miércoles, 12 de febrero de 2014

SITUACIÓN CRÍTICA NA SANIDADE

O Sistema Público de Saúde foi creado no ano 1986, presidencia de Felipe González, co voto en contra de Alianza Popular, que non aceptaba o modelo de universalidade e gratuidade, defendendo, o carácter particularista, en síntese, que nin todos iguais, nin igual para todos. Un cuarto de século máis tarde, o Partido Popular, o seu sucesor natural, está modificando fondamente ese modelo, tan valorado polos cidadáns. Queren impoñer un modelo de mercado, onde saúde e protección social son mercadorías ó alcance de quen as paga, quedando para a maioria servizos devaluados, con menos recursos e con limitacións de todo tipo, xeográficas, económicas, de persoal.

O modelo socialdemócrata de servizos públicos universais, tivo consecuencias: máis igualdade, maior nivelación de rentas, mellora da esperanza e da calidade de vida. Si no inicio da democracia so tiñan asistencia sanitaria pública a cuarta parte dos cidadans, nos anos pasados chegou a ser universal.


Feijoo e Rajoy impulsan un cambio de modelo sanitario arbitrariamente, so con argumentos ideoloxicos: non hai estudos previos, nin libros blancos, nin consultas os expertos. Todas e cada unha das decisions, máis de 30 ata hoxe, están orientadas  a modificar sustantivamente o carácter do servizo público de sanidade que coñecemos, reducindo a universalidade, reducindo a cobertura, implantado dobles pagos, impostos e taxas, e privatizando progresivamente

 As decisións do PP de Rajoy, do PP de Feijoo, ademais de interesadas, son arbitrarias e discriminatorias. readscribindo a centos de miles de cidadans do sur de Galicia a outra área sanitaria. Descapitalizar clínicamente Vigo e Pontevedra é unha barbaridade social, clínica e política. Como non son votados nesas áreas, castigan ós cidadáns nos seus dereitos.


Implicitamente recoñecen o fracaso do novo hospital de Vigo inaugurado, mesmo bautizado, hai tres anos, pero que  ainda non funciona. Será máis pequeno do previsto e mais custoso, non cubrirá as necesidades de atención dos vigueses e carecerá de servizos de alta especialización. Un hospital comarcal ampliado, un Povisa bis. Igual vai a acontecer en Pontevedra.


Feijoo reitera a privatización, impulsada hai vinte anos por Fraga, Romay Beccaria e o propio Feijoo a medio das fundacións sanitarias. Fracasaron e tiveron que ser rescatadas polo goberno Touriño, incorporando ós seus 800 profesionais ó sistema público. Como fracasaron en Valencia, en  Madrid, no Reino Unido, e nestes dias en Castela-Mancha.

Feijoo rebaixou  o gasto social  casi oito puntos, que se traducen en centenares de profesionais menos, en condicions de traballo sanitario máis dificiles e que repercuten na atención os doentes.
Agora impoñen un modelo de xestión que desarticula os hospitais, crea taifas de intereses, modifica o rexime laboral dos traballadores e impon unha loxica de mercado na atención o cliente. O futuro xa se albisca, duas clases de usuarios.

En medio de ese caos provocado, Feijoo engade gasolina o lume, amparando conductas que soliviantan os funcionarios públicos de todolos niveis, defendendo o comportamento da conselleira de sanidade, incursa nun caso de nepotismo, que non é presunto, que está sentenciado pola xustiza. e que, segun fontes do sector, non é aillado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario