Os gobernos definense polas suas actuacións. Facta, non verba, pedían os clásicos.Logo de catro anos os feitos son evidentes, amosando que Feijoo non está actuando contra a crise. Vexamos o comportamento de dous instrumentos básicos: o orzamento e a contratación pública.
No ano 2012, a Xunta deixou sen executar perto de mil millóns de euros (967m€), de un total de 10357 m€ dispoñibles. Non por aforros no capítulo de persoal, executado nun 99´5%, nin no caítulo de gastos da Administración, executado nun 98%. Os gastos non executados corresponden a transferencias, 143m€, coas que se financian programas sociais, 146 m€ de investimentos e 536m€ de transferencias de capital. Os organismos que menos executan son precisamente os que teñen a misión de investir: Economía e Industria, 50%, Medio ambiente, 76% e Medio Rural, 65% nos gastos de capital.
Analisando os programas de gasto, atopamos que non se executa un tercio do gasto en I+D, dous terzos das axudas ás empresas (IGAPE), a metade en comercio, un tercio en emprego e o 30% en turismo. Sendo os traballadores públicos, os mesmos que hai un lustro, cando o grao de execución era o máis elevado, e tendo cambiado só os directivos, compre deducir a ineficiencia deles. Pero cifras tan importantes non poden ter como causa a desidia ou impericia dos altos cargos, que existe.É evidente que, ademáis, existe unha instrucción de non actuar.
Ademáis, cando os organismos investidores non actúan, outros organismos realizan un gasto non productivo notable. AMTEGA e CIXTEC, dous organismos autónomos, gastaron 35 m€ no ano 2012 e 26 no que vai de ano, en equipamentos e programas para a propia Administración, sen producir mellora nos servizos públicos ou nos sectores productivos. Mentras a patronal denuncia que no ano 2012 a Xunta só licitou 85 m€ en obra pública (repito, sobre 10357 m€ dispoñibles).
Canto á contratación pública, a Xunta está vetando ás empresas galegas nos principais concursos. Así o SERGAS redactou pregos de condicións que deron a unha empresa de Madrid a totalidade do suministro de vestiario e lencería. En Ferrol un prego á medida de grandes empresas, por importe de 18m€ deixou fora de novo ás empresas locais, neste caso no Hospital. En Ourense estase licitando outro concurso, de 150 millóns de euros, á medida de empresas de fora, ás que ademáis se lles pide unha contribución de 14 millóns de euros ás obras do Hospital. O Hospital de Vigo está paralisado,, como o concurso eólico.
En relación con este último, as grandes empresas concesionarias de parques eólicos ou explotadoras dos recursos enerxéticos, como Gas Natural Fenosa e Acciona, están pechando os seus centros de servizos e asistencia en Galicia. Isolux-Corsan, pechou Emesa e agora T-Solar, sendo un dos principais contratistas de obra pública. A Xunta non está esixindo retornos industriais e de emprego para esos concesionarios dos recursos endóxenos.
Logo si Feijoo non actua co orzamento, nin coa contratación, nin coas concesións administrativas para loitar contra a crise, qué fai? Desperdiciar mil millóns de euros anuais e abrir debate para rebaixar nun millón o custo do Parlamento?
Non é serio. Como non é serio que logo dun ano non haxa noticia algunha do tax-lease, nin dos contratos con PEMEX, nin do dique flotante. Nin que estén pechando empresas industriais (Gamesa, Alstom, etc) polo fracaso dos plans da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario