viernes, 21 de febrero de 2014

SOGAMA S.A., FRACASO IRREVERSIBLE

No ano 1997, o Goberno Popular instaura un modelo de tratamento do lixo centralizado en Cerceda, onde se procedería á incineración e valorización da totalidade dos residuos domésticos sólidos de Galicia, mediante un sistema de traslados por estrada e ferrocarril, dende un conxunto de plantas empacadoras. Posteriormente vanse creando estruturas específicas para determiñados productos industriais. O tratamento faise a medio dunha sociedade mixta a Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A, onde a empresa Gas Natural Fenosa ostenta o 49% das accións.

Durante o goberno Touriño, con Pachi Vázquez como Conselleiro de Medio Ambiente, se deseña un novo Plan de Residuos que tenta adaptarse ás directrices da Unión Europea. O Plan foi sometido a unha ampla consulta. No ano 2011, o Goberno Feijoo o sustitue polo actual. Posteriormente planifican unha segunda planta de incineración no Irixo, para cubrir as necesidades do sur de Galicia e con cargo ó concurso eólico. Éste, como é sabido, foi un obxectivo totalmente fracasado e a segunda planta está esquecida. A planta de Cerceda non ten capacidade para tratar as 800000 Tm que recibe anualmente.

A día de hoxe, o 30% dos residuos enviados a Cerceda, non se trata e vai a un vertedoiro, ampliado continuamente. Dous terzos dos residuos se incineran e arredor do cinco por cento son reciclados. Os Concellos pagan por Tonelada métrica enviada, a prezo de incineración. En Europa se recicla sete veces máis, en España cinco veces máis. Pero en Galicia se incinera máis que en ningures. En consecuencia, soportamos un custo medioambiental moi elevado, en forma de emisións atmosféricas e tamén polo custo de transporte.

Dende hai uns meses e como consecuencia da reordenación do sector eléctrico que impulsa o Goberno Rajoy, desapareceron as primas á producción eléctrica e a coxeneración, co que SOGAMA entrou en perdas. A Xunta reaccionou incrementando a factura nun 34% a partires do vindeiro 1 de marzo, e trasladando ós Concellos a responsabilidade de aplicar e máis explicar ós cidadáns esa exacción escandalosa.

Diante desa situación o PSdeG-PSOE propon un novo modelo baseado nas directrices europeas, reducindo o volume de residuos, reciclando e impulsando a reutilización. Reclama igualmente a participación dos Concellos e a derrogación do novo canon. Ademáis de presentar no Parlamento unha Proposición de Lei nese senso e das medidas de presión que impulsan os Concellos socialistas.

O novo modelo, inaprazable e imprescindible, esixe un labor de concienciación social e pode convertirse nun dos obxetivos estratéxicos das vindeiras eleccións municipais. Nos debates promovidos polo Grupo Parlamentario, as experiencias do Barbanza, Piñor e Nostián, únicas alternativas existentes a SOGAMA, foron amplamente comentadas. Demostrase que é posible outro modelo, con menores custos e sostible medioambientalmente.











No hay comentarios:

Publicar un comentario