Hai
nada menos que 40 anos, Francia, aprobaba o dereito da muller a
abortar cunha lei de prazos, impulsada por un goberno da dereita e
por unha ministra excepcional, Simone Veil. A lei tivo o pleno apoio
da esquerda. Esa
lei dura ata hoxe. O pasado mes un goberno socialista propuxo
eliminar a mención a estados de angustia ou desamparo considerada
inasumible na sociedade actual, e un sector importante da dereita
francesa votou coa esquerda. Un exemplo dos
dereitos das mulleres como política de Estado por riba das
diferencias partidarias.
O primeiro goberno socialista de España, regulou o aborto no ano
1985, cunha lei de supostos. A dereita (Alianza Popular) votou en contra, acudindo
ó Tribunal Constitucional para suspendela. Posteriormente unha reforma do Código Penal, tamen tivo a oposición popular. Malia
todo, durante 25 anos, esa lei permitiu legalizar unha necesidade, ao prezo dunha inseguranza xurídica utilizada para
encausar a moitos médicos e mulleres. Era
necesario aprobar unha lei de prazos, semellante ás de Europa. Fíxose no 2010, co Partido Popular novamente en contra, e outra vez foi recurrida.
Fronte
á máxima liberdade en Francia e na meirande parte dos países
europeos, agora se propón unha drástica limitación, con
condicións disuasorias e mesmo vexatorias, que levarán
a moitas mulleres á clandestinidade , a condicións humillantes en
mans de persoas sen escrúpulos. Outra vez veremos mulleres desangradas por
prácticas abominables.
É unha proposta cínica e farisaica. Para ás persoas acomodadas, Francia ou Portugal. Para as demáis, un castigo en forma de inferno
burocrático. Volvemos
o nacionalcatolicismo máis rancio e opresivo. España con Malta, Polonia e Irlanda, serán os únicos paises onde os gobernos
dependen do púlpito.
Feijoo e os seus, minten. Non queren volver á lei de 1985, que nunca
apoiaron e que está superada. Queren obstaculizar o dereito da
muller á libre elección, con supostos, condicións, trámites. Queren
obligalas a confesar motivos, como si estiveran delinquindo. E queren
ter o poder de decir non ás necesidades das persoas. A eso se che
llama dependencia. Minten tamén cando falan das
mulleres de 16 ou 17 anos que hoxe están obrigadas a informar os
seus pais ou titores, agás cando se poida derivar maltrato, violencia
ou desamparo. Queren mulleres dependentes da
vontade de terceiros, sexan médicos ou psiquiatras, como si foran enfermas mentais ou persoas disminuidas.
A maternidade é asunto exclusivo da muller, calquera inxerencia é inaceptable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario