É necesario un documento, un proxecto de lei que poida ser discutido, emendado, acordado e votado. Sabendo que a maioría absoluta do goberno garante que as suas propostas sairán adiante, pero permitindo a inclusión doutras ideas ou matices para recoller o conxunto de sensibilidades da sociedade galega diante deste problema, representadas na Cámara. Ata agora eso non foi permitido. Así, a única norma relevante que está en vigor en Galicia nese ámbito, é a Lei de Transparencia de 2006 (goberno Touriño).
O goberno galego non actúa nin cando existe mandato parlamentario. No debate sobre o Estado da Autonomía do pasado outubro, presentou unha Resolución con algunhas das medidas que hoxe reitera. O Grupo socialista votou a favor, sen restriccións. Non se fixo nada ata o día de hoxe. No mesmo debate o Grupo socialista propuso outra Resolución con moitas das medidas que agora recupera o Goberno. Non nos molesta o plagio. O relevante e que votaron en contra.
Con esos antecedentes cabe manter unha posición escéptica sobre o alcance das medidas amplamente publicitadas. Nin existe unha mínima análise das causas que explican os principais escándalos recentes nin unha relación entre éstos e as medidas propostas. A sensu contrario cabe preguntarse cales das medidas propostas terían funcionado para evitar os casos máis coñecidos. Por eso compre pasar das verbas ós feitos.
A pasada semana as Cortes aprobaron tres leises neste ámbito: o Estatuto do Alto Cargo, unha reforma do Código Penal e unha modificación da Lei de Financiamento dos Partidos Políticos. Estamos dacordo con moitas das medidas aprobadas, pero reclamamos, infructuosamente, algunhas máis. Por exemplo, endurecer máis as chamadas "portas xiratorias", o fácil trasvase de directivos do sector público ó sector privado con presunta colusión de intereses. Así varios ex-Conselleiros de Sanidade de distintas autonomías, están hoxe na dirección de empresas aseguradoras ou de grupos hospitalarios privados que concertan coa Administración. Ou casos como o da Conselleira galega que procede dun hospital privado co que agora concerta asistencia do sector público, por importe de 726 millóns de euros.
Non foi aceptada a pena de cadea para acusados de financiamento ilícito dos partidos políticos, nin a modificación da Lei de Contratos do Sector Público para impoñer a libre concurrencia evitando o abuso de procedimentos negociados como debe evitarse o fraccionamento de contratos. En Galicia, ano 2014, o 47% dos contratos da Xunta evitaron a libre concurrencia, acudindo ó procedimento negociado. Revisar a lista de adxudicatarios neses concursos provoca máis que sorpresa pola reiteración de empresas adxudicatarias.
Rexeitaron modificar a elección dos membros de órganos reguladores como o Tribunal de Cuentas. Como foi negada a reducción do privilexio procesal do aforamento, ou a prohibición de indultos a persoas condeadas por delitos de corrupción.
O Presidente Núñez Feijoo propon modificar a Lei electoral, esquecendo que o Goberno Rajoy retirou esa reforma, acertadamente e como reclamamos, para impedir unha alcaldada masiva. Tamén propon o Executivo galego modificar a Lei de Partidos Políticos, reservada pola Constitución a Lei Orgánica.
Propon a Xunta que o Consello de Contas se ocupe da prevención da corrupción pero acaban de votar contra a proposta deste Grupo de incrementar os seus recursos para poder ser eficaces. Doutra banda non é admisible que os representantes propostos polo Sr. Feijoo nese órgano sexan antiguos dirixentes da sua formación e non persoas de prestixio profesional ou académico e independentes, requisito imprescindible para ser creíbles.
Para este grupo necesitamos unha Ética Pública, compartida social e políticamente, e baseada na exemplaridade. A ética non é cuestión de máis normas. Decía Tácito que a república máis corrupta é a que ten máis leises.
En exemplaridade a Xunta e o seu Presidente, fallan. Nos dous últimos reclamamos en cuarenta ocasións a comparecencia do Presidente na Cámara para explicar asuntos de actualidade. Nunca foi posible. Como nunca foi posible nos catro anos anteriores. Reclamamos en 700 ocasións a entrega de documentación oficial. Negaronse en 400 casos. Reclamamos explicacións sobre o presunto financiamento ilícito do Partido que preside o Sr. Núñez Feijoo. Negouse. O fiscal solicita 800 anos de cadea para varios persoas relacionadas con ese grupo e 42 anos para quen era o seu número dous en Galicia. Silencio. E así con Gurtel, Zeta, o conseguidor, as amizades perigosas.
Si se quere trasladar ós cidadáns un firme compromiso para evitar as conductas corruptas, esa actitude actual, de resistencia e tolerancia deberá ser sustituida pola exemplaridade. Implica acabar con prácticas como a politización da Administración e dos organismos reguladores, o bloqueo do Parlamento, a cultura da opacidade, a propaganda mediática incesante, xenerosamente financiada con fondos públicos, 25 millóns de euros no 2014 a persecución xudicial dos rivais, a captación/compra de Alcaldes.
Tódolos expertos aconsellan un Pacto social contra a corrupción, entendendo que para ser efectiva debe de ser asumida pola sociedade, axentes económicos e sociais, medios de comunicación ademáis das institucións e os poderes públicos.
Teóricamente deberíamos de poder avanzar xuntos, goberno e oposición. Para eso compre orillar calquera intento de impoñer a propia visión e asumir, humildemente, que todos somos responsables, nun grao que se corresponde co respectivo nivel de poder executivo. Do discurso de Núñez Feijoo non se deduce ese camiño. Instámolo a cambiar de actitude, propoñendo un marco no que tódalas posicións políticas e sociais poidan contribuir á necesaria moralización da vida pública, tanto nas normas legais como nas prácticas políticas.
Estamos triplemente afectados pola corrupción. Como cidadáns, compartimos a indignación diante de conductas intolerables. Como organizacións, sufrimos as suas consecuencias en forma de descrédito. Pero como representantes electos debemos impedir que se repitan.
Ata hoxe a resposta en Galicia, como en España, foi feble. Así se incrementa a fonda desafección dos cidadáns, xa exhaustos pola crise económica e o fracaso da política de austeridade, dando azos ós grupos que defenden a ruptura co Estado de Dereito e de Benestar, para sustituilo por algo distinto, probablemente máis autoritario e con menos liberdades.
Están no seu dereito a ser alternativa ainda que mesturar a crise, a corrupción, e as institucións democráticas nunha descalificación global, pode gratificar a alguns a costa de enganar á maioría. Debemos, democráticamente, desmontar as falacias emocionais que encubren modelos de confrontación social e de retroceso colectivo. E consecuentemente debemos ser responsables no debate da corrupción de das propostas para evitala.
A semana pasada, o Presidente Obama pronunciaba o Discurso da Nación diante do Lexislativo. Consciente de convivir cunha maioría parlamentaria hostil, facía unha invitación para elevar o nivel do debate político, non para abandoar os respectivos programas de partido, sinon para abordar constructivamente os temas importantes, os valores e principios, os feitos, deixando de lado falsas controversias ou erros de xestión que non afectan ás persoas.
En verbas de Obama, para que os debates estén á altura da Cámara e da xente, para mostrar as posibilidades do país e pedir as persoas, especialmente ás novas, que se unan ós dirixentes políticos na grande misión de construir... España, Galicia?
No noso país, ata hoxe non foi posible. Nin no emprego, nin nos servizos públicos nin na política territorial. A loita contra a corrupción podería ser un primeiro chanzo.
Abandoando a visión tradicional, que ven de San Agustín, que explica a febleza dos homes como algo persoal e aplicando a reflexión de Maquiavelo sobre a corruptibilidade intrínseca do poder. Idea asumida nas democracias modernas dende a Constitución norteamericana, mediante a política de checks and balances, control e contrapesos do goberno para impedir desviacións de poder.
Contrapeso quere decir:
- Funcionarios totalmente profesionais, abandoando a política clientelar das Administracións galegas.
- Organismos reguladores totalmente independentes, como o Consello de Contas ou a CRTVG.
Control quere decir:
- Parlamento eficaz, comparecencia obrigada do goberno
- Coñecemento público dos antecedentes das decisións gubernamentais e administrativas
- Mellora da Transparencia no funcionamento das institucións e na adxudicación de recursos públicos, obras e subvencións, concesións e contratos.
A virtude pública que alcanzar a mesma forza que outros valores que hoxe aceptamos como indiscutibles, onde a transgresión, ademáis da sanción legal, supon o alcume social, a tacha indeleble.
Así ten acontecido na erradicación da violencia sobre os menores ou sobre as mulleres, conductas apenas sancionables ata hai poucos anos e que hoxe merecen repulsa social ademáis de represión punitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario