presunción de inocencia, independencia da xustiza ou peso da
lei. Son fórmulas retóricas. As epidemias se combaten con medidas de choque e con
mecanismos de prevención rigurosos. Temos un problema maiúsculo que
corroe a democracia.
A corrupción non distingue de
partidos. afecta a todos en maior ou menor grao. É un problema
estrutural que necesita medidas estruturais e non cosméticas como Feijoo propuxo no pasado debate do Estado da Autonomía. Medidas que afronten os
problemas de fondo, incluido o rexime e funcionamento dos partidos
políticos, que son parte notable do problema.
O Grupo Socialista, modestamente pero con responsabilidade, ten proposta numerosas iniciativas para prever a corrupcion. Todas foron vetadas pola maioría, que non quere acordos pero carece de
propostas.
Hai un problema engadido co
financiamento ilícito do Partido Popular, que agroma en todalas
investigacións. Existe unha consigna de silencio nos dirixentes populares. Os sumarios xudiciais apuntan a unha
corrupción institucionalizada , mediante tramas societarias creadas
á sombra do poder. Entres outros fins, para o financiamento do partido, cunha "caixa B" xeneralizada, para pagar sobresoldos, obras, gastos
correntes.
Nos sumarios hai de todo. Empresas que reciben
contratos da Xunta e pagan comisións, conseguidores do entorno
persoal do Presidente, desvío de fondos de formación, conversas compremetedoras. En todolos casos foron denuncias da
prensa ou dos traballadores as que provocaron a investigación
xudicial. Nunca foi o control ou a iniciativa das Administracións. Paralelamente a maioría, nas Cortes e no Parlamento galego, paralisou todalas iniciativas
anticorrupción dende hai ano e medio. Hoxe o problema é peor que
nunca.
Nun célebre grabado de Goya, dous homes pelexan a garrotazos baixo a pálida luz do mencer. Tense considerado que é unha representación do conflito das duas Españas, condeadas a pelexar por carecer de espazos de encontro. Desgrazadamente na vida política impera unha visión inmediata que tenta transformar a denuncia da corrupción en parte do arsenal dialéctico con fins electorais, esquecendo a necesidade de abordar as raíces do problema.
A estratexia a seguir. ata hoxe, non existe. Se evitan acordos serios e comprometidos para ofrecer xestos. Así, probablemente, a corrupción continuará no futuro, ata que se adopten medidas rigurosas, alomenos en tres asuntos:
a) Despolitizar a Administración para que
sexa contrapeso do goberno. Feijoo fixo o contrario reinstaurando a máxima politización da era Fraga que fora eliminada polo goberno Touriño.
b) Despolitizar os órganos reguladores. Non é creíble que un exconselleiro e máximo dirixente
do seu partido, supervise as contas públicas
c) Ampliar a transparencia do goberno, da
administración e dos seus organismos, tamén da administracion
local.
Rajoy pediu perdón. Non abonda. Hai que actuar. Nada fai prever que asi se faga a curto prazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario