Un gran número de comentaristas de prensa están saludando con alborozo la tendencia creciente que las encuestas atribuyen a la nueva formación Podemos. Entre ellos muchos que colaboran en los medios más defensores del pensamiento conservador. En paralelo, el CIS detecta hasta ocho puntos de diferencia del PP sobre el PSOE. Ambos fenómenos se explican mutuamente. El nuevo grupo político no inquieta a la mayoría conservadora, ni siquiera compite directamente con ella. Como ninguna medida sobra, la facción más radical de los conservadores, liderada por Esperanza Aguirre, ya ha iniciado una campaña contra el nuevo grupo, tratando de cohesionar a su ya estable electorado.
Podemos está compitiendo directamente y de forma muy deliberada, con la izquierda clásica, PSOE e IU. A ésta porque ocupa su espacio electoral claramente y al socialismo porque es la única alternativa real de gobierno. Para hacerlo trata de mantener la ambigüedad programática el máximo de tiempo posible y reducirse a esloganes o titulares efectistas: casta, corrupción, "otra forma", etc. Mientras enarbola unos principios básicos de amplio espectro: populismo, radicalismo, participación y, de forma inicialmente sorprendente, España.
Que el populismo de todos los signos tiene recorrido, se acaba de constatar en todos los países europeos, donde las candidaturas antieuropeas, radicales o extremistas, de distinto color, han obtenido resultados históricos.
Pero Podemos no es la causa que provoca desafección en otros electorados, sino una consecuencia política de la crisis económica y de la crisis política, de credibilidad y en parte de legitimidad, que atenaza a la sociedad. Hay indicios de que el PP ha captado los mensajes y que acelerará las reformas que le interesan.
La primera entrevista del nuevo SG socialista, Pedro Sánchez, avanza enfoques nuevos de política económica e ideas claras sobre otros asuntos. En la medida que esas primeras ideas se transformen en propuestas firmes, viables, creíbles estaremos en el camino de recuperación electoral. El calendario es favorable, pues los próximos comicios serán locales y autonómicos (éstos en 13 CCAA) y por tanto la política de proximidad y el perfil de los candidatos tendrá mayor peso en los resultados. Elegir a éstos mirando hacia fuera de la organización y no solo a los grupos de presión internos, puede representar la diferencia entre buenos y peores resultados. De nosotros depende y no de otros por mucha atención que ahora reciban.
sábado, 9 de agosto de 2014
viernes, 8 de agosto de 2014
LECTURAS DE VERÁN
Libro de lectura amena, nada desencantado, no que se retratan as liortas internas dos partidos, a deslealtade habitual, a inseguridade na que se move un político electo, as virtudes necesarias e as cargas inevitables. Malia as críticas que formula a alguns xeitos de funcionamento dos Estados modernos, en especial dos baseados no sistema de partidos, o libro remata cun extraordinario cántico á participación política e á necesidade da mesma.
Nas nosas latitudes, onde existe unha extrema deslexitimación da actividade política, nada inocente, o retrato do funcionamento da mesma, da sua contribución ó bo goberno da sociedade, e do seu papel de intermediación social, resulta do meirande interese para calquera persoa e de recomendable lectura para quen exerza un cargo público.
lunes, 4 de agosto de 2014
FUNDACION GALICIA OBRA SOCIAL
Con ese nome foi constituida o pasado mes de xuño a Fundación herdeira da antiga Obra social das Caixas de Aforro galegas. Por separado, ambas entidades sen ánimo de lucro xestionaban 83 millóns de euros no ano 2010, hoxe, fusionadas, xestionan 31 millóns de euros.
Os activos da Fundación están valorados en 297 millóns de euros. Entre os activos principais compre suliñar:
a) ámbito cultural: 5.600 obras de arte e o Centro Cultural García Barbón
b) ámbito formativo: Escola de Negocios de Vigo, Centro de Formación de Coruña, dous centros de Formación Profesional con 700 alumnos, tres Escolas Infantís con 225 alumnos, unha residencia de estudantes con 125 prazas
c) ámbito sociosanitario: seis centros de maiores con 970 prazas
d) Monte de Piedade, con 4500 créditos concedidos
Para xestionar esos edificios, 35 deles operativos, e os servizos prestados, a entidade conta con 250 empregados.
A partires da fusión das antigas Caixas, a Fundación foi dirixida pola Conselleria de Facenda. Dacordo cos Estatutos aprobados, o futuro Padroado estará constituido como segue:
- 7 representantes das grandes cidades
- 4 das Deputacións
- 4 do Parlamento
- 3 da Xunta
- 1 dos traballadores
Ademáis o Padroado sainte asinou un convenio coa entidade ABANCA, polo que ésta disporá de 9 representantes a cambio dunha aportación mínima de 5 m€ anuais durante 30 anos, cantidade que se corresponde co déficit anual estimado. Finalmente os Estatutos contemplan a posibilidade de incorporación doutras entidades que poidan desempeñar funcións de mecenado.
O proceso tense caracterizado pola opacidade cun resultado final sorprendente. A entidade ABANCA, cun 16% de financiamento, terá o 32% dos votos. O Partido Popular designará o 43% dos representantes. Mesmo o Presidente parece estar decidido antes de constituirse a Fundación, según esta nova que ademáis informa dalgunhas prácticas pouco ortodoxas.
É previsible un cambio das prioridades de gasto da Fundación, toda vez que caída do orzamento fai inviable a actividade do pasado. Alguns dos Centros ou actividades, atravesan xa unha crise de identidade, como a Escola de Negocios, ou a política cultural.
Definir a actividade territorial, os ámbitos de actuación, e os principios que deben presidila, será unha tarea que implica ós poderes locais e que non pode ser deixada exclusivamente nas mans da entidade financieira, que non é propietaria da Fundación, nin dos intereses da Xunta de Galicia, que controlará a maioría. O proceso opaco seguido ata agora non axuda a confiar no futuro.

viernes, 25 de julio de 2014
LEI DA AMNISTÍA
As Cortes Españolas no exilio xuntaronse por primeira
vez no ano 1945 en México. Na reunión previa do Grupo
Parlamentario socialista, o portavoz Indalecio Prieto, nomeou ós
33 deputados socialistas asasiñados polos rebeldes, ós que se
sumaba a morte do Presidente das Cortes, Julián Besteiro, deixado
morrer sen atención médica no cárcere de Carmona. Un terzo dos
deputados do PSOE, o grupo maioritario na Cámara, foran víctimas.
Prieto non deixou de sinalar que nengun dos restantes se tiña
entregado, pactado ou claudicado co franquismo. Un exemplo extremo de
pundonor e compromiso. Daquela, os Alcaldes socialistas fusilados ou
desaparecidos se contaban por centenares, os afiliados ou
simpatizantes, por milleiros, os exiliados por ducias de milleiros.
A represión non era sacrificio exclusivo do primeiro
partido da esquerda política. Sen sair de Galicia, mortos como
Heraclio Botana, deputado socialista, Beade ou Quintanilla, alcaldes
socialistas, Suarez Ferrín, alcalde republicano, Pepe Miñones,
deputado republican, Bóveda e Casal galeguistas, Villaverde,
cenetista e tantos outros. Ou exiliados de todalas cores políticas e
non quero deixar de citar a Casares Quiroga ou a Portela Valladares
persoeiros que sufriron un doble exilio coa morte civil decretada
polo franquismo e continuada prácticamente ata hoxe.
E compre lembrar o drámático exilio de 200.000
persoas, hacinadas en campos de concentración franceses, ou a
persecución oprobiosa que sufriron Manuel Azaña, Presidente da
República, o cautiverio de Francisco Largo Caballero, Presidente do
Consello de Ministros, ademáis de máximo dirixente do PSOE, a
morte alevosa de Julián Zuzagoitia, ministro socialista, ou de Lluis
Companys, Presidente da Generalitat catalana, de tantos ilustres
científicos, intelectuais, profesionais ou dirixentes sociais, do
inxente número de cidadáns anónimos que pagaron un alto prezo pola
dignidade que amosaron.
No ano 1977, con toda esa carga emocional, as primeiras
Cortes democráticas, adoptan duas decisións, casi simultáneas.
Transformarse en Cortes constituintes e aprobar unha ampla Amnistía.
No final da dictadura a demanda da oposición era triple:
liberdades, amnistía e autonomía territorial. As Cortes deciden
abordar con rapidez a amnistía. O fixeron logo do indulto de 1975
que puxo en liberdade a 685 presos políticos, logo do Real Decreto
de 1976 que liberou outros 287 e do Real Decreto Ley de 1977 que
liberou outros 125, incluindo condenados por delitos de sangue. Pero
as primeiras cortes democráticas xulgaron que era imprescindible
superar as consecuencias da Guerra Civil, as feridas abertas por 40
anos de confrontación desigual, promulgando unha amnistía máis
ampla que levou á excarcelación de outras 140 persoas e que afectou
a todalas conductas que poideran achegarse a etiqueta de
intencionalidade política e que tiveran lugar ata outubro dese ano
de 1977.
Nos Diarios de Sesións se atopan argumentacións
extraordinariamente importantes de persoas que, dende moi distintas
posicións, xulgaban imprescindible superar unha historia de século
e medio de contendas civis, precisamente coa amnistía e a futura
Constitución, para abordar unha convivencia democrática sobre
bases non excluintes.
Así, todolos partidos políticos, UCD, PSOE, minorías
catalana e vasca, Partido Comunista, aprobaron esa lei, coa
abstención da Alianza Popular. Foi o goberno quen introduciu no
texto as conductas dos funcionarios da dictadura, e foron tódolos
partidos os que aceptaron esa inclusión. O obxectivo era ambicioso,
difícil e inédito. Na actualidade, temos perspectiva para valorar
o alcance daquelas medidas, que alumbraron a sociedade actual.
Hoxe hai voces que demandan a revisión daquela Lei de
amnistía, propoñendo a retroactividade penal, incompatible co
artigo 9 da Constitución, a conductas de persoas mortas. Un
procedimento de revisión da historia democrática.
A
lei de amnistía non foi unha lei do esquecemento. De feito a
investigación histórica tantos anos prohibida ten producido
milleiros de títulos e non deixa de medrar, evidencia de que a
Guerra Civil
segue sendo o feito limiar da nosa época. O traballo dos
investigadores e historiadores, imprescindible, non esgota o papel
das institucións. Era necesario regulamentar os procedimentos de
recuperación e valoración do pasado e así, no ano 2006, o goberno
socialista promulga a lei da Memoria histórica que recoñece un
dereito individual á memoria persoal e familiar, proclamando o
carácter inxusto das condenas, sancións e expresións de violencia
persoal por motivos ideolóxicos durante a guerra civil ou na
dictadura, establecendo un procedemento para obter unha Declaración
persoal rehabilitadora.
Unha
lei que proclama a ilexitimidade dos tribunais, xurados e órganos
administrativos
da represión asi como a ilexitimidade das sancións e condeas,
derrogando expresamente todalas normas ainda vixentes. E unha lei que
amplia o mecanismo de recoñecemento de dereitos e indemnizacións,
que
preve a recuperación e identificación de restos en fosas comuns.
Que regulamenta a retirada de simbolos e monumentos conmemorativos da
violencia ou da represión. E
finalmente, unha lei que
recoñece a nacionalidade os descendentes dos que foron privados da
mesma polo exilio
Lamentablemente o Goberno galego non quere aplicar esa
norma. Igual que despreza o labor de inclusión daquelas Cortes
constituintes que pactaron normas básicas de convivencia. O Sr.
Feijoo prefiere acomodar as normas de convivencia ás necesidades do
seu grupo, e modificar a lei electoral tantas veces como sexa
necesario. Igual que opta por non desenvolver en absoluto a devandita
lei da Memoria Historica, aliñeandose así, non coa facción
ucedista e democrática da dereita española sinon coa ultramontana
de Alianza Popular. Temos un Presidente de mínimos valores
democráticos e de sobrado autoritarismo apenas disfrazado.
jueves, 26 de junio de 2014
DA BANALIDADE PRESIDENCIAL
Na actual lexislatura o Presidente Núñez Feijoo descubriu unha vocación viaxeira. Varias viaxes en poucos meses cun denominador común: vacuidade. En cada desprazamento, unha axenda para de encontros formais ou protocolarios, sen contido nin obxectivos. Con discursos, para os medios galegos, enchidos de tópicos ou de obviedades. En Panamá falou da importancia dos novos tráficos logo da ampliación do Canal. En Xapón da importancia do turismo, en Hamburgo do gas e da formación profesional. Nin acordos, nin convenios, nin representación empresarial con axenda de traballo.
Esa banalidade acada as veces cotas anacrónicas. Así, para un encontro con periodistas e operadores turísticos en Alemaña, promovese un stand no porto coa emigración, a artesanía e os productos galegos como contidos, seguido dunha recepción no buque "J.S. Elcano". Tópicos antiguos nun mercado turístico altamente profesionalizado con feiras e outros formatos consolidados. Cuidadosamente, o sector non é invitado a esas viaxes. Como si a promoción poidera disociarse do comercio de productos turísticos, sexan camas, circuitos, servizos, etc.
En Xapón o Presidente foi a visitar unha planta de acuicultura, dunha empresa que traballa en varios lugares de España. Mentras a Xunta non impulsou nin un metro cadrado de explotación de acuicultura nos últimos cinco anos, malia os frecuentes anuncios dun Plan estratéxico.
En Hamburgo entrevistouse co Presidente de SEAT, un español con despacho en Barcelona. E co Presidente do Land para falar de tráfico de contenedores e de formación profesional. Pero os portos galegos están perdendo peso en España globalmente, retrocedendo en tráfico de contenedores e o goberno non ten nengunha iniciativa. Canto a formación profesional lembrar que o modelo alemán, está cursado en Galicia por 61 alumnos exclusivamente dun total de 45000.
Probablemente nesa sucesión de entrevistas e declaracións, os interlocutores serán corteses e coñecedores das servidumes dos cargos públicos, que unhas veces fan visitas sen contido e outras as reciben. Pero a banalidade non pode venderse como xestión, nin os discursos como resultados.

martes, 10 de junio de 2014
RESIDUOS
O Goberno central publica hoxe o Real Decreto-Lei que modifica totalmente a retribución das instalacións productoras de enerxías renovables, coa protesta global dos sectores afectados. A Xunta ten sido cómplice do novo deseño.Asistimos á liquidación do sector
eólico galego, outrora hexemónico no Estado, e hoxe abocado a non
poder medrar. As grandes compañías eléctricas, un dos principais
lobbys económicos de España, impoñen a sua reforma ó Ministerio,
coa complicidade do goberno galego, que chega a extremos de submisión. O goberno galego foi
un dos poucos executivos territoriais que non fixo alegacións ó
Real Decreto-Lei aprobado o pasado venres, durante o trámite da
audiencia aberto pola Comisión Nacional dos Mercados e da
Competencia.
Agora
se nos fala da insostibilidade de SOGAMA. Son tres alomenos os
motivos para esta afirmación.
En
primeiro lugar a sostibilidade medioambiental. Este grupo non vai
defender posicións fundamentalistas de nengun tipo. Limitaremonos o
marco vixente na Unión Europea, que establece unha xerarquía de
prioridades no tratamento dos residuos sólidos urbans, que son, por
esta orde, Reducción, Reutilización, Reciclaxe, Valorización e
Soterramento. Pode resumirse a situación galega decindo que as duas
últimas solucións europeas, son as duas primeiras galegas.
Evidentemente, algo está mal en Galicia.
A realidade social e económica ten evoluido moito e a sensibilidade
medioambiental tamén, dende a creación de SOGAMA. O noso referente actual son os países
avanzados da Unión Europea onde as taxas de reciclaxe e compostaxe
multiplican por varios díxitos ás galegas, que son simbólicas.
Reciclamos menos do dous por cento según a web da propia sociedade,
11000 Toneladas sobre un total de 790000 Tm tratadas.
Incineramos
239 kg por habitante, moi por riba das cifras da meirande parte dos
países, pero reciclamos menos e a compostaxe é simbólica. Mesmo os
países europeos con maiores taxas de incineración enerxética,
teñen tamén cifras relevantes de reciclaxe e de compostaxe e cifras
mínimas de soterramento. En
Galicia non se incinera máis porque literalmente non hai capacidade.
De feito a proposta da Xunta era a construcción dunha nova planta no
sur, ó abeiro do concurso eólico. Cando éste fracasou, a Xunta
propuxo ampliar a planta de Cerceda para seguir valorizando, é decir
incinerando.
O
sistema así deseñado, ten incentivos perversos. En ausencia de
obxectivos estratéxicos de carácter medioambiental, e repercutindo
os custos da sociedade nos concellos e finalmente nas familias, non
existen incentivos para modificar as conductas. A sociedade
factura a todolos Concellos por unha tarifa idéntica, con
independencia do proceso dos residuos, sexa incineración ou
soterramento, cando os procesos teñen custos diferentes. Máis
ainda, factura igual a todolos concellos por tonelada, malia que a
lei de réxime local recentemente aprobada polo goberno central,
atribúe diferentes competencias ós Concellos según o tamaño sexa
superior ou inferior a 5000 habitantes. Como non existen incentivos
para unha maior sensibilidade, nin tarifas diferenciais, nin
tratamentos axeitados ás diferencias locais, só queda o
voluntarismo. Por exemplo, a sociedade SOGAMA impulsa a compostaxe
nunha cifra mínima, mil cincocentos fogares, sobre máis dun millón
de fogares galegos.
Finalmente,
a reforma do sector eléctrico ven a modificar totalmente a
viabilidade da sociedade. Lembremos que no novo esquema, logo da
reforma tarifaria, os ingresos por enerxía representan o 37% fronte
o 54% das taxas. A modificación das taxas condena a un incremento progresivo
das tarifas aboadas polos concellos. Non se están ofrecendo solucións ós problemas de moitos
Concellos que teñen recurrido ou cuestionado as taxas
unilateralmente impostas pola Xunta, con desprezo dos contratos
asinados e vixentes. Urximos unha solución pactada a ese conflito
enquistado.
Unha
vez máis, compre lembrar a irrelevancia do goberno galego na defensa
dos intereses galegos diante do goberno central. Sendo a primeira
Comunidade en producción de enerxía, con exportación neta, cun
sector eólico todavía importante e con esa elevada valorización
enerxética dos residuos, a Xunta non foi quen a sustraer ésta do
novo marco legal nin a defender aquelas, nin a conseguir un esquema
de prezos diferenciado.
A posición socialista galega, resumese na aceptación da Directiva
comunitaria, coas suas prioridades, e polo tanto no pulo da reciclaxe
e da compostaxe, como xa veñen facendo varios concellos galegos, co
obxectivo de acabar co soterramento dos residuos. Non cremos que a
posición galega de máxima incineración e máximo soterramento sexa
sostible na Europa comunitaria. Nin que as novas xeneracións estén
dispostas a asumir ese modelo.Nin que o futuro de SOGAMA veña mediatizado pola presenza no accionariado dunha empresa enerxética, cos seus propios intereses.
lunes, 2 de junio de 2014
ABDICACIÓN
En 1975 el debate principal era democracia o dictadura. La decisión de la forma monárquica para el Estado, fue una concesión, como otras muchas, al objetivo principal. Cuarenta años más tarde es uno de los aspectos de la Constitución que como, entre otros, la estructura territorial, las Diputaciones Provinciales o el Poder Judicial, pueden y debe ser discutidos ante una eventual reforma de la Carta Magna. La abdicación del Rey crea la oportunidad adecuada. Reconocer su trayectoria no impide plantear un debate sereno, maduro y consecuente.
Probablemente la fecha de la abdicación ha sido precipitada por el proceso de relevo de la dirección socialista que, dentro de ciertos límites, abre la posibilidad de una dirección generacionalmente posterior y por tanto con una visión más distanciada de la Transición. Aunque legalmente el voto socialista no es imprescindible para aprobar la Ley Orgánica prevista en el artículo 57.5 de la Constitución, resulta impensable hacerlo sin su concurso. De ahí que corresponda al centenar de diputados socialistas a Cortes la responsabilidad histórica de la decisión, ahora libres de los condicionantes de hace cuatro décadas.
Y el momento no puede ser más oportuno. En una sociedad democráticamente madura, plural, sin otra tensión para la convivencia que los movimientos secesionistas, es un debate necesario. Las generaciones actuales no están obligadas a repetir el proceso constituyente pero tampoco impedidas de mejorar o actualizar la norma básica. Incluso para encauzar las citadas tensiones separatistas, la reforma constitucional es no ya necesaria, sino imprescindible. El propio Rajoy lo reconocía expresamente el pasado sábado en Barcelona, conocedor ya en ese momento de la abdicación inminente.
Sólo nuestros propios temores, inseguridades, o debilidad de ideas, pueden oponerse al debate, reclamado ya abiertamente por amplios sectores de la sociedad. Es la primera oportunidad en cuarenta años y no deberíamos desaprovecharla.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)