Maquiavelo
deixou escrito que as persoas en situación de poder sempre actuarán
segun a mezquindade do seu
espíritu, no suposto de que teñan marxe dabondo para facelo.
Esa
sentenza clásica admite duas interpretacións. Unha, que os
gobernantes son inevitablemente corruptos. En sentido
político, que toman decisións atendendo a preocupacións de
facción, partido ou particulares e non polo ben común. Ésta é unha
interpretación cínica, quizais a que teñen moitos cidadáns.
Pero Maquiavelo tamén permite outra interpretación: os gobernantes son
intrinsecamente corruptibles. Ainda que poidan tomar decisións
baseadas no ben común non debemos confiar en que o fagan si non
existen trabas e controis ó abuso do poder. Ésta é unha actitude
realista, que non cuestiona o que fan as persoas co poder, sinon o
que o poder fai sobre as persoas.
Nada esixe tanta vixianza como o
poder. Nas sociedades avanzadas esa función está cuberta en
parte polos medios de comunicación e noutra parte pola capacidade de control da oposición política. A descarada publicidade que a Xunta insire nestas datas, con lemas e sen contidos, non sirve ás
necesidades de coñecemento dos cidadáns sinon á influenza
indirecta sobre os medios.
Un
dos principios básicos da función de control é a transparencia,
a accesibilidade á información, nun senso amplo: acceso ás
decisións formais, pero tamén ós antecedentes, posturas das
partes, intereses.
En Galicia vimos observando unha regresión do Goberno Feijoo. Cando a
sociedade camiña na dirección de transparencia, cun notable
precedente na lei galega 4/2006 e recentemente na lei estatal
19/2013, o goberno galego vai na dirección contraria.
As
restriccións do goberno galego á información non son
gratuitas. A oposición ten presentado centenares de peticións que foron desatendidas. Só o grupo socialista presentou no último ano 334
solicitudes de documentación ó abeiro do artigo 9 do
regulamento, que ordena a entrega da mesma por parte do goberno. Fican sen resposta máis de 150,
o 45% do total.
Entre
elas numerosos informes aprobados ou vistos en Consellos da Xunta. Sobre asuntos tan publicitados e tan relevantes económicamente como
os contratos e intereses da empresa Pemex,
as liñas
de axuda do Igape, a empresa Pescanova ou sobre a auditoria de KPMG ás caixas de aforros. Igualmente negouse información sobre as empresas
que aparecen no sumario Gürtel
e que contrataron coa Xunta de Galicia, con presunto financiamento
irregular en favor do grupo popular. Como tamén denegaron información sobre as contratacions do Sergas, nos anos nos que estaba
dirixido polo señor Feijoo coas empresas do grupo de Marcial Dorado, unha escurachistoria
que mancha a imaxe do presidente.
Esas
omisions de información e outras moitas ofrecen unha
imaxe preocupante: o que o goberno quere ocultar, ou ben compromete a
sua honorabilidade, ou ben
os documentos desminten os
anuncios oficiais ou non teñen
contido.
Ainda
hai máis. O Grupo socialista, dende que goberna o sr. Feijoo demandou 90
comparecencias do presidente ou dos conselleiros. Nunca foron
atendidas, como si as comparecencias do goberno foran
graciosas e non debidas e os cidadans non tiveran
dereito a coñecer e debatir as liñas de acción do goberno. A Xunta
comparece so cando quere, para falar do que quere.
O Presidente Feijoo, como o sr. Rajoy, tentan reducir a democracia a
unha forma limitada de control. Xa sabemos do seu noxo cara o Parlamento, en Galicia como noutras comunidades, e do noxo cara os Concellos, en favor das Deputacións, onde non hai cidadáns nin
eleccións directas. Sabemos do temor a medios públicos de
comunicación medianamente independentes, como evidencian os dous
anos de retraso na reforma da Crtvg.
Dende
hai cinco meses a maioria popular ten bloqueada a comisión
de investigación sobre as caixas de aforros e tamén bloquea
a comisión de estudo de medidas para a prevención
da corrupción.
Actúan así por interese electoral, por cálculo cortoplacista,
antepoñendo os intereses de partido ós intereses do Estado e da sociedade. É a mesma razón pola que Rajoy, que presuntamente tolerou sobresoldos irregulares, ignora os
problemas da sociedade catalana optando por unha confrontación
crecente que polariza a sociedade e produce crispación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario