lunes, 22 de junio de 2015

A VOLTAS COA NACIÓN

O Presidente de Cataluña promove eleccións plebiscitarias cun compromiso firme coa independencia, para ter "índices de paro como os de Dinamarca ou Austria; gozar dunhas infraestruturas como Holanda e dun modelo educativo como o de Finlandia e non ter que sufrir polo idioma propio como en Suecia", en verbas de Artur Mas. Da calamitosa situación financieira de Cataluña non fala, nin dos recortes espectaculares na sanidade ou no ensino. A nación, como fetiche que cubre tódalas vergoñas. Decía Samuel Johnson que o patriotismo  era o último refuxio dos canallas, aludindo a esa capacidade de obnubilar calquera debate racional en beneficio dun concepto emocional. Mentras en Galicia un grupo de persoeiros impulsa o manifesto POLA UNIÓN!. E no País Vasco andan en algo parecido, agora sen bombas.

Así que as vellas dicotomías esquerda-dereita, poseedores-desposeídos, propietarios ou traballadores son arrumbadas para marchar unidos na senda da nación. Como antes coa relixión, un pobo ou nación, unha lingua, un santoral laico, un destiño manifesto. Fora do pobo elexido, da relixión única, os demáis son paganos, bárbaros, inferiores.   Preguntémonos alomenos, Qui prodest (a quen beneficia?)

No hay comentarios:

Publicar un comentario