Unha das
características máis sobresaintes de Núñez Feijóo é a emisión
continua de promesas, anuncios, compromisos que rematan sendo falsos
(que tentan enganar) ou mentira (que non se corresponden coa
verdade).
Así, logo dunha
comparecencia extraordinaria para anunciar un denso plan de
actuacións contra a corrupción, recibido con absoluto escepticismo
polos grupos da oposición, comparece de novo tres días máis tarde
diante da prensa e comenza a modificar as suas primeiras verbas.
Agora será o PP e non
o Goberno quen promova algunas das normas, un xeito de evitar os
informes xurídicos e competenciais inevitables na tramitación de
leises. As actuacións demoranse ata marzo, máis perto das eleccións
e polo momento se abordará una reforma do servizo xurídico da
Xunta, do que non se coñece nengunha relación directa nin indirecta
cos escándalos de corrupción e financiamento ilícito. E para
combatir o fraude na formación se anuncian, sen cuantificar, máis
funcionarios. Ignorando que o problema non estivo no labor dos
traballadores públicos, sinón na cúpula política, Director Xeral
e Conselleira. Como se quere ignorar que o amigo/conseguidor do
Presidente era opaco nos expedentes administrativos.
Como hai que encher o
tempo, anunciase unha nova reordenación da Administración
suprimindo órganos colexiados, grupos de traballo, comisións de
estudo, etc, omitindo que non tiñan contido, que estaban esgotadas,
que non tiñan orzamento nen recursos humanos. De feito non existe
memoria oficial da sua actividade.
No ámbito da supresión
de organismos, os informes oficiais desminten as valoracións
triunfalistas do goberno galego. A supresión e racionalización de
organismos, empresas públicas, fundacións e demáis entes, foi un
acordo do Ministerio de Facenda coas Comunidades Autónomas. No
último informe ministerial indicase que a reducción acometida en
Galicia só representa o un por cento do total de España. Noutro
informe do Consello de Contas cuantificase o aforro galego no un por
cento do orzamento total dos organismos autónomos galegos. Como
paralelamente crearonse catorce novos organismos, Galicia pasou de
ocupar a sexta posición polo número de organismos, a ocupar a
cuarta. Noutras verbas, outros fixeron máis no mesmo tempo.
O episodio, chusco, dos
vehículos oficiais do Parlamento, evidencia de novo a política
falsedades e mentiras. Adoptouse un acordo solemne no 2011 para
restrinxir o número e uso de vehículos. Descubrese agora que so as
duas representantes da oposición na Mesa do Parlamento, ambas
socialistas, cumplen o acordo.
No ano 2011 pactamos co
Goberno unha nova Lei para a CRTVG, modernizando as suas función e
estrutura para achegarnos máis a un modelo de televisión de
calidade, neutralidade e motor da industria audiovisual. Tres anos
máis tarde a lei está sen cumplir, cun Consello de administración
e un Director Xeral en flagrante irregularidade. Paralelamente
desplomase a audiencia e a compañía deixa morrer a sectores como o
audiovisual e a doblaxe. Na estela das televisións públicas de
Valencia ou Madrid, a CRTVG vai cara a irrelevancia, preludio da
privatización.
No seu momento Feijóo
anunciou a fusión dos Concellos de Oza e Cesuras como un fito
histórico en Galicia e máis en España, o inicio dun camino sen
retorno. Agora o alcalde en funcións dese Concello manifestase por
sentirse enganado co financiamento prometido, e o Presidente expresa
comprensión pero non cumple as suas promesas.
Ese caso resultou un
exemplo de malas prácticas. Alén das circunstancias da fusión,
dabondo denunciadas no seu momento, a primeira actuación relevante
do concello fusionado, foi a tala de árbores no Parque do Sanatorio
de Cesuras. Estase investigando o sobrecusto da obra, con valores
entre o 45% e o 280% dos prezos de mercado. Mentras, a democracia
local tense deteriorado. Dende hai meses os representantes da
oposición na Comisión Xestora que rexe o Concello, non reciben nin
copia das actas das sesión. O ex Alcalde de
Cesuras tivo que dimitir por estar imputado xudicialmente. O ex
Alcalde de Oza e membro da Comisión Xestora, está condeado en firme
a seis meses de inhabilitación. O Presidente da Comisión Xestora
triplicouse o salario.
En maio do 2012, Feijoo
anunciou, coa solemnidade habitual, a constitución dunha Comisión
de Análise Local, formada por 15 expertos das Universidades e da
Administración, que ademáis representaban o pluralismo político.
Nas suas verbas, antes de rematar ese ano emitirían un informe con
propostas e medidas para mellorar o funcionamento e sostibilidade dos
Concellos, fórmulas de cooperación e propostas para mellorar a
situación das facendas locais e a prestación de servizos.
Tres anos máis tarde,
o informe está entregado pero secuestrado. O Parlamento, que aprobou
no ano 2011 a proposta do Grupo Socialista a creación desa Comisión,
descoñece o informe.
O mesmo Feijóo que
prometía no programa electoral para as eleccións municipais unha
Área metropolitana en Vigo pero sen Vigo, e a coordinación de
servizos en áreas urbans e periurbans, descoñecida, novas fusións
de concellos, etc.
Falsedade ou mentira,
como constantes. Non é unha hipérbole afirmar que nin esta Xunta
nin o seu Presidente, son de fiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario